Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A6 |
Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. |
A7 |
Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa. |
A8 |
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos |
A11 |
Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa. |
A13 |
Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención. |
A14 |
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. |
A21 |
Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B2 |
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
B4 |
Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer á terminoloxía; as diversas fases do plantexamento da investigación e as diversas metodoloxías tanto do ámbito cuantitativo como cualitativo da intervención socioeducativa |
A5 A6 A7 A8 A11 A13 A14 A21
|
B4
|
C2
|
Analizar a información recollida nos procesos da intervención socioeducativa, empregando as técnicas de análise adecuadas |
A6 A7 A8 A11 A13 A21
|
B1 B2 B5 B6
|
C1 C2 C3 C6 C8
|
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse dende diversas perspectivas e unha de elas a perspectiva de xénero |
A5 A6 A7 A8 A11 A21
|
B1 B2 B5 B6
|
C1 C3 C4 C6 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
BLOQUE I.- FUNDAMENTOS DA INVESTIGACIÓN EN EDUCACIÓN |
TEMA 1. - A INVESTIGACIÓN EDUCATIVA.
1.1. Definición e características da investigación científica.
1.2 Definición e características da investigación educativa.
1.3. Tipos de Investigación.
TEMA 2. - OS PARADIGMAS DE INVESTIGACIÓN.
2.1. Cuestións básicas.
2.2. Características dos paradigmas.
2.3. Posicións ante a diversidade paradigmática. |
BLOQUE II.- A INVESTIGACIÓN NO ÁMBITO EDUCATIVO E SOCIAL |
TEMA 3. - O PROCESO XERAL DE INVESTIGACIÓN.
3.1. Formulación do problema.
3.2. Revisión da literatura.
3.3. Hipótese e variables.
3.4. Deseños de investigación.
3.5. Poboación e mostra.
3.6. Técnicas de recollida de datos.
3.7. Informe da investigación.
3.8. Diferenzas do proceso de investigación dende a perspectiva cuantitativa e/ou cualitativa. |
BLOQUE III.- METODOLOXÍA CUANTITATIVA E CUALITATIVA NA INVESTIGACIÓN EDUCATIVA |
TEMA 4. - A INVESTIGACIÓN DENDE UNHA PERSPECTIVA CUANTITATIVA.
4.1. Introdución.
4.2. Investigación experimental
4.3. Investigación non experimental.
TEMA 5. - INVESTIGACIÓN DENDE UNHA PERSPECTIVA CUALITATIVA.
5.1. Investigación acción, investigación colaborativa e investigación participativa.
5.2. Investigación evaluativa
5.3. Otros métodos cualitativos: biográfico, etnográfico, fenomenología, etnometodología y estudio de casos.
TEMA 6.- A ESTADÍSTICA COMO INSTRUMENTO DE INVESTIGACIÓN. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Aprendizaxe colaborativa |
A7 A8 A11 A13 A14 A21 B4 C1 C6 C8 |
2 |
24 |
26 |
Análise de fontes documentais |
C4 |
0 |
12 |
12 |
Proba mixta |
A5 A6 A11 A13 B1 B2 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C8 |
4 |
4 |
8 |
Prácticas a través de TIC |
A5 A6 A7 B1 C3 C6 C8 |
8 |
8 |
16 |
Solución de problemas |
A5 A6 A7 A11 A13 A14 B1 B2 B5 C1 C2 C3 C4 C6 C8 |
10 |
18 |
28 |
Estudo de casos |
A6 A7 A11 A14 B1 B2 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C8 |
8 |
18 |
26 |
Sesión maxistral |
A6 B5 C4 C6 C8 |
10 |
18 |
28 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Aprendizaxe colaborativa |
Esta metodoloxía combínase con outras metodoloxías como análise de fontes documentais, esquemas, lecturas, mapas conceptuais, solución de problemas, etc. Todos estes procedementos serán guiados de FORMA PRESENCIAL e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación. Para a súa realización configúranse grupos pequenos (non máis de 2 persoas). E lévanse a cabo durante todas ás clases interactivas da materia.
|
Análise de fontes documentais |
Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise destes. Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Proba mixta |
Proba utilizada para a avaliación das aprendizaxes tanto das clases expositivas como interactivas. Conta de dúas partes:
a) Parte teórica: será o que o/a profesor/a presenta nas clases expositivas e dalgun dossier. Todos os contidos da guía docente.
b) Parte análise: será unicamente o que o/a profesor/a expón e traballe co alumnado no tema 6 do apartado contido desta materiae o dossier correspondente.
