Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A19 |
(CE-E5) Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes. |
A24 |
(CE-E10) Coñecer estratexias e procedimentos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo. |
A28 |
(CE-E14) Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación. |
A33 |
(CE-P2) Acreditar un bo uso da expresión oral e escrita na práctica docente. |
A35 |
(CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cós que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
O alumnado debe ser capaz de deseñar as fases do proceso de investigación educativa desde a formulación do problema ata a planificación do análise de datos ou da información. |
AP19 AP28 AP33
|
|
CP1 CP5 CP7 CP8
|
O alumnado debe ser capaz de desenvolver as accións implicadas nas fases de investigación educativa (recollida de datos, análise, obtención e discusión de resultados e conclusións). |
AP19 AP28 AP33 AP35
|
|
CP1 CP3 CP4 CP6
|
O alumnado deberá ser capaz de presentar un informe de investigación por escrito e, se é o caso, de forma oral e colaborativa |
AP19 AP24 AP28 AP33
|
|
CP1 CP3 CP4 CP6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. A Investigación evaluativa: O problema de investigación. |
1.1. Plantexamento do problema.
1.2. As hipóteses de traballo e os obxectivos |
Tema 2. Metodoloxías e técnicas de investigación educativa. |
2.1. A metodoloxía cuantitativa
2.2. A metodoloxía cualitativa
2.3. Técnicas de recollida de información |
Tema 3. Deseños de proxectos de investigación educatica. |
3.1. Elaboración dun proxecto de investigación |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A19 A28 C6 C8 |
4 |
0 |
4 |
Aprendizaxe colaborativa |
A19 A24 A28 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C8 |
6 |
18 |
24 |
Investigación (Proxecto de investigación) |
A19 A24 A28 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C7 C8 |
3 |
14 |
17 |
Presentación oral |
A28 A33 A35 C1 C3 C5 |
1 |
2 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe dos contidos da materia. |
Aprendizaxe colaborativa |
Baséase na organización da clase en grupos de 5-6 persoas para deseñar un proxecto de investigación educativa a partir dunha temática proposta polo grupo. El alumnado, polo tanto, traballará conxuntamente na resolución de tarefas encomendadas e supervisadas polo profesorado para optimizar a súa aprendizaxe |
Investigación (Proxecto de investigación) |
Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades que requiran desenvolver os procesos relevantes como a recollida e análise de datos, a obtención e discusión dos resultados e a extracción de conclusións. |
Presentación oral |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal da investigación realizada |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe colaborativa |
Investigación (Proxecto de investigación) |
|
Descrición |
A docente estará dispoñible, tanto na aula como nas titorías, para aclarar calquera tipo de dúbida. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A28 A33 A35 C1 C3 C5 |
Se presentará, de forma oral e cos recursos adecuados, a investigación ante a profesora e demais compañeiros/as de aula. Nesta, poderanse facer preguntas sobre a información presentada. A cualificación será a mesma para todo o grupo |
15 |
Aprendizaxe colaborativa |
A19 A24 A28 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C8 |
Ao longo das sesións iranse desenvolvendo de forma teórica e práctica os diferentes apartados dun proxecto de investigación educativa centrado nunha temática seleccionada polo grupo de traballo. Isto se materializará nun informe escrito denominado “Proxecto de investigación”. A cualificación será a mesma para todo o grupo. |
60 |
Investigación (Proxecto de investigación) |
A19 A24 A28 A33 A35 C1 C3 C4 C6 C7 C8 |
O proxecto de investigación se desenvolverá nas fases que requiren un traballo de campo, como recollida e análise de datos, obtención e discusión de resultados e extracción de conclusións. Isto se presentará nun informe escrito co título de investigación e que completa o Proxecto da investigación. A cualificación será a mesma para todo o grupo. A cualificación será a mesma para todo o grupo. |
25 |
|
Observacións avaliación |
Atendendo as Normas de Avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario a
materia aposta pola avaliación continua e as metodoloxías activas de aprendizaxe.
Para superar a materia o alumnado deberá acadar un 5 na cualificación global da
mesma. Polo tanto, o día marcado no calendario oficial non se
realizará ningún exame, xa que a avaliación continua terá rematado ao finalizar
a docencia da materia. O alumnado que durante o curso perda a condición de
asistente (80% da presencialidade nas sesións) terá que realizar as actividades
restantes de forma individualizada. Para o alumnado que por motivos xustificados non poda
asistir, se manterá o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá estar
pendente das actividades e das datas de entrega das mesmas. É obrigatorio que o alumnado
baixo esta modalidade (non asistente) o comunique nas dúas primeiras sesións do
cuadrimestre mediante unha titoría coas docentes. A convocatoria de Xullo estará destinada ao alumnado
que ben no superase a materia ou ben que non se presentase.
- No
primeiro caso (alumnado que non superou a materia na convocatoria de
xuño), realizará novamente as actividades de avaliación continua que non
aprobou.
- No segundo caso (alumnado non
presentado) realizará as actividades de avaliación continua.
Nos dous casos é preciso entregar as actividades con
data límite dúas semanas antes da data oficial do exame de xullo de 2023, na
que terá lugar, si é o caso, a presentación oral da investigación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Carvajal Sánchez, J. (Coord.) (2012). Iniciación a la investigación. INICIEN
McMillan, J.H. e Schumacher, S. (2010). Investigación educativa (5ª. ed.). Pearson
Arana, F. (2014). Método experimental para participantes. Fondo de Cultura Económica
Bisquerra Alzina, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. La Muralla.
Fernández, C., Hernández, R. e Baptista, P. (2006). Metodología en la investigación . McGraw-Hill
Sánchez Huete, J.C. (2013). Métodos de investigación educativa. Punto Rojo Libros, S.L. |
|
Bibliografía complementaria
|
Kumar, R. (2014). Research methodology: A step-by-step guide for beginners. APH Publishing Corporation
Kothary, C.R. (2006). Research methodology: Methods and techniques. New Age International Publisher
Bryman, A. (2016). Social research methods. Oxford University Press |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recoméndase o envío dos traballos por
vía telemática, e de non ser posible, non utilizar plásticos, elixir a
impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos
sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sostenibiliade nos comportamentos persoais e
profesionais |
|