Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar. |
A4 |
Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas. |
A5 |
Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico. |
A6 |
Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B11 |
Capacidade de busca e manexo de información. |
B24 |
Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer, comprender e valorar o coñecemento científico aportado desde a psicoloxía da educación ao estudo dos procesos de cambio comportamental que se producen nos seres humanos como resultado da súa participación en situacións educativas.
|
A1 A4
|
|
|
Coñecer, comprender e reflexionar sobre as principais teorías, concepcións e tipos de aprendizaxe e as súas implicacións educativas e valorar a importancia de facer unha aprendizaxe constructiva, significativa e interactiva. |
A1
|
B1
|
|
Coñecer, comprender, identificar e reflexionar sobre algunhas das variábeis máis relevantes propias das situacións educativas escolares de natureza intrapersoal ou propias do alumnado, tanto do ámbito cognitivo como afectivo e a súa incidencia na aprendizaxe escolar. |
A1 A5 A6
|
B1
|
|
Coñecer, comprender, identificar e reflexionar sobre algunhas das variábeis máis relevantes propias das situacións educativas escolares de natureza relacional ou contextual e a súa incidencia na aprendizaxe escolar. |
A1 A5 A6
|
B1
|
|
Planificar e realizar tarefas de forma crítica e creativa, como froito dun pensamento diverxente.
|
|
B1 B5 B24
|
C6 C7
|
Manexar ferramentas informáticas e utilizar distintos recursos da rede para a procura de información.
|
|
B1 B5 B11
|
C6
|
Elaborar informes de forma sistemática e planificada a partir de datos obtidos da aplicación de cuestionarios u observación.
|
A1
|
B1 B5
|
C6 C7
|
Entender o caracter interactivo do proceso de ensino/aprendizaxe nas situacións educativas, e en consecuencia valorar a asistencia á clase como o contexto en que se materializará o mesmo.
|
A1
|
B1
|
C6 C7
|
Valorar a participación, o diálogo e o debate, cunha actitude de respecto, tanto cara ás quendas como ás ideas, como formas de implicación activa e compromiso coa aprendizaxe.
|
A5
|
B5 B24
|
C7
|
Sensibilizarse, comprometerse activamente, responsabilizarse e avaliar o propio proceso de aprendizaxe, desenvolvendo hábitos de traballo, esforzo, responsabilidade e actitudes de curiosidade, rigor científico e interese pola aprendizaxe e o traballo ben feito.
|
A6
|
B1
|
C7
|
Desenvolver técnicas e actitudes favorábeis á cooperación, coparticipación, compromiso e intercambio con outras compañeiras e compañeiros e desenvolver formas de conversación e pensamento exploratorias que favorezan a comprensión e construción do coñecemento.
|
A6
|
B1 B5 B24
|
C6 C7
|
Recoñecer e valorar as diferenzas individuais rexeitando a discriminación baseada en diferenzas de sexo, clase social, crenzas, raza e outras características individuais e sociais. Aceptar e valorar a diversidad