As preguntas destas partes poden ser directas ou afirmacións incompletas, mesmo preguntas con varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións. Pero só unha e a máis correcta. NESTA PROBA AS RESPOSTAS INCORRECTAS RESTARÁN ÁS CORRECTAS. A materia supérase cando se supera todas as partes e nunca se gardará algunha das partes para outras convocatorias.
INFORMACIÓN IMPORTANTE:
O/a estudantado presencial debe presentarse a proba mixta (se suspende a avaliación continua a proba mixta será como calquer estudante non presencial. Se supera a avaliacion continua debe presentarse para que a cualificación desa avaliación sexa real. PERO SE UN/UNHA ESTUDANTE SUSPENDE A PROBA MIXTA (AINDA QUE TEÑA SUPERADA A AVALIACION CONTINUA) SUSPENDERÁ A MATERIA. A avaliación continua dos/as estudantes presenciais so contará na convocatoria de xuño.
A/o estudante non presencial a cualificación da proba mixta da convocatoria de xuño o xullo será a cualificación final da materia (non debe realizar a avaliación continua)
|
Prácticas a través de TIC |
Esta metodoloxía empregarase na Análise da información informatizada. Emprego de programas informáticos tanto cuantitativos como cualitativos tanto para o análise da información. O desenvolvemento desta actividade de análise será complementario á metodoloxía de solución de problemas.
|
Solución de problemas |
Esta metodoloxía utilízase unicamente para o tema 6 dos contidos da materia. O alumnado disporá das clases interactivas para realizar as actividades encomendadas e terá que incorporalas todas xuntas nun documento único, que denominará “Métodos de investigación” que será entregado na data estipulada pola docente.
|
Estudo de casos |
Esta metodoloxía empregarase para a realización das prácticas correspondentes aos temas 2, tema 3, tema 4 e tema 5 dos contidos da materia. Presentarase ao alumnado un exercicio por grupo e deberán aplicar os coñecementos teóricos adquiridos nas sesións expositivas á resolución do mesmo. O alumnado disporá das clases interactivas para realizar as actividades encomendadas e terá que incorporalas todas xuntas nun documento único que denominará “Métodos de Investigación”, e que será entregado na data estipulada pola docente
|
Sesión maxistral |
Clase impartidas pola profesora, nas clases expositivas, sobre os contidos xa citados no apartado de “contidos” desta guía docente. Esta metodoloxía utiliza exclusivamente a palabra e a vista como vía de transmisión da información a todo o grupo.
As clases expositivas serán presenciais. Por tanto, preséntase cunha semana de antelación ao estudantado no Campus Virtual o material en Power Point. En este material, el alumnado tendrá referencias bibliográficas para consultar o, también, para completar o seguir la exposición de las profesoras.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
Solución de problemas |
Sesión maxistral |
Aprendizaxe colaborativa |
Análise de fontes documentais |
Proba mixta |
Estudo de casos |
|
Descrición |
Na atención personalizada, as docentes resolverá as dúbidas que teña o alumnado sobre os diferentes temas a traballar na materia. Pero ademais calquera dúbida que poida xurdir para a solución de problemas, na aprendizaxe colaboradora, a análise de fontes documentais no estudo de casos e nas prácticas a través de TIC. Durante estas sesións, realizarase un seguimento do traballo do estudantado, supervisando e orientando mais directamente o proceso a seguir en cada unha das actividades realizadas.
