Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. |
A3 |
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa. |
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A8 |
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos |
A11 |
Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa. |
A14 |
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. |
A20 |
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos. |
B2 |
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
B3 |
Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Familiarizarse cos diferentes contextos profesionais inherentes á Educación Social |
A1 A14
|
B2 B5 B6
|
C1 C4 C7 C8
|
Identificar e analizar os factores sociais, contextuais e institucionais que afectan aos procesos de acción socioeducativa. |
A3 A5 A8 A11 A14
|
B2 B5
|
C4
|
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo colaborativo e en equipo en contextos profesionais. |
A20
|
B3 B6
|
C1 C4 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Caracteríaticas xerais da institución: contexto, infraestrutura, titularidade, organigrama, dinámica institucional, relación coa contorna,...
2. Protagonistas da acción socioeducativa: profesionais, colectivos destinatarios.
3. Proxectos de acción socioeducativa: obxectivos, actuacións, recursos, avaliacións, resultados,...
4. A Educación Social no ámbito das prácticas.
|
Estes contidos estarán relacionados e adaptaranse aos seguintes ámbitos:
1. Dinamización cultural-ambiental.
2. Diversidade funcional.
3. Exclusión-inclusión-servizos sociais.
4. Maiores.
5. Menores.
6. Multiculturalidade-Cooperación-Desenvolvemento.
7. Políticas de igualdade-Muller.
8 Saúde-Drogodependencias. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Saídas de campo |
A1 A8 A11 A20 B3 B5 B6 C1 C7 |
125 |
0 |
125 |
Análise de fontes documentais |
A3 A5 C8 |
0 |
30 |
30 |
Portafolios do alumno |
A3 A5 A8 A14 B2 C4 |
0 |
120 |
120 |
Seminario |
A14 A20 B5 C1 C4 C7 C8 |
10 |
0 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
15 |
0 |
15 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Saídas de campo |
Constitúen as prácticas pedagóxicas: 125 horas de permanencia na institución socioeducativa durante as cales se realizarán tarefas de observación, análise de casos, colaboración en accións socioeducativas cos profesionais da propia institución etc. |
Análise de fontes documentais |
Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Practicum I dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución socioeducativas. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención socioeducativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade socioeducativa. |
Portafolios do alumno |
Memoria na que o alumnado rexistra e reflexiona sobre as aprendizaxes desenvolvidas durante o periodo de prácticas. Está organizada nos seguintes oito apartados: Introdución; Características xerais da institución; Protagonistas da acción socioeducativa; dos servizos aos proxectos; Diario de Practicum; Conclusións; Referencias; Anexos.
O Diario de Practicum recollerá entre 5 e 7 entradas organizadas temáticamente. Cada entrada debe contemplar unha descrición do observado e unha reflexión fundamentada nos coñecemento teoríco-prácticos.
En todo momento garatirase a confidiencialidade das persoas implicadas. |
Seminario |
1. Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar ao alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Practicum.
2. Selección da institución (2 horas).
3. Tres seminarios de titoría durante o Practicum co profesorado titor (6 horas).
- Antes de incorporarse á institución de prácticas o profesorado de Practicum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna.
- Durante a realización do Practicum terá lugar a posta en común do traballo realizado ata o momento co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional.
- Ao finalizar a estadía na institución, de avaliación e reflexión final do practicum.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Saídas de campo |
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
A atención personalizada concíbese como momentos de traballo presencial co profesorado, polo que implican unha participación obrigatoria para os alumnos.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicaranse para cada actividade ao longo do Practicum I e o plan de traballo.
Alén dos seminarios de seguimento do Practicum, o profesorado titor da Facultade estará dispoñible no horario de titorías.
O/a Titor/a da UDC realizará un primeiro contacto obrigatorio, previo á incorporación do alumnado ao centro.
O/a Titor/a da UDC manterá unha fluidez comunicativa co titor/a da institución, de maneira que garante o desenvolvemento adecuado do practicum. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
A14 A20 B5 C1 C4 C7 C8 |
O/a titor/a da Facultade avaliará a participación do alumnado nos seminarios cos seguintes criterios:
- Asistencia a todas as sesións presenciais
- Calidade das achegas á hora de expresar dúbidas razoables, expoñer ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese etc.
|
10 |
Saídas de campo |
A1 A8 A11 A20 B3 B5 B6 C1 C7 |
O/a titor/a da institución colaborador/a realizará a avaliación de implicación e actuación do alumnado no centro/aula |
45 |
Portafolios do alumno |
A3 A5 A8 A14 B2 C4 |
O titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do portafolio cos seguintes criterios:
- Capacidade de relación teoría-práctica, capacidade para relacionar ideas e accións.
- Dominio conceptual e capacidade analítica.
- Capacidade de argumentar e fundamentar.
- Expresión escrita propia e claridade expositiva.
- Capacidade de descripción de escenarios, situacións e accións.
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica.
|
45 |
|
Observacións avaliación |
a) Requisitos para superar a materia: 1. Para aprobar a materia será necesario superar os seguintes elementos da avaliación: prácticas socioeducativas e portafolios. 2. O portafolios deberá ser subido a Moodle nas datas indicadas. b) Elementos da avaliación que se poden recuperar na segunda oportunidade de avaliación (xullo): 1. As prácticas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na oportunidade de xuño, mantense para a oportunidade de xullo. Isto supón que un suspenso nas mesmas na oportunidade de xuño implica a non superación da materia. 2. Os seminarios non se poden recuperar, polo que a cualificación obtida nos mesmos na oportunidade de xuño, mantense para a oportunidade de xullo. 3. O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere o portafolios na oportunidade de xuño terá a ocasión de melloralo para a oportunidade de xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos da avaliación. c) Cualificacións: 1. A cualificación final será a media das puntuacións obtidas en cada un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo. O profesorado titor/a da Facultade será o encargado de solicitar a cualificación do centro de prácticas e de realizar as medias correspondentes que serán enviadas ao Decanato. 2. No caso de non superar algunha das partes de obrigatoria superación da materia, a nota final será a nota da parte non superada. 3. Non realizar as prácticas socioeducativas estando matriculado na materia supón un Non Presentado. 4. Non presentar o portafolios tendo as prácticas socioeducativas superadas supón un suspenso. Se só se aproba a estadía no centro
de prácticas ou a saída de campo, a nota conservarase unicamente no curso
académico en que se realizasen as prácticas. No seguinte curso, o/a alumno/a
terá que matricularse novamente e facer a estadía ou a saída de campo ao centro.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Cómpre consultar a
bibliografía das diferentes materias da titulación segundo o ámbito elixido e de
acordo coas indicacións dos titores. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Co fin de favorecer o axuste á planificación e temporalización da
materia, aquel alumnado que teña previsto solicitar a ampliación da
matrícula e incluir o practicum na mesma é necesario que o notifique un
mes antes do inicio das prácticas. Deberá remitir un email a vicedecanato.practicum.educacion@udc.es, ainda que nese momento non cumpla os requisitos, co fin de facilitarlle as indicacións oportunas. 1. A entrega dos
traballos documentais que se realicen nesta materia: 1.1. Realizarase a través
da aplicación, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. 1.2. De
realizarse en papel, seguindo as indicacións do profesorado titor de facultade:
- Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. -
Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2. Débese
facer un uso sustentable dos recursos e evitar impactos negativos sobre o medio
natural. 3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e
profesionais. 4. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para
a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de
ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). 5.
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. 6. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de
xénero proporanse accións e medidas para corrixilas. 7. Facilitarase a plena
integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e
proveitoso á vida universitaria. |
|