Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences
|
A1 |
Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. |
A2 |
Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións. |
A3 |
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa. |
A4 |
Distinguir os estadios evolutivos das persoas, e interpretar as súas implicacións educativas. |
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A8 |
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos. |
A10 |
Analizar, difundir, orientar e desenvolver procesos de promoción cultural. |
A11 |
Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa. |
A13 |
Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención. |
A20 |
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B3 |
Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. |
B4 |
Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences |
Comprender os supostos e fundamentos históricos e sociolóxicos da acción social valorando as súas implicaciones. Estudar ao individuo como produto da realidade social e como actor nela. |
A2 A4 A5 A8 A10 A11 A13 A20
|
B1 B5
|
C4 C6 C8
|
Identificar e analizar os distintos contextos, institucións e actores sociais que afectan aos procesos de intervención socioeducativa |
A1 A3 A5 A8 A11 A20
|
B3 B5 B6
|
C4
|
Entender os paradigmas sociolóxicos como mapas de comprensión da realidade social. |
A2 A8
|
B1
|
|
Comprender e analizar o concepto de cultura, a súa complexidade e a súa pluralidade e ver a súa concreción no proceso de socialización. |
A4 A8 A10 A11 A20
|
B1 B5 B6
|
C1 C4
|
Observar, analizar, interpretar, facilitar e favorecer a diversidade humana de todo tipo, incidindo en cuestións como a diversidade cultural, a diversidade funcional ou o xénero. |
A11 A20
|
B1 B4 B5
|
C4
|
Observar e analizar os distintos factores e procesos de creación de vulnerabilidade, de exclusión, de desigualdade e de discriminación social que dificultan a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos. |
A1 A4 A5 A8 A20
|
B1 B4
|
C4
|
Xestión e procura de solucións a problemas que se atopen na investigación social. |
A13 A20
|
B1
|
C4 C6 C7
|
Desenvolvemento de habilidades interpersonales, en especial, a capacidade de traballar en equipo, que fomentará a coordinación e diálogo entre compañeiros. |
A13
|
B5 B6
|
C1 C4
|
Desenvolvemento de habilidades lingüísticas, a comunicación e a expresión oral. |
A13 A20
|
B6
|
C1 C7
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
TEMA 1.- PENSANDO SOCIOLÓXICAMENTE |
1.1.- O carácter científico da socioloxía e o seu obxecto de estudo
1.2.- O xurdimento da socioloxía como ciencia
1.3.- As orixes da teoría sociolóxica: Comte e Saint-Simon
|
TEMA 2.- PARADIGMAS TEÓRICOS E CONTEMPORÁNEOS DA SOCIOLOXÍA E A SÚA OPERATIVIDADE NA SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN |
2.1.- O paradigma funcionalista representado por Émile Durkheim
2.2.- A teoría do conflito e o pensamento de Karl Marx
2.3.- A acción social e a educación en Max Weber
2.4.- Reproducción y cambio sociales |
TEMA 3.- FERRAMENTAS METODOLÓXICAS NO ESTUDO DA SOCIOLOXÍA. O COÑECEMENTO DO MEDIO SOCIAL |
3.1.- As etapas da investigación social e a metodoloxía cuantitativa e cualitativa nas Ciencias Sociais
3.2.- As fontes secundarias de información estatística e a enquisa.
3.3.- A observación participante
3.4.- A entrevista en profundidade
3.5.- O grupo de discusión
|
TEMA 4.- CULTURA E SOCIALIZACIÓN |
4.1.- Cultura, sociedade e personalidade
4.2.- O proceso de socialización
4.3.- Os axentes de socialización
4.4.- A educación e o sistema educativo formal |
TEMA 5.- DESIGUALDADE, ESTRATIFICACIÓN E REPRODUCIÓN SOCIAL |
5.1.- O concepto de estrutura e estratificación social
5.2.- Tipos de sociedades. Sistemas de estratificación social
5.3.- Desigualdade social, pobreza e exclusión
5.4.- O xénero como variábel de desigualdade. A construción social do sexo
|
TEMA 6.- A GLOBALIZACIÓN. INMIGRACIÓN E DIVERSIDADE CULTURAL |
6.1.- A globalización
6.2.- A inmigración e os modelos de integración social
6.3.- Diversidade cultural
6.4.- Eusocialidade |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies |
Ordinary class hours |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Guest lecture / keynote speech |
A1 A2 A3 A4 A5 A8 A13 A20 B5 B6 C1 C4 C7 C8 |
20 |
20 |
40 |
Workbook |
A2 A4 B1 B6 C1 C7 |
1 |
11 |
12 |
Supervised projects |
A1 A2 A3 A8 A10 A11 A13 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 C8 |
10 |
30 |
40 |
Directed discussion |
A1 A2 A3 A4 A5 A8 A10 A11 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 |
5 |
20 |
25 |
Document analysis |
A1 A2 A5 A10 A11 A13 A20 B1 B3 B5 B6 C1 C6 C8 |
5 |
20 |
25 |
Oral presentation |
B1 B6 C1 C7 |
1 |
6 |
7 |
|
Personalized attention |
|
1 |
0 |
1 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Guest lecture / keynote speech |
É o método tradicional da docencia no que tanto a iniciativa como o peso principal da actividade recaen sobre o profesor/a. A clase expositiva irá complementada con aulas interactivas con actividades e métodos que permitan un rol máis activo dos estudantes. Neste tipo de aulas intentarase promover a participación que nos permita un mínimo feed-back do nivel de comprensión e de asimilación en cada tema e desenvolver en cada sesión auténticos debates sobre temas actuais e concretos relacionados coas cuestións teóricas tratados. A participación do alumnado neste tipo de aulas é moi importante e moi valorado.
