Identifying Data 2022/23
Subject (*) Clinical Placement V Code 661G01029
Study programme
Grao en Enfermaría
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Fourth Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites Ter superadas as Estancias Clínicas I, II,III para poder cursar esta materia.
Department
Coordinador
Souto Fernández, Estela
E-mail
estela.souto@udc.es
Lecturers
Souto Fernández, Estela
E-mail
estela.souto@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
General description Estas estadías clínicas correspóndense ao nivel intermedio de aprendizaxe práctico tutelado do alumnado, tendo coma finalidade que a/o estudante integre coñecementos, habilidades e actitudes precisos para dar atención ás persoas adultas en situación crítica. As prácticas están dirixidas á incorporación do alumnado no ámbito dos coidados críticos, de forma que lles permita comprender, diagnosticar e participar no deseño e desenvolvemento dun plan de coidados para os doentes nunha situación crítica de saúde e desenvolver habilidades de comunicación efectiva cos doentes, familias e equipo.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A62 Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B19 Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Cooperar co equipo asistencial sanitario das unidades de coidados criticos A62
B3
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C3
C12
Desenvolver estratexias de comunicación efectiva coas persoas atendidas e as súas familias A62
B3
B5
B6
B7
B9
B10
B11
B13
B14
B15
B16
B22
B24
C1
C3
C4
C10
C12
Aplicar o proceso de atención de enfermaría integrando os coñecementos dos problemas de saúde das persoas adultas en situación critica. Executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade. A62
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B19
B20
B22
B24
C1
C3
C4
C7
C11
Actuar segundo os principios éticos e legais que guían a profesión A62
B5
B6
B7
B9
B10
B13
B14
B15
B16
B24
C1
C4
C7
C11

Contents
Topic Sub-topic
Prácticas clínicas tuteladas, realizadas en unidades hospitalarias de atención ás persoas adultas en situación crítica. Colaboración co equipo asistencial.
Comunicación efectiva coas personas atendidas de acordo co seu grao de competencia.
Aplicación do proceso de atención de enfermaría a persoas en situación crítica.
Realización de rexistros de acordo as normas éticas, deontolóxica e legais.
Participación na xestión e organización dos servizos de enfermaría.
Realización dos coidados de enfermaría baseándoos nos principios dunha práctica reflexiva.


Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Clinical practice placement A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 120 0 120
Supervised projects A62 B1 B3 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 0 14 14
Oral presentation A62 B3 B6 B8 B11 C1 C3 C12 2 2 4
Workbook A62 B3 B16 C4 C7 C11 0 5 5
Simulation A62 B3 B5 B6 B7 B9 B10 B12 B13 B14 B15 B16 B20 B22 B24 C1 C4 C7 C10 C11 C12 2 0 2
Seminar A62 B1 B3 B8 B11 B12 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 2 0 2
Introductory activities A62 B1 B6 B10 B11 B14 1 0 1
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Clinical practice placement O ensino clínico enténdese como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente relacionado co exercicio dunha profesión, no que os estudantes observan e participan en actividades clínicas. Isto lles proporciona a oportunidade que supón a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma.

Estas prácticas desenvólvense no primeiro cuadrimestre do cuarto curso, tendo como finalidade capacitar aos estudantes para identificar os problemas de saúde reais ou potenciais das persoas en situación crítica, e colaborar na planificación, execución e avaliación dos coidados aplicados a ditas persoas e as súas familias.

Os rotatorios clínicos realizaranse no Hospital Universitario A Coruña e as prácticas realizaranse en quendas rotatorias de maña e tarde.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudante, baixo a tutela do profesor e en escenarios profesionais variados. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Concretamente nesta materia o estudante deberá elexir entre describir e analizar unha técnica, procedemento ou protocolo específico da unidade onde rota, no que a colaboración ou responsabilidade da enfermeira/o sexa relevante (previa validación pola profesora responsable da materia).
Oral presentation Actividade na que o estudante realizará a exposición verbal a outros estudantes e ao profesor, da técnica, procedemento ou protocolo desenvolto, tendo que facer as aclaracións oportunas ás cuestións que xurdan tras a exposición.
Workbook Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte para afondar nos contidos traballados.
Simulation Consiste na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que se se levase a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse o suxeito ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias.
Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
Seminar Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Introductory activities Actividade obrigatoria que se leva a cabo nun aula antes de iniciar as prácticas clínicas. Nela explicanse pormenorizadamente as competencias que debe adquirir o alumno nesta asignatura, a forma de avaliación da mesma, e aspectos organizacionais e de regulamento relevantes para o bo desenvolvemento das prácticas clínicas.


Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Clinical practice placement
Workbook
Description
A atención personalizada relacionada coas prácticas clínicas ten como finalidade atender as consultas das/dos estudantes e realizar o seguimiento dos coñecementos, habilidades e actitudes que estes deben acadar. Farase de xeito inidividualizado.

A atención personalizada relacionada co traballo tutelado ten como finalidade orientar ao alumnado na realización e presentación da técnica, procedemento ou protocolo a analizar e desenvolver. O seguemento farase de forma individual ou en pequenos grupos.

A atención personalizada coas lectura realizarase de xeito individual e consistirá en orientar e guiar ao alumnado na interpretación dos textos. A documentación a revisar, relacionada coas materias teóricas cuxo coñecemento é relevante nos coidados críticos, será facilitada a través de Moodle e dinamizarase o aprendizaxe abrindo foros dirixidos co fin último de que haxa unha transferencia do coñecemento á práctica clínica.

