Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A62 |
Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo. |
B8 |
Capacidade de análise e sínteses. |
B9 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B10 |
Capacidade para adaptarse ás situacións novas. |
B11 |
Capacidade e habilidade de xestión da información. |
B12 |
Capacidade para organizar e planificar. |
B13 |
Toma de decisións. |
B14 |
Habilidades interpersonais. |
B15 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
B16 |
Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade. |
B19 |
Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio. |
B20 |
Sensibilidade cara a temas medioambientais. |
B22 |
Capacidade para motivarse e motivar a outros. |
B24 |
Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C10 |
CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
C11 |
CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
C12 |
CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Cooperar co equipo asistencial sanitario das unidades de coidados criticos |
A62
|
B3 B5 B6 B7 B8 B9
|
C1 C3 C12
|
Desenvolver estratexias de comunicación efectiva coas persoas atendidas e as súas familias |
A62
|
B3 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B22 B24
|
C1 C3 C4 C10 C12
|
Aplicar o proceso de atención de enfermaría integrando os coñecementos dos problemas de saúde das persoas adultas en situación critica. Executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade. |
A62
|
B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24
|
C1 C3 C4 C7 C11
|
Actuar segundo os principios éticos e legais que guían a profesión |
A62
|
B5 B6 B7 B9 B10 B13 B14 B15 B16 B24
|
C1 C4 C7 C11
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Prácticas clínicas tuteladas, realizadas en unidades hospitalarias de atención ás persoas adultas en situación crítica. |
Colaboración co equipo asistencial.
Comunicación efectiva coas personas atendidas de acordo co seu grao de competencia.
Aplicación do proceso de atención de enfermaría a persoas en situación crítica.
Realización de rexistros de acordo as normas éticas, deontolóxica e legais.
Participación na xestión e organización dos servizos de enfermaría.
Realización dos coidados de enfermaría baseándoos nos principios dunha práctica reflexiva.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas clínicas |
A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
120 |
0 |
120 |
Traballos tutelados |
A62 B1 B3 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
0 |
14 |
14 |
Presentación oral |
A62 B3 B6 B8 B11 C1 C3 C12 |
2 |
2 |
4 |
Lecturas |
A62 B3 B16 C4 C7 C11 |
0 |
5 |
5 |
Simulación |
A62 B3 B5 B6 B7 B9 B10 B12 B13 B14 B15 B16 B20 B22 B24 C1 C4 C7 C10 C11 C12 |
2 |
0 |
2 |
Seminario |
A62 B1 B3 B8 B11 B12 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
2 |
0 |
2 |
Actividades iniciais |
A62 B1 B6 B10 B11 B14 |
1 |
0 |
1 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas clínicas |
O ensino clínico enténdese como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente relacionado co exercicio dunha profesión, no que os estudantes observan e participan en actividades clínicas. Isto lles proporciona a oportunidade que supón a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma.
Estas prácticas desenvólvense no primeiro cuadrimestre do cuarto curso, tendo como finalidade capacitar aos estudantes para identificar os problemas de saúde reais ou potenciais das persoas en situación crítica, e colaborar na planificación, execución e avaliación dos coidados aplicados a ditas persoas e as súas familias.
Os rotatorios clínicos realizaranse no Hospital Universitario A Coruña e as prácticas realizaranse en quendas rotatorias de maña e tarde.
|
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudante, baixo a tutela do profesor e en escenarios profesionais variados. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Concretamente nesta materia o estudante deberá elexir entre describir e analizar unha técnica, procedemento ou protocolo específico da unidade onde rota, no que a colaboración ou responsabilidade da enfermeira/o sexa relevante (previa validación pola profesora responsable da materia). |
Presentación oral |
Actividade na que o estudante realizará a exposición verbal a outros estudantes e ao profesor, da técnica, procedemento ou protocolo desenvolto, tendo que facer as aclaracións oportunas ás cuestións que xurdan tras a exposición. |
Lecturas |
Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte para afondar nos contidos traballados. |
Simulación |
Consiste na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que se se levase a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse o suxeito ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias.
Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
|
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. |
Actividades iniciais |
Actividade obrigatoria que se leva a cabo nun aula antes de iniciar as prácticas clínicas. Nela explicanse pormenorizadamente as competencias que debe adquirir o alumno nesta asignatura, a forma de avaliación da mesma, e aspectos organizacionais e de regulamento relevantes para o bo desenvolvemento das prácticas clínicas.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Prácticas clínicas |
Lecturas |
|
Descrición |
A atención personalizada relacionada coas prácticas clínicas ten como finalidade atender as consultas das/dos estudantes e realizar o seguimiento dos coñecementos, habilidades e actitudes que estes deben acadar. Farase de xeito inidividualizado.
A atención personalizada relacionada co traballo tutelado ten como finalidade orientar ao alumnado na realización e presentación da técnica, procedemento ou protocolo a analizar e desenvolver. O seguemento farase de forma individual ou en pequenos grupos.
A atención personalizada coas lectura realizarase de xeito individual e consistirá en orientar e guiar ao alumnado na interpretación dos textos. A documentación a revisar, relacionada coas materias teóricas cuxo coñecemento é relevante nos coidados críticos, será facilitada a través de Moodle e dinamizarase o aprendizaxe abrindo foros dirixidos co fin último de que haxa unha transferencia do coñecemento á práctica clínica.