|
|
B24
|
|
Desenvolver actitudes favorábeis cara o desenvolvemento sostíbel. |
|
|
C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1: O PROCESO DE ENSINO/APRENDIZAXE DESDE A PSICOLOXÍA DA EDUCACIÓN
|
1. A aprendizaxe como obxecto de estudo da Psicoloxía Educativa.
2. A sistematización dos procesos de ensino/aprendizaxe escolar
|
TEMA 2: A APRENDIZAXE ESCOLAR NA PSICOLOXÍA DA EDUCACIÓN |
1. Introdución
2. Principais enfoques psicolóxicos da aprendizaxe
3. Categorías/tipos de aprendizaxe escolar
4. Os procesos de aprendizaxe
|
TEMA 3: AS ESTRATEXIAS DE APRENDIZAXE |
1.- Introducción
2. Estratexias cognitivas
3. Estratexias de autorreregulación
4. Estratexias de xestión de recursos |
TEMA 4: MOTIVACIÓN PARA A APRENDIZAXE |
1. Introdución
2. Que é a motivación escolar e de que depende?
3. O compoñente de valor da motivación: as metas académicas
4. O compoñente motivacional de expectativa
5.-O compoñente afectivo-emocional da motivación
|
TEMA 5: COMPETENCIAS SOCIO-EMOCIONAIS |
1. Introdución
2. As emocións na aula
3. Intelixencia e competencia emocional
|
TEMA 6: FACTORES INTERPERSOAIS E CONTEXTUAIS QUE AFECTAN Á APRENDIZAXE ESCOLAR
|
1. Introdución
2. A interacción profesorado-alumnado
3. Interacción entre o alumnado
4. A implicación parental na aprendizaxe escolar
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A4 B24 |
15 |
0 |
15 |
Portafolios do alumno |
A1 A4 A5 A6 B1 B5 B11 C4 C6 C7 |
22 |
98 |
120 |
Proba de resposta múltiple |
A1 B1 B11 |
5 |
0 |
5 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais (presencial ou virtualmente) e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de introducir e presentar os coñecementos de cada tema e facilitar a súa aprendizaxe. |
Portafolios do alumno |
É unha carpeta ou arquivador que os grupos de traballo colaborativo do alumnado deberán entregar para a súa avaliación. Incluirá as tarefas desenvolvidas polo grupo nas horas de traballo interactivo e traballo non presencial (actividades e/ou prácticas da materia). |
Proba de resposta múltiple |
Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
A atención personalizada realizarase de forma presencial tanto no escenario da aula como en titorías (virtuais ou presenciais). Consistirá en guiar e tutelar o proceso da aprendizaxe dos grupos de traballo nas distintas actividades de tipo teórico práctico. Todo isto farase coa finalidade de facilitar que o alumnado comprenda significativamente a información, a integre na súa estrutura de coñecementos e se implique activamente. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A1 A4 A5 A6 B1 B5 B11 C4 C6 C7 |
Carpeta de actividades e/ou prácticas da materia que o alumnado deberá entregar para a súa avaliación. |
40 |
Proba de resposta múltiple |
A1 B1 B11 |
Proba obxectiva con varias opcións ou alternativas de resposta e só unha delas é válida. |
60 |
|
Observacións avaliación |
1ª CONVOCATORIA. 1ª
OPORTUNIDADE Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas
modalidades de seguir a materia de “Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos” que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A:
Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final
• Modalidade A.
Avaliación Continua.
Avaliación Continua. Nesta modalidad levarase a cabo unha avaliación de tipo procesual consistente na realización dunha serie de actividades y/ou prácticas realizadas en grupo co seguimento periódico de las mismas. Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das horas presenciais, é dicir, só se poderá faltar un máximo de 4 módulos no cuadrimestre (no caso contrario deberase optar pola modalidad B), sendo imprescindíbel ademais a participación activa e continuada por parte del alumnado no grupo de traballo na aula (no caso contrario contabilizarase como unha ausencia). Esta avaliación levarase a cabo a partir da: a/ Da presentación por escrito do portafolio grupal, que suporán un máximo dun 40% da cualificación b/ Da proba mixta individual sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Isto representa como máximo un 60% da cualificación A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo . No caso de non
superar algunha das partes obrigatorias, a nota final será a nota da parte non
superada. •
Modalidade B . Avaliación Final. Para aquel
alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais, alumnado doutras convocatorias/repetidor ou con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia, a avaliación virá determinada por: a/ a presentación por escrito do portafolio individual, que suporán un máximo dun 40% da cualificación b/ a proba mixta individual sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Isto representa como máximo un 60% da cualificación 1ª CONVOCATORIA. 2ª OPORTUNIDADE - Na Modalidade A e B. . Terase que repetir a parte obxecto de avaliación en que non se acadou o 50% do
seu peso na cualificación
