- A maior parte das actividades realizarase na aula. As actividades que se desenvolvan nas clases só se poderán entregar na sesión en que se realicen.
- Só se aceptarán actividades que se entreguen no prazo e forma establecidos en cada caso.
- Por norma xeral, as actividades entregaranse no Campus Virtual.
- O/a estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.
- As actividades deben cumprir as esixencias de correción lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado etc.).
- O plaxio, incluso parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descalificación automática da actividade. As actividades e traballos poderán ser sometidas a unha revisión mediante aplicacións informáticas de detección de plaxio. Estas aplicacións poden recoñecer traballos presentados noutras materias.
- Calificarase como non presentado a quen entregue 3 ou menos actividades.
- Na segunda edición de actas (segunda oportunidade) poderanse recuperar todas as actividades coa mesma ponderación que na primeira edición. As actividades serán substituídas por tarefas que se publicarán e entregarán a través do Campus Virtual.
- En convocatoria adiantada emplearanse os mesmos instrumentos de avaliación coa mesma ponderación. As actividades do obradoiro serán substituídas por tarefas que se publicarán no Campus Virtual. O alumnado afectado debe contactar co profesorado da materia.
- Estudantes a tempo parcial con dispensa académica de asistencia ás clases recoñecida: realizarán actividades alternativas aos obradoiros. Deben contactar co profesorado responsable da materia.
- Alumnado que precise medidas de apoio á diversidade ou con modalidades específicas de aprendizaxe: aplicarase o mesmo sistema de avaliación, coas adaptacións e flexibilidade que requira cada caso. Deberán contactar coa Unidade de Atención á Diversidade da UDC.
- Alumnado erasmus e de intercambio: recoméndase un nivel de español equivalente a B1 ou superior para cursar esta materia.