Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) As tecnoloxías da información e comunicación nas artes plásticas e visuais Código 652611B12
Titulación
8 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Artes Plásticas e Visuais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Macho Eiras, Javier
Correo electrónico
javier.macho@udc.es
Profesorado
Macho Eiras, Javier
Correo electrónico
javier.macho@udc.es
Web http://http://arte-facto.org/
Descrición xeral Neste módulo preséntase unha visión xeral do que supón o emprego das Tecnoloxías da Información e Comunicación na práctica educativa, achegándose ó seu uso e mellor aproveitamento na aula así como ás implicacións identitarias vinculadas ó alumnado, traballando dende a óptica das ensinanzas en artes plásticas e visuais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 (CE-G2)Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe.
A4 (CE-G4)Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes
A5 (CE-G5)Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas
A6 (CE-G6) Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país
A8 (CE-G8)Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá
A9 (CE-G9)Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia
A11 (CE-G11)Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Xestionar fontes de información baseadas en novos medios tecnolóxicos. Crear, edita e compartir material de apoio educativo mediante novas tecnoloxías. AP4
CM3
Coñecer as novas tecnoloxías da información e as comunicacións e o seu uso diario no ensino das artes plásticas e visuais. AP2
Desenvolver actividades de aula co uso de novas tecnoloxías, controlando procesos e obtendo resultados verificables. AP5
AP6
AP8
CM3
Coñecer contextos e situacións en que se utilizan ou aplican os diversos contidos curriculares. AP4
CM3
Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe. AP9
CM3
Coñecer e aplicar propostas didácticas innovadoras no campo da especialización. AP11
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver os problemas que deben enfrontar. AP5
CM6
Valorar a importancia da investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Tecnoloxías da Información e da Comunicación na práctica educativa.
2. Sensibilidade, estética e prácticas actuáis na didáctica das artes visuais na contemporaneidade.
3. Estratexias de ensinanza-aprendizaxe para o desenvolvemento de procesos artísticos vinculas ás TICS no contexto da Educación Secundaria.
4. Recursos, ferramentas e o espazo aberto na rede.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A5 A6 C3 2 6 8
Aprendizaxe colaborativa A4 A5 A8 A9 C6 C8 8 10 18
Obradoiro A2 A5 C3 C6 C8 7 22 29
Discusión dirixida A11 1 1 2
Presentación oral A2 A5 A8 C8 3 3 6
 
Atención personalizada 12 0 12
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Análise de plataformas de comunicación que comparten recursos e materiais.
Aprendizaxe colaborativa Elaboración de entornos de comunicación e colaboración
Obradoiro Elaboración de estratexias de comunicación. Adecuación aos destinos establecidos.
Discusión dirixida Tratar os temas en colaboración e discusión común.
Presentación oral Defensa e debate sobre o traballo desenvolvido.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Estudo de casos
Descrición
Trato directo con cada alumno sobre as propostas particulares. Busca da dirección correcta.
Traballo colaborativo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A4 A5 A8 A9 C6 C8 Capacidade de traballar en conxunto obtendo resultados axeitados aos fines propostos. 30
Obradoiro A2 A5 C3 C6 C8 Investigación, experimentación e desenvolvemento de ferramentas propias.
50
Estudo de casos A5 A6 C3 Valoración da análise dos contios alleos. 20
 
Observacións avaliación

A asistencia a clase resulta necesaria, dado que os procesos viviranse na propia aula e esixirase a participación activa e crítica do alumnado dentro da mesma.

Na avaliación terase moi en conta o grado de implicación do alumnado, de experimentación, de autoexisencia, de satisfacción persoal así como a capacidade de síntese e reflexiva do estudante ao longo da asignatura; así como o grado de innovación e implicación no desenvolvemento do proxecto proposto. 

Desta forma, teranse en conta os seguintes ítems:

·        Participación na asignatura.

·        Investigación e evolución. 

·        Búsqueda, adaptación, transformación e creación das ferramentas. 

·        Adecuación á etapa educativa correspondente e do proceso metodolóxico.

·        Creatividade como resolución de problemas.