Identifying Data 2022/23
Subject (*) Tourist Intermediation and Transport I Code 662G01013d
Study programme
Grao en Turismo (a distancia)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Second Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Non-attendance
Prerequisites
Department Humanidades
Coordinador
Rodríguez Pallas, Angel
E-mail
angel.rodriguez.pallas@udc.es
Lecturers
Rodríguez Pallas, Angel
E-mail
angel.rodriguez.pallas@udc.es
Web
General description O obxectivo da materia é describir, detallar e coñecer os elementos principais da xestión de intermediación e distribución dos produtos e servizos turísticos nas axencias de viaxes, físicas e virtuais, tendo en conta o espazo no que se desenvolven na actualidade, as infraestruturas, o marco legal, as novas tecnoloxías e os procedementos operativos.

Study programme competencies
Code Study programme competences / results
A3 Comprender o carácter dinámico e evolutivo do turismo e da nova sociedade do lecer.
A5 Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións.
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A7 Recoñecer os principais axentes turísticos.
A11 Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais.
A12 Dirixir e xestionar (management) os distintos tipos de entidades turísticas.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A14 Comprender o marco legal que regula as actividades turísticas.
A18 Identificar e xestionar espazos e destinos turísticos.
A22 Coñecementos a adquirir no ámbito dos procedementos operativos das empresas de intermediación.
A24 Utilizar e analizar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) nos distintos ámbitos do sector turístico.
A32 Detectar necesidades de planificación técnica de infraestruturas e instalacións turísticas.
A33 Creatividade.
A34 Iniciativa e espírito emprendedor.
A35 Motivación por calidade.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences / results
Capacidade de análise e síntese. Comunicación oral e escrita na lingua nativa. Solución de problemas. Pensamento Crítico. Aprendizaxe autónoma. B1
B2
B3
B4
B6
Compromiso ético. Adaptación a novas situacións. B5
B7
Comprender o carácter dinámico e evolutivo do turismo e da nova sociedade do lecer. Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente. A3
A6
Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións. Recoñecer os principais axentes turísticos Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais. Dirixir e xestionar (management) os distintos tipos de entidades turísticas. Manexar técnicas de comunicación. Comprender o marco legal que regula as actividades turísticas. Identificar e xestionar espazos e destinos turísticos. Coñecementos a adquirir no ámbito dos procedementos operativos das empresas de intermediación. Utilizar e analizar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) nos distintos ámbitos do sector turístico. Detectar necesidades de planificación técnica de infraestruturas e instalacións turísticas. A5
A7
A11
A12
A13
A14
A18
A22
A24
A32
Creatividade. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. A33
A34
A35
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. Desenvolverse para ou exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas non coñecemento e orientadas ao ben común. Entender a importancia dá cultura emprendedora e coñecer vos medios ao alcance dás persoas emprendedoras. Valorar criticamente ou coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver vos problemas cos que deben enfrontarse. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e ou desenvolvemento tecnolóxico non avance socioeconómico e cultural da sociedade. C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contents
Topic Sub-topic
Unidade didáctica I: A distribución comercial no sector turístico.

Tema 1. Introducción á distribución turística.
Tema 2. A canle de distribución no sector turístico.
Unidade didáctica 2: Estructura da distribución comercial no sector turístico .
Tema 3. As axencias de viaxes na distribución turística.
Tema 4. Os tour operadores na distribución turística.
Tema 5. Os GDS e los CRS na distribución turística.
Tema 6. As centrais de reservas na distribución turística
Unidad didáctica 3: A distribución comercial ante os cambios no sector turístico. Tema 7. As tecnoloxías e a distribución turística.
Unidade didáctica 4: A intermediación das axencias de viaxes Tema 8: Intermediación na venda de transporte aéreo
Tema 9: Intermediación na venda de transporte marítimo
Tema 10: Intermediación na venda de transporte ferroviario
Tema 11: Intermediación na venda de transporte de carretera
Tema 12: Intermediación na venda de aloxamentos turísticos e restauración.
Tema 13: Intermediación na venda de Viaxes Combinadas.
Tema 14: Intermediación na venda de outros servizos turísticos.

Planning
Methodologies / tests Competencies / Results Teaching hours (in-person & virtual) Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A3 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A24 A32 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 12 46 58
Supervised projects A3 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 0 59 59
Mixed objective/subjective test A3 A5 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 2 29 31
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Realizarase a través de Moodle de modo asíncrono. Facilitarase ó estudantado os contidos de cada uns dos temas en formato pdf e en formato de arquivo audiovisual para o su estudo de modo autónomo. Poderanse introducir algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Realizaranse traballos tutelados relacionados co contido da materia e a presentación oral de aqueles que sinale o profesor.
Mixed objective/subjective test O exame, que o alumando online deberá realizar de modo presencial, incluirá problemas prácticos e preguntas teóricas obxectivas/subexctivas (preguntas de resposta verdadeiro-falso e/ou preguntas de resposta si-non, e/ou preguntas de resposta curta, e/ou preguntas de resposta longa, e/ou preguntas sobre o estudo de casos) relacionadas coa materia.