Esta atención personalizada realizarase no despacho da profesora (P1A15 ) no horario de titorías. Este horario está colgado no taboleiro que está no despacho das profesoras, na páxina web do departamento e na Facultade de Ciencias da Educación.
A atención personalizada realizarase cara a cara entre o estudantado e as docentes. O estudantado debe comunicarse primeiramente coa profesora vía Campus Virtual, a través da plataforma habilitada a tal efecto e onde debe especificar o seu nome completo para facilitar poder ser chamada. Lembrade que a profesora é a que marcarán o horario de dita titoría. Se o estudantado non solicita por ese medio a titoría, a profesora non o atendenrán baixo ningunha curcunstancia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A5 A6 A7 A11 A13 A14 B1 B2 B5 C1 C2 C3 C4 C6 C8 |
Esta tarefa está destinada a un único contido da materia (Tema 6). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o/a alumno/a desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 6. A profesora presentará ao alumnado os apuntes deste tema (a través do Campus Virtual); nas clases expositivas explicará con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas a profesora presentará prácticas guiadas para que o alumno/a as realice PARA TODO ESTO O/A ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.
O/a alumnado deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ao docente no prazo establecido, baixo o nome de “Métodos de Investigación”.
|
25 |
Proba mixta |
A5 A6 A11 A13 B1 B2 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C8 |
O exame da 1ª e 2ª convocatorias é o que fai referencia a avaliación desta metodoloxía e consta de dúas partes:
1-Parte TÉCNICAS constará dun número de ítem de resposta aberta, ou de resposta breve ou de verdadeiro e falso pero xustificando (o tipo de preguntas o determinará o profesoado). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 5 sobre 10 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí (non se garda nota de ningunha parte, en ningunha convocatoria, se se suspende).
2-Parte ANÁLISIS. Esta parte consta de varios problemas estatísticos ou preguntas de respostas breves ou preguntas de verdadeiro e falso (o profesorado será o que decida o tipo de preguntas). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 5 sobre 10 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí.
NOTAS ACLARATORIAS:
a) En ambas partes (parte Técnicas e parte Análise) as preguntas incorrectamente respondidas restarán
B) As docentes, antes de finalizar o período lectivo poderán realizar un simulacro de dita proba,no horario de clase da materia. A asistencia a este simulacro non é obrigatoria
c) O exame debe estar aprobado para que se teña en conta a avaliación continua. Para aprobar é imprescindible que se cumpran ambos os dous seguintes requisitos: (a) se acaden 5 puntos ou máis na proba mixta; e (b) que se chegue, como mínimo, á metade do valor que ten cada una das partes (parte técnicas e parte análise).
d) Se se suspende algunha das partes (non se alcanza a puntuación mínima para aprobar) ou ben se non se supera a avaliación continua (dosiseres), o alumnado debe ir á seguinte convocatoria con todo. NON SE GARDAN PARTES DE NINGÚN EXAMEN DUNHA CONVOCATORIA PARA OUTRA OU OUTRAS CONVOCATORIAS.
e)A data dos exames das convocartorias están marcados por xunta de facultade polo tanto non se moven.
|
50 |
Estudo de casos |
A6 A7 A11 A14 B1 B2 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C8 |
Esta tarefa está destinada aos contidos da materia (Tema 2, 3, 4 e 5). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o alumnado desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión das docentes. Todo isto so se levará a cabo cando se explique ditos temas.
A docente presentarán ao alumnado os apuntes deste tema (a través de Campus Virtual); nas clases expositivas explicará con casos ditos apuntes; nas clases interactivas o profesorado presentará prácticas guiadas (fichas guiadas) para que o alumnado as realice PARA TODO ESTO O ALUMNADO DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.