Para realizar a atención personalizada de forma presencial, ou a través de Teams, respectarase o horario recollido na páxina web para as titorías, ou noutro horario previo acordo entre alumnado e docente. En todo caso é precisa a solicitude da titoría a través do correo electrónico da Universidade.

A atención personalizada tamén poderá realizarse a través de Moodle ou o correo electrónico da Universidade, según demanda do alumnado.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A62 B1 B3 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 Criterios de avaliación:

1. Presentación e estructura: ata 2 puntos
2 Claridade e uso da terminoloxía científica na redacción: ata 2 puntos
3. Capacidade de análise e síntese: ata 3 puntos
4. Capacidade crítica e achega persoal: ata 3 puntos
40
Clinical practice placement A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12
A asistencia ás prácticas clínicas será obrigatoria. Realizarase unha avaliación continuada da adquisición das competencias a través dos criterios ou indicadores establecidos, para elo disponse dun informe de seguimento e avaliación específico para esta materia.
O seminario e a simulación que se desenvolvan terán carácter obrigatorio, así como o propósito de facilitar a integración dos coñecementos, habilidades e actitudes precisas para o coidado dos doentes críticos. As evidencias que neles se recollan sobre o alumnado serán tidas en conta na avaliación dos distintos indicadores do informe de seguimento e avaliación.
50
Oral presentation A62 B3 B6 B8 B11 C1 C3 C12 O traballo tutelado realizado durante o rotatorio presentarase obrigatoriamente de xeito oral e empregando apoio audiovisual.
Criterios de avaliación:
1. Capacidade de resposta: ata 3 puntos
2. Xestión do tempo: ata 1 punto
3. Estructura da exposición: ata 2 puntos
4. Formato da exposición: ata 1 punto
4. Explicación dos contidos: ata 3 puntos
10
 
Assessment comments

Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estadías Clínicas I, II e III, tal e como consta na Memoria do Título de Grao.

A superación da materia queda suxeita a que cada unha das metodoloxías sexa superada polo estudante de forma independiente, acadando o 50% da nota máxima posible da porcentaxe que lle corresponde.

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán comunicarse de acordo á normativa xeral do centro académico, relativa ás Estadías Clínicas. Estas serán recuperadas ao remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non comunicadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do centro académico. 

As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicaranse na plataforma Moodle con suficiente antelación ao inicio das mesmas.

Ao finalizar o período de prácticas clínicas os estudantes deberán presentar a Memoria Final de Prácticas, segundo se especifica no regulamento de Estadías Clínicas, para poder ser avaliados.

Avaliación 2ª oportunidade: Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial non recuperable, o alumnado so poderá empregar a 2ª oportunidade para recuperar as actividades relativas ao traballo tutelado e á súa presentación.

Adianto de oportunidade e estudantes con matrícula parcial: Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial non recuperable, non é posible establecer unha avaliación diferente para estos casos.

A cualificación de Matrícula de Honra poderá obtela o alumnado que puntúe alomenos un 9, con preferencia para o alumnado que obtivera máis nota. En caso de igualdade de puntuación e habendo máis aspirantes que matrículas, prevalecerá o alumnado que obtivese máis nota na metodoloxía de maior peso porcentual.

Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluíndo aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.

Esta materia ten en conta as recomendacións sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO para acadar unha contorna inmediata sustentable, ambiental e social. Ademais dúas das competencias xerais que debe adquirir o alumnado dentro do grao e da materia son B20 e B24; a primeira é a sensibilidade cara temas medioambientais e a segunda sinala a necesidade de fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. Por todo isto:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de MOODLE, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

- Débense ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia está incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención nas distintas actividades da materia de alumnos e alumnas.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


Sources of information
Basic

A bibliografía básica para esta materia é a utilizada nas materias: Enfermaría Clínica I, II e III. Os documentos subidos ao Moodle desta materia serán de lectura obrigada. 

Complementary Martín-Romo Mejías, J. (Coord.) (2014). Actuación de Enfermería en urgencias. LIBRO ELECTRÓNICO. Editorial ICB
Butcher M, Bulechek G, Dochterman JM, Wagner CM (2019). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). Barcelona: Elsevier
Moorhead S,Swanson E,Johnson M, Maas ML (2018). Clasificación de resultados de enfermería (NOC). Barcelona: Elsevier
NANDA International (2021). Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2021-2023. Madrid: Elsevier
Somoza B, Cano MV, Guerra P (2020). Farmacología en enfermería: teoría y casos prácticos. Sección III: Farmacología en situaciones críticas. Madrid: Panamericana
Fuentes Pumarola, C. Sirvent, J. y Bonet Saris, A (2013). Manual de enfermería intensiva. LIBRO ELECTRÓNICO. Documenta Universitaria
Lunney M (2011). Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos. Madrid: Elsevier Masson

ACCESO AOS LIBROS ELECTRÓNICOS REFERENCIADOS (DE ACCESO ABERTO A TRAVÉS DA BIBLIOTECA DA UDC EN ELIBRO):

https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/115423

https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/113010


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Nutrition/661G01009
Pharmacology/661G01011
Health Risk Situations and Radiology/661G01013
Professional Ethics, Legal Framework and Philosophy of Care/661G01016
Clinical Nursing III/661G01017
Gerontological Nursing/661G01020
Management of Nursing Services/661G01021
Clinical Nursing I/661G01034
Clinical Nursing II/661G01035
Foundations of Nursing/661G01107

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Practicum/661G01032
Final Dissertation/661G01033

Other comments

Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estadías Clínicas I, II e III, tal e como consta na Memoria do Título de Grao.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.