Sesión maxistral |
Exposición oral do profesor complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Recensión bilbiográfica |
Lectura crítica de artigos. Comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema e á opinión propia. |
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas.
A Proba obxectiva poderá combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de resposta breve e de desarrollo sobre un tema, etc. |
Resumo |
Elaboración de síntese dos principais contidos traballados. É unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames. |