O alumnado deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ao docente no prazo establecido, baixo o nome de “Métodos de Investigación”.
|
25 |
|
Observacións avaliación |
Na avaliación da materia (exposta no apartado
da guía docente, denominado "Paso 7: Avaliación") terase en conta
antes de nada o seguinte: a) ESTUDIANTES QUE ASISTAN SEMPRE A CLASE (ou
alumnado con dispensa académica) (estudantes presenciais) considéranse que asisten un 80%, isto equivale a
non ter máis de 3 faltas sen xustificar. Xustifícase as faltas médicas (con
xustificante correctamente cuberto por un médico colexiado) e as faltas por un
traballo (con xustificante correctamente cuberto no traballo onde se xustifique
que en horas de clase se está a traballar) ou calquera outra falta sempre co
documentación homologado. Non se poderá ter máis de dúas faltas
de asistencia en cada unha das partes da materia (1ª Parte (temas 1,2,3,4 e 5) e 2ª Parte (tema 6). A avaliación destes alumnos/as ten en conta o
seguinte: 1-A proba mixta;2-O
estudo de casos e 3-Solución de problemas. As avaliacións da parte 2 e 3 so serán efectivas a entrega do dossier. Todo o alumnado ASISTENTE OU PRESENCIAL debe
superar a avaliación continua (dossieres) para poder someterse a proba
mixta nas condicións que se explican para este grupo de estudantes. A
avaliación continua equivale o 50% da nota final da materia (sendo necesario
chegar ao mínimo do 40% para considerar que esta parte se superou. Hai que ter en conta que esto non é real mentres as/os estudantes non se presenten a proba mixta e a superen). Igualmente,
é imprescindíbel acadar un mínimo de 25% sobre 50% na proba mixta para
considerar superada está avaliación (atendendo a necesidade de chegar a un
mínimo en cada parte, tal como se especificou no apartado
correspondente na guía docente) A proba mixta para estes estudantes, ao igual
que as clases sexan presenciais. b)ESTUDANTES QUE NON ASISTAN SEMPRE A CLASE
(estudantes non presenciais) considéranse
que non asisten cando faltan máis dun 80%, é dicir, ten máis de tres faltas sen
xustificar, ou ben ten máis de dúas faltas nunha das partes da materia. Se xustifica as faltas
médicas (con xustificante correctamente cuberto por un médico colexiado) e as
faltas por un traballo (con xustificante correctamente cuberto no traballo onde
se xustifique que en horas de clase se está a traballar). Tamén pode ser aquel estudantado que así opte dende o inicio da
materia (o primeiro día de clase o profesorado presentará esta opción que o
estudantado pode elixir). Estes/as estudantes se presentarán ás probas da 1ª e
2ª convocatoria. Se recomenda que o estudantado realice os dous dossierres da
materia de
forma autónoma, posto que estes serán avaliados na proba final da materia
(60%), xunto cos contidos teóricos propios da proba mixta (40%)
Para aprobar é imprescindible que se cumpran ambos os dous seguintes
requisitos: (a) se acaden 5 puntos ou máis na proba mixta; e (b) que se chegue,
como mínimo, á metade do valor que ten cada una das partes.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Arnal, J., Del Rincón, D. y Latorre, A. (1992). Investigación educativa. Fundamentos y metodología. Barcelona: Labor. Bisquerra, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla.
Colás, P. y Buendía, A. (1992). Investigación educativa. Sevilla: Alfar.
De La Orden, A. (1985).Investigación educativa. Diccionario de Ciencias de la Educación. Madrid: Anaya.
De la Herrán (Coord.) (2005). Investigar en educación. Fundamentos, aplicaciones y nuevas perspectivas. Madrid: Dilex.
Dendaluce, I. (Coord.) (1988). Aspectos metodológicos de la investigación educativa. (II Congreso Mundial Vasco). Madrid: Narcea.
Etxeberría, J. y Tejedor Tejedor, F. J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. Madrid: La Muralla.
García, V. (1994). Problemas y métodos de investigación en educación personalizada. Madrid: Rialp.
García, M. (2000). Socioestadística. Introducción a la Estadística en Sociología. Madrid: Alianza.
