Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións. |
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A6 |
Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. |
A7 |
Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa. |
A9 |
Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario. |
A11 |
Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa. |
A12 |
Mediar en situacións de risco e conflito. |
A19 |
Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos. |
A20 |
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos. |
A21 |
Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. |
B4 |
Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os procedimentos básicos de intervención en contextos familiares convencionais, non convencionais e de risco |
A2 A6 A19
|
|
|
Capacidade de observar e escoitar de forma activa |
A2 A5 A6 A7 A9 A11 A12 A20 A21
|
B4 B5 B6
|
C4
|
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional, e de compromiso coa realidade máis próxima |
|
B5
|
C1
|
Resolver problemas de forma efectiva |
A2 A5 A6 A11 A12 A20 A21
|
B4 B5 B6
|
C4
|
Apreciar as distintas manifestacións da diversidade. |
A5 A6 A7 A9 A12 A20 A21
|
B4 B5 B6
|
C4
|
Identificar as dinámicas familiares en contextos convencionais, non convencionais e de risco |
A2 A6 A19
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Dinámicas familiares en contextos convencionais, non convencionais e de risco |
1. A familia como contexto de desenvolvemento humano
2. Formación e desenvolvemento dos vínculos afectivos
3. A socialización no contexto familiar
4. O desenvolvemento socioemocional nas familias adoptivas
5. O desenvolvemento nas familias homoparentais
6. Desenvolvemento socioemocional en contextos familiares de risco: os malostratos na familia |
2. Ferramentas de uso para a educación familiar |
1. Análise das concepcións familiares
2. A observación condutual
3. Ensino de habilidades parentais
4. Habilidades básicas de comunicación terapéutica |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A2 |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
A2 A5 A6 A11 A12 A19 B4 |
20 |
42 |
62 |
Portafolios do alumno |
A7 A9 A20 A21 B5 B6 C1 C4 |
20 |
20 |
40 |
Recensión bilbiográfica |
A5 A6 |
0 |
20 |
20 |
Proba mixta |
A2 A5 A6 A7 A9 A11 C1 |
1 |
24 |
25 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Presentación dos contidos teórico/prácticos e das competencias da materia |
Sesión maxistral |
Presentación dos contidos teóricos dos temas que conforman a guía docente |
Portafolios do alumno |
Recollida da información e elaboración dos contidos prácticos dos temas que conforman a guía docente |
Recensión bilbiográfica |
Lectura dun libro sobre escolas de pais e nais. A recensión engadiráse ó portafolio |
Proba mixta |
Preguntas tipo de probas de ensaio e/ou preguntas tipo de probas obxectivas |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
As actividades teórico/prácticas poderán supoñer a asistencia a sesions de atención personalizadas por parte do alumnado |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A7 A9 A20 A21 B5 B6 C1 C4 |
Ata 2,5 puntos sempre que se teña superado a proba mixta |
25 |
Proba mixta |
A2 A5 A6 A7 A9 A11 C1 |
Consistirá nun exame de pregunta curta e/ou tipo test sobre os contenidos traballados nas sesións teóricas |
75 |
|
Observacións avaliación |
Teranse en conta dúas opcións de avaliación en función da asistencia ou non ás clases interactivas Opción A. Alumnado que asiste ás clases interactivas (> 80% de asistencia)
Será necesario ter acreditada unha asistencia de polo menos o 80%. Elaborarase un portafolio no que se recollerán os principais contidos traballados nas sesións interactivas. Para a nota final teranse en conta os seguintes aspectos: - Clases interactivas (25%): Ata 2,5 puntos sempre que se supere a proba obxectiva(exame). - Exame (75%): É necesario superar unha proba de preguntas curtas e/ou tipo test ao finalizar o cuadrimestre. É imprescindible superar o exame para aprobar a materia. O exame corrixirase sobre 10 puntos e aplicaráselle o peso que ten no global da materia (75%). Para aprobar o exame haberá que ter un 5 sobre 10. Desta forma, alguén que saque un 5 sobre 10, a súa nota do exame será de 3,75.
A nota final será a suma das dúas notas. Así, á nota do exame (mínimo de 3,75) sumaráselle a nota das clases interactivas. A suma de ambas deberá ser como mínimo de 5 puntos para aprobar a materia.
Opción B: Alumnado que NON asiste ou ten unha asistencia ás clases interactivas < 80%)
- A nota final será a nota do exame. - O exame é o 75% da materia. Dado que hai que ter 5 puntos para aprobar a materia, será necesario obter unha nota de 6,7 (sobre 10) para aprobar a materia.
O alumnado que, tendo recoñecida a dispensa académica (solicitude previa na Administración do centro)- tal como se establece na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016)-, terá que asistir a unha titoría na que concretar a porcentaxe de asistencia mínima e as metodoloxías de avaliación. .
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Ávila de Encío, Carmen(2018).La relación de apego y sus posibilidades educativas.Madrid: Narcea Arranz, E. y Oliva, A. (2010), Desarrollo psicológico en las nuevas estructuras familiares. Madrid: Pirámide Carrobles, J. A.(2008). Escuela de padres : guía práctica para evitar problemas de conducta y mejorar el desarrollo infantil.Madrid: Pirámide Rodrigo, M.J. y Palacios, J. (1998). La familia como contexto de desarrollo humano. Madrid: Pirámide Rodrigo, M.J. (2015). Manual práctico de parentalidad positiva. Madrid:Síntesis |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Consultar a bibliografía básica e complementaria da materia na plataforma Moodle |
|