A parte expositiva é unha fonte máis de información, quizáis a principal para o alumnado, polo que debe ter a súa incidencia na formación e aprendizaxe. De aí tamén que compute na avaliación, a traveso do seguimento e interese por parte do alumnado. |
Workbook |
Haberá lecturas obrigatorias e que deberán integrarse nos traballos de carácter práctico. Polo cal tamén puntúan e contan na avaliación da materia.
Nalgúns temas do programa o profesor/a poderá proporcionar unha serie de lecturas complementarias e de apoio aos aspectos teóricos desenvolvidos nas sesións maxistrais.
Tamén, as lecturas tratan de evitar a copia automática de apuntamentos durante as clases maxistrais, motivando entre o alumnado a atención durante as explicacións.
Ademais, nalgunhas sesións prácticas poderánse empregar, a discreción do profesor/a, así como outras forntes de información (documentais, películas, etc.) para dinamizar debates e para saber interpretar resultados cuantitativos e cualitativos.
|
Supervised projects |
Hai dous tipos de traballos tutelados: as prácticas plantexadas en clase sobre o exposto (de forma individual ou grupal) e un traballo de maior extensión sobre unha cuestión sociolóxica (e a súa exposición oral). Este traballo é para relacionar os coñecementos teóricos adquiridos, os argumentos dos manuais e os textos de referencia, cos casos prácticos e co coñecemento das fontes de información relacionadas coa materia. Debe estar relacionado preferiblemente con algún tema visto na materia e enfocado desde unha perspectiva sociolóxica. Tamén debe presentarse nun formato científico, tanto no que se refire a forma e tamaño, como en canto á estrutura do texto, a presentación, referencias bibliográficas, etc.
As instrucións máis polo miúdo serán proporcionadas polo profesor/a durante o curso. |
Directed discussion |
Tralas sesións expositivas ou maxistrais, haberá debates sobre o exposto. Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.
Estos debates tamén son fonte de información.
Asemesmo, a participación e o interese nos mesmos terase en conta de cara a avaliación da materia. |
Document analysis |
Ademáis das lecturas obrigatorias e as recomendadas, para os traballos prácticos e final haberá que consultar outras fontes de información e documentais, para formar así a base máis científica dos mesmos. |
Oral presentation |
O traballo final sobre un tema sociolóxico será exposto en clase a final de curso. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Workbook |
Supervised projects |
Guest lecture / keynote speech |
Document analysis |
Oral presentation |
Directed discussion |
|
Description |
A atención personalizada desta asignatura desenvolverase de forma presencial e non presencial. Para a comprensión das lecturas e para a realización dos traballos tutelados contaredes coa presenza dos profesores/as na aula durante as sesións en grupos reducidos; ademáis, poderedes programar as tutorías presenciales que consideredes necesarias para preparar os traballos. Tamén se aconsella concertar as titorías a través do correo electrónico.
Aqueles alumnos/as que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto co profesor/a ao comezo do curso. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies |
Description
|
Qualification
|
Workbook |
A2 A4 B1 B6 C1 C7 |
As lecturas obrigatorias e recomendadas deberán ter reflexo nos contidos dos traballos |
15 |
Supervised projects |
A1 A2 A3 A8 A10 A11 A13 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 C8 |
Considérase traballos tutelados tanto as prácticas realizadas en clase como o traballo sobre un tema da materia que deberá ser analizado desde unha perspectiva sociolóxica.
En todos estes traballos valorarase:
-A comprensión e manexo dos conceptos, textos e a teoría sociolóxica.
-O uso de fontes e de ferramentas apropiadas para a investigación social.
-O pensamento crítico, reflexivo e relacional.
-A orixinalidade.
-A correcta expresión escrita.
-A capacidade de traballo en grupo (cando sexa o caso). |
40 |
Guest lecture / keynote speech |
A1 A2 A3 A4 A5 A8 A13 A20 B5 B6 C1 C4 C7 C8 |
Valorarase a asistencia, interese mostrado e a participación; así como a repercusión dos contidos expostos nos traballos a realizar ao longo do curso. |
20 |
Document analysis |
A1 A2 A5 A10 A11 A13 A20 B1 B3 B5 B6 C1 C6 C8 |
Nos traballos a realizar, terase en conta a consulta, uso, recurso e reflexo das fontes de información consultadas. |
10 |
Oral presentation |
B1 B6 C1 C7 |
Na presentación oral do traballo final valorarase:
-O dominio e comprensión do tema.
-A capacidade de síntese.
-A correcta expresión oral.
-A creatividade.