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Valle, A.; Rodríguez, S.; González, R.; Núñez, J.C. ; González-Pienda, J.A. (2007). El estudiante eficaz. Aprendizaje y enseñanza de habilidades de estudio. CCS
Rodríguez, S., Valle, A y Núñez, J.C. (2014). Enseñar a aprender. Estrategias, actividades y recursos instruccionales. Pirámide
González-Pienda, J.A., Núñez, J.C., Álvarez, L. Soler, E. (2002). Estrategias de Aprendizaje. Concepto, evaluación e intervención . Pirámide
González, R., González-Pienda, J.A., Rodríguez, S., Núñez, J.C., y Valle, A. (2004). Estrategias Y Técnicas De Estudio. Pearson
González, R.; Valle, A.; Rodríguez, S.; Piñeiro, I.; García, M. (2007). Los recursos motivacionales. Programa para mejorar su gestión. CEPE
González-Pienda, J.A., González, R.G., Núñez, J.C. y Valle, A. (2010). Manual de Psicología de la Educación . Pirámide
Valle, A.; Rodríguez, S. y Regueiro, B (2015). Motivación y aprendizaje escolar. Aprendiendo a gestionar la motivación y las emociones. CCS
Rodríguez, S.; Valle, A.; González, R.; Núñez, J.C. (2010). Motivar enseñando. La integración de estrategias motivadoras en el currículo escolar. CCS
Pintrich, P.R. y Schunk, D.H. (2002). Motivation in Education. Theory, Research and Applications . Prentice Hall
Bruning, R.H., Schraw, G.J. y Norby, M.M. (2012). Psicología cognitiva y de la instrucción (5ª Edición). Pearson |
ARTOLA, t. (2013): Psicología de la educación. Zaragoza: Stylo Digital BASSEDAS, E., HUGUET, T. e SOLÉ, I. (2006). Aprender y enseñar en educación infantil. Barcelona:Graó BELTRAN, J. e outros/as (1992). Psicología de la educación. Madrid: EUDEMA BELTRAN, J. e BUENO, J.A. (Eds.) (1995). Psicología de la educación. Barcelona: Marcombo. BUENO, J.A. e CASTANEDO, C. (Coords.) (2001). Psicología de la educación aplicada (2ª ed.). Madrid: CCS COLL, C., PALACIOS, J. e MARCHESI, A. (Comps.) (1990). Desarrollo psicológico y educación, II. Psicología de la educación. Madrid: Alianza Psicológica COLL, C., PALACIOS, J. e MARCHESI, A. (Comps.) (2007): Desarrollo psicológico y educación. II. Psicología de la educación escolar. Madrid: Alianza. FERNÁNDEZ, E., JUSTICIA, F. e PICHARDO, M.C. (2007). Enciclopedia de psicología evolutiva y de la educación. Málaga: Aljibe GÓMEZ, A. (2010). Unha viaxe pola infancia. Vigo: Ir Indo GONZÁLEZ PÉREZ, J. e CRIADO, M.J. (2004). Psicología de la educación para una enseñanza práctica. Madrid:CCS GONZÁLEZ PIENDA, J.A. e outros (Coords.) (2002). Manual de psicología de la educación. Madrid: Pirámide. GOOD, T.H.L. e BROPHY, J. (1996). Psicología educativa contemporánea (5ª ed.). Madrid: McGraw Hill . HENSON, K.T. e ELLER, B.F. (2000). Psicología educativa para la enseñanza eficaz. México: International Thompson Editores. MARCHESI, A. (2004). Que será de nosotros, los malos alumnos. Madrid: Alianza Ensayo MARTÍN SÁNCHEZ, M.V. (2009). Psicología de la educación y del desarrollo en educación infantil. Málaga: Ediped MAYER, R.E. (2004). Psicología de la educación. Madrid : Pearson Educación MIRAS MARTÍNEZ, F. (2001). Psicología de la educación y del desarrollo en la edad escolar. Granada: Grupo Editorial Universitario NAVARRO, J.I. e MARTÍN, C. (Coords.) (2010). Psicología de la educación para docentes. Madrid: Pirámide PELLÓN, R. et al. (2014): Psicología del aprendizaje. Madrid: UNED PONTECORVO, Cl. (Coord.) (2003). Manual de psicología de la educación. Madrid: Editorial Popular PRADOS GALLARDO, M. (2014). Manual de psicología de la educación: para docentes de educación infantil y primaria. Madrid: Pirámide RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, S. (Coord.) (2015): Psicología de la Educación. Grado en Educación Infantil y Primaria. Madrid: Pirámide SAMPASCUAL, G (2001). Psicología de la educación. Madrid: UNED. SAMPASCUAL, G (2002). Psicología del desarrollo y de la educaicón. Vol. II: Psicología de la educación. Madrid: UNED. SANTROCK, J.W. (2001). Psicología de la educación. México: McGraw Hill. SANTROCK, J.W. (2006). Psicología de la educación (2ª ed.). México: McGraw Hill SPRINTHALL, N.A., SPRINTHALL, R.C. e OJA, S.N. (1996). Psicología de la educación (6ª Ed.). Madrid: McGraw Hill TRIANES, M.V. (Coord.); ABASCAL, J.[et al.] (1992). Psicología de la Educación para profesores. Málaga: Secretariado de Publicaciones TRIANES, M.V. (Coord.) (1996). Psicología de la educación para profesores. Madrid: Pirámide (Biblioteca Eudema) TRIANES, M.V. e GALLARDO, J.A. (Coords) (1998). Psicología de la educación y del desarrollo. Madrid: Pirámide. TRIANES, M.V. e GALLARDO, J.A. (Coords) (2004). Psicología de la educación y del desarrollo en contextos escolares. Madrid: Pirámide. TRIANES, M.V. e LUQUE, D. (2013): Manual de psicología de la educación para psicólogos. Málaga: Luque Parra WOOLFOLK, A. (1999). Psicología educativa (7ª ed.). México: Prentice Hall |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
O portafolio entregarase vía telemática (a través da plataforma virtual Moodle) para contribuír a un desenvolvemento sostíbel, evitando o esgotamento de recursos naturais |
|