García, M (coord.) (2015). El análisis de la realidad social: métodos y técnicas de investigación. Madrid: Alianza
Hernández, R., Fernández, C. y Baptista, P. (2003). Metodología de la investigación. (3ª. Edic.). México: McGraw-Hill.
Latorre, A. (2003).La investigación-acción. Conocer y cambiar la práctica educativa. Barcelona: Graó.
León, O. y Montero, I. (1993).Diseño de investigaciones. Introducción a la lógica de la investigación en Psicología y Educación. Madrid: McGraw-Hill.
Losada, J. L. y López, R. (2003).Métodos de investigación en Ciencias Humanas y Sociales. Madrid: Thomson.
Orfelio, L (2015). Métodos de Investigación en Psicología y educación: las tradiciones cualitativas y cuantitativa. Madrid: McGrawHill
Pérez, G. (Coord.). (2001). Modelos de investigación cualitativa en Educación Social y Animación Sociocultural. Aplicaciones Prácticas. Madrid: Narcea.
Rodríguez, G., Gil, J. y García, E. (1996). Metodología de la investigación cualitativa. Málaga: Aljibe.
Verd, J.M. (2016). Introducción a la investigación cualitativa: fases, métodos y técnioas: Madrid: Síntesis |
Bibliografía complementaria
|
|
Almazán, A et al. (2011). Análisis estadístico para la investigación social. Madrid: Garceta Bisquerra, R (1987).Introducción a la estadística aplicada a la investigación educativa. Barcelona: Promociones y Publicaciones Universitarias. Bisquerra, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla. De Lara, E. y Ballesteros, B (2001). Métodos de investigación en educación social. Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia.
De la Herrán (Coord.) (2005). Investigar en educación. Fundamentos, aplicaciones y nuevas perspectivas. Madrid: Dilex.
Fox. D.J. (1987). El proceso de investigación en educación. Pamplona: Eunsa.
Grim, P. (2010). La certeza absoluta y otras fricciones. Los secretos de la estadística. Barcelona: RBA Libros
Monje, C (2011). Metodología d ela investigación cualitativa y cuantitativa. Guía didáctica. Recuperado de: https://www.uv.mx/rmipe/files/2017/02/Guia-didactica-metodologia-de-la-investigacion.pdf (consultado: 03/07/2018)
Sierra, R. (1987). Técnicas de Investigación social. Teorías y ejercicios. Madrid: Paraninfo
Enlaces WEB:
Métodos y técnicas de investigación https://www.gestiopolis.com/metodos-y-tecnicas-de-investigacion/ (consultado: 03/07/2018)
Métodos de Investigación social: https://metodoss.com/investigacion-social/ (consultado: 03/07/2018)
Metodología d ela investigación: https://sites.google.com/site/51300008metodologia/caracteristicas-cualitativa-cuantitativa (consultado: 03/07/2018)
Aula virtual: https://educacionadistancia.juntadeandalucia.es/profesorado/autoformacion/mod/book/view.php?id=3847&chapterid=3127 (consultado: 03/07/2018)
Uso de los métodos cuantitativos y cualitativos en la investigación https://prezi.com/awtmyv2x2_9a/el-uso-de-los-metodos-cuantitativos-y-cualitativos-en-una-investigacion/ (consultado: 03/07/2018)
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Métodos de avaliación de programas/652G03023 | Técnicas de recollida e análise da información/652G03026 |
|
Observacións |
Se pueden consultar las siguientes fuentes:
http://www.udc.es/dep/fam
http://www.educacion.udc.es
http://www-ice.up.es/upc/ice/ice.nsf.
http://dialnet.inicaja.es
http://www.mec.es
http://bibloteca.udc.es
http://www.um.es/~depmide/RIE
http://www.uv.es/a
http://www.bne.es
http://aera.net
Comité Ambiental da Facultade (GREEN CMPUS) recoméndase:
-Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser
posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel
reciclado e evitar imprimir borradores.
-Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de
impactos negativos sobre o medio natural.
-Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e
profesionais.
tamén recomendase utilizar LENGUAXE INCLUSIVO |
|