-A calidade do traballo |
5 |
Directed discussion |
A1 A2 A3 A4 A5 A8 A10 A11 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 |
Os debates sobre os temas da materia pretenden ser enriquecedores e iso depende en gran medida das contribucións por parte do alumnado, as cales son tidas en conta para a avaliación. |
10 |
|
Assessment comments |
Avaliación continua. A parte práctica que se realizará ao longo do cuatrimestre terá un contido variado e suporá o 70% da cualificación: o conxunto de prácticas e actividades de clase, o traballo final, a exposición, a asistencia e a participación. Ademáis, o aproveitamento das clases maxistrais, as lecturas e consultas de fontes documentais, que se vexan reflexadas nos debates e traballos, terán unha repercusión na nota final de ata un 30%. Desta forma valórase todo o traballo realizado ao longo do curso. Para aprobar a materia, haberá que facer y entregar un mínimo do 75% dos traballos prácticos, así como acreditar a metade das lecturas obrigatorias.
Avaliación non continua. O alumnado que se acolla ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto co profesor ao comezo do curso e terán que concretar as metodoloxías de avaliación.
Segunda oportunidade. A aqueles/as que suspendan na primeira convocatoria terán que presentarse a un exame nas datas oficiais marcadas pola UDC (en segunda oportunidade).
|
Sources of information |
Basic
|
RODRÍGUEZ IBÁÑEZ, J.E. (1989). La perspectiva sociológica: historia, teoría y método . Madrid: Taurus
ALGUACIL, J. (2011). Cómo se hace un trabajo de investigación en sociología. Madrid: Los Libros de la Catarata
DURKHEIM, E. (2000). Educación y sociología. Barcelona: Península
GARCÍA FERRANDO, M. ET AL. (2015). El análisis de la realidad social: métodos y tecnicas de investigación. Madrid: Alianza
REQUENA, M. ET AL. (2013). Estratificación social. Madrid: McGraw-Hill
KERBO, H. (2003). Estratificación social y desigualdad: el conflicto de clases en perspectiva histórica, comparada y global. Madrid: McGrawHill
WEBER, M. (2011). La ética protestante y el espíritu del capitalismo. Madrid: Alianza Editorial
MILLS, C. W. (2003). La imaginación sociológica. México: Fondo de Cultura Económica
LAMO DE ESPINOSA, E. (1990). La sociedad reflexiva: sujeto y objeto del conocimiento sociológico. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas
GONZÁLEZ-ANLEO, J. (1994). Para comprender la Sociología. Estella (Navarra): Verbo Divino
MACIONIS, J.J. Y K. PLUMMER (2011). Sociología. Madrid: Pearson
GIDDENS, A. (2014). Sociología. Madrid: Alianza Editorial
LIGHT, D.; KELLER, S.; CALHOUN, C. (1991). Sociología. Bogotá: McGraw-Hill
FERNÁNDEZ, F. (2003). Sociología de la Educación. Madrid: Pearson
FERNÁNDEZ PALOMARES, F. (Coord.) (2003). Sociología de la educación. Madrid: Prentice-Hall
PICÓ, J. Y SANCHÍS, E. (2003). Sociología y sociedad. Madrid: Tecnos
RODRÍGUEZ CAAMAÑO, M.J. (Coord.) (2001). Temas de sociología. Madrid: Huerga y Fierro
GINER, S. (2011). Teoría sociológica clásica. Barcelona: Ariel |
|
Complementary
|
SUBIRATS, M. y TOMÉ, A. (2007). Balones Fuera: reconstruir los espacios de la coeducación. Barcelona, Octaedro.
FEITO, G. (1995). Estructura Social Contemporánea. Las clases sociales en los países industrializados. Madrid, Siglo XXI.
GINER, S. (1988). Historia del pensamiento social. Barcelona, Ariel
FERNÁNDEZ, M. (1996). Inmigración y Etnicidad. Madrid, Centro de Investigación y Documentación Educativa.
ALONSO, L.E (1998). La mirada cualitativa en sociología. Fundamentos, Madrid.
GONZÁLEZ SEARA, L. (1976). La Sociología, aventura dialéctica. Madrid: Tecnos
VV.AA. (2008). Metodología de las Ciencias Sociales. Madrid, Editorial Tecnos
BAUMAN, Z. y MAY, T. (2007). Pensando sociológicamente. Buenos Aires, Nueva Visión.
GARCÍA FERRANDO, M. (coord.) (1999). Pensar nuestra sociedad. Fundamentos de Sociología. Valencia, Tirant lo Blanch, 4ª edición.
ALONSO, L.E. et al. (2004). Pierre Bourdieu, las herramientas del sociólogo. Madrid, Fundamentos
RITZER, G. (2001). Teoría sociológica clásica. Madrid, McGraw-Hill, 3ª edición.
RITZER, G (2002). Teoría sociológica moderna,. Madrid, McGraw-Hill, 5ª edición. |
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
Introduction to Contemporary Philosophy/652G03036 |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
Lifelong Learning/652G03008 |
|
Subjects that continue the syllabus |
History of Education/652G03011 |
|
Other comments |
Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado |
|