Para realizar a atención personalizada de forma presencial, ou a través de Teams, respectarase o horario recollido na páxina web para as titorías, ou noutro horario previo acordo entre alumnado e docente. En todo caso é precisa a solicitude da titoría a través do correo electrónico da Universidade.
A atención personalizada tamén poderá realizarse a través de Moodle ou o correo electrónico da Universidade, según demanda do alumnado. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A62 B1 B3 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
Criterios de avaliación:
1. Presentación e estructura: ata 2 puntos
2 Claridade e uso da terminoloxía científica na redacción: ata 2 puntos
3. Capacidade de análise e síntese: ata 3 puntos
4. Capacidade crítica e achega persoal: ata 3 puntos |
40 |
Prácticas clínicas |
A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
A asistencia ás prácticas clínicas será obrigatoria. Realizarase unha avaliación continuada da adquisición das competencias a través dos criterios ou indicadores establecidos, para elo disponse dun informe de seguimento e avaliación específico para esta materia.
O seminario e a simulación que se desenvolvan terán carácter obrigatorio, así como o propósito de facilitar a integración dos coñecementos, habilidades e actitudes precisas para o coidado dos doentes críticos. As evidencias que neles se recollan sobre o alumnado serán tidas en conta na avaliación dos distintos indicadores do informe de seguimento e avaliación. |
50 |
Presentación oral |
A62 B3 B6 B8 B11 C1 C3 C12 |
O traballo tutelado realizado durante o rotatorio presentarase obrigatoriamente de xeito oral e empregando apoio audiovisual.
Criterios de avaliación:
1. Capacidade de resposta: ata 3 puntos
2. Xestión do tempo: ata 1 punto
3. Estructura da exposición: ata 2 puntos
4. Formato da exposición: ata 1 punto
4. Explicación dos contidos: ata 3 puntos |
10 |
|
Observacións avaliación |
Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estadías Clínicas I, II e III, tal e como consta na Memoria do Título de Grao. A superación da materia queda suxeita a que cada unha das metodoloxías sexa superada polo estudante de forma independiente, acadando o 50% da nota máxima posible da porcentaxe que lle corresponde. Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán comunicarse de acordo á normativa xeral do centro académico, relativa ás Estadías Clínicas. Estas serán recuperadas ao remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non comunicadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do centro académico. As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicaranse na plataforma Moodle con suficiente antelación ao inicio das mesmas. Ao finalizar o período de prácticas clínicas os estudantes deberán presentar a Memoria Final de Prácticas, segundo se especifica no regulamento de Estadías Clínicas, para poder ser avaliados. Avaliación 2ª oportunidade: Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial non recuperable, o alumnado so poderá empregar a 2ª oportunidade para recuperar as actividades relativas ao traballo tutelado e á súa presentación. Adianto de oportunidade e estudantes con matrícula parcial: Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial non recuperable, non é posible establecer unha avaliación diferente para estos casos. A cualificación de Matrícula de Honra poderá obtela o alumnado que puntúe alomenos un 9, con preferencia para o alumnado que obtivera máis nota. En caso de igualdade de puntuación e habendo máis aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumnado que obtivese máis nota na metodoloxía de maior peso porcentual. Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluíndo aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Esta materia ten en conta as recomendacións sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO para acadar unha contorna inmediata sustentable, ambiental e social. Ademais dúas das competencias xerais que debe adquirir o alumnado dentro do grao e da materia son B20 e B24; a primeira é a sensibilidade cara temas medioambientais e a segunda sinala a necesidade de fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. Por todo isto: - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. - Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. - Débense ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. - Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas distintas actividades da materia de alumnos e alumnas. - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. - Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
A bibliografía básica para esta materia é a utilizada nas materias: Enfermaría Clínica I, II e III.
Os documentos subidos ao Moodle desta materia serán de lectura obrigada. |
Bibliografía complementaria
|
Martín-Romo Mejías, J. (Coord.) (2014). Actuación de Enfermería en urgencias. LIBRO ELECTRÓNICO. Editorial ICB
Butcher M, Bulechek G, Dochterman JM, Wagner CM (2019). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). Barcelona: Elsevier
Moorhead S,Swanson E,Johnson M, Maas ML (2018). Clasificación de resultados de enfermería (NOC). Barcelona: Elsevier
NANDA International (2021). Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2021-2023. Madrid: Elsevier
Somoza B, Cano MV, Guerra P (2020). Farmacología en enfermería: teoría y casos prácticos. Sección III: Farmacología en situaciones críticas. Madrid: Panamericana
Fuentes Pumarola, C. Sirvent, J. y Bonet Saris, A (2013). Manual de enfermería intensiva. LIBRO ELECTRÓNICO. Documenta Universitaria
Lunney M (2011). Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos. Madrid: Elsevier Masson |
ACCESO AOS LIBROS ELECTRÓNICOS REFERENCIADOS (DE ACCESO ABERTO A TRAVÉS DA BIBLIOTECA DA UDC EN ELIBRO): https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/115423 https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/113010 |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Nutrición/661G01009 | Farmacoloxía/661G01011 | Situacións de risco para a saúde e Radioloxía/661G01013 | Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016 | Enfermaría clínica III/661G01017 | Enfermaría Xerontolóxica/661G01020 | Xestión dos servizos da Enfermaría/661G01021 | Enfermaría Clínica I/661G01034 | Enfermaría Clínica II/661G01035 | Fundamentos de Enfermaría/661G01107 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Practicum/661G01032 | Traballo fin de grao/661G01033 |
|
Observacións |
Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estadías Clínicas I, II e III, tal e como consta na Memoria do Título de Grao. |
|