Personalized attention
Methodologies
Guest lecture / keynote speech
Supervised projects
Description
As clases en liña serán asíncronas. Facilitarase ó estudantado vía moodle os contidos de cada uns dos temas en formato pdf e en formato de arquivo audiovisual para o estudo de modo autónomo. Estas clases veranse complementadas coa posibilidade para o alumnado de solicitar titorías personalizadas nas que o profesor procederá tratar, as posibles dúbidas que puidesen xurdir nas sesións maxistrais, análises de fontes documentais, traballos tutelados, proba mixta ou calquera outro aspecto relacionado que materia.

Os estudantes serán atendidos a través de Microsort Teams, Moodle e correo electrónico resolvéndose mediante estas canles as posibles dúbidas que poidan xurdir. A forma e o momento nos que se realizará será especificado ao longo do desenvolvemento da materia en función das necesidades do alumnado coa posibilidade por parte do profesor de realizar titorías en grupo.

Os traballos tutelados faranse por grupos de entre 3-5 alumnos como máximo. A presentación oral non superará os 20 minutos como máximo por grupo e entregase de xeito pre-gravado. A parte escrita entregarase vía moodle.

As análises de fontes documentais serán remitidas de maneira individualizada polo alumnado ó profesor vía moodle.

Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Supervised projects A3 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización dun ou varios traballos tutelados relacionados cos bloques de contidos da materia. Valorarase: o axuste da presentación escrita ás instrucións; a calidade formal da presentación escrita; a calidade e creatividade dos contidos da presentación escrita; a amplitude e pertinencia das fontes de información empregadas.

Presentación oral de traballos tutelados. Valorarase: o axuste da presentación ás instruccións, a calidade e creatividade dos contidos da presentación, a amplitude e pertinencia das fontes de información empregadas.

Cando se programen traballos tutelados a realizar en grupo, establécese un máximo de 5 estudantes participantes por grupo.

Cando se programen presentacións orais, estas non poderán superar o máximo de 20 minutos para cada trabajo tutelado e realizaranse mediante a etrega ó profesor dun vídeo pre-gravado.

A entrega da parte escrita de traballos tutelados realizarase vía moodle.
40
Mixed objective/subjective test A3 A5 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Consistirá na realización, na data oficialmente establecida, duha proba mixta escrita que recolla os contidos teóricos e prácticos dos diversos bloques temáticos da materia.

Criterios de avaliación: coñecemento dos contidos teóricos, capacidade para aplicar os contidos teóricos a casos prácticos, nivel de consecución das competencias incluídas no programa da materia, capacidade de análise e síntese, extensión e precisión do vocabulario, corrección estilística e gramatical.
60
 
Assessment comments

As clases do grado online realizaranse de xeito asíncrono. Para isto o profesor engadirá todo o material necesario en Moodle. O alumnado do grao online deberá visualizar semanalmente as clases maxistrais e interactivas gravadas e consultar os materiais engadidos na plataforma Moodle; reservándose os horarios asignados a esta materia e establecidos no calendario escolar para aclarar todas posibles dúbidas ou consultas sobre a materia e para tutorizar os traballos a realizar; sempre suxeito a solicitude por parte do alumnado.

Os criterios de avaliación son os mesmos para cada unha das oportunidades de avaliación, incluindo a convocatoria adiantada.

A nota final da asignatura calcularase da forma seguinte:

PARTE PRÁCTICA (40%), composta de:

  • Traballos tutelados con presentación oral daqueles indicados polo profesor

PRUEBA MIXTA (60%):

  • Examen escrito presencial (tipo proba mixta) sobre os contidos de la materia

Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación. Parte práctica e proba mixta.

Os criterios de puntuación dos includos na parte práctica con presentación oral daqueles indicados polo profesor e proba mixta daranse a coñecer no momento da realización dos mesmos e subministraranse xunto cos enunciados destes.

A entrega dos traballos incluidos na parte práctica realizarase exclusivamente a través da plataforma Moodle (salvo indicación ao contrario por parte do profesor) e cumplindo coa data límite de entrega establecida. Serán calificados como "non presentado" os traballos incluidos na parte práctica entregados fora de prazo ou non entregados. O feito de non acudir a unha presentación oral implicará tamén a calificación de "non presentado" dese exercicio. A efectos de cálculo da calificación final da parte práctica, a non presentación dalgunha das tarefas penalizará coa resta na nota final da parte práctica do valor atribuido á mencionada tarefa calificada como non presentada.

Se a calificación final do alumno/a en primeira oportunidade na parte práctica da materia é inferior a 2 puntos ( sobre un máximo de 4 puntos), éste/a terá que acudir á segunda oportunidade e realizar novamente a proba mixta (non se conservan as calificacións obtidas na proba mixta dunha oportunidade para outra) e ademáis terá que realizar novamente tódolos traballos incluidos na parte práctica calificados como suspensos ou non presentados (consérvanse as calificacións das tarefas aprobadas dunha oportunidade para outra). Para superar a materia en segunda oportunidade, ó igual que en primeira oportunidade, é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada una das partes obxecto de avaliación: parte práctica e proba mixta.


A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Turismo

Os únicos utensilios cos que está permitido acceder ó recinto da proba son os básicos para contestar ó exame: lápiz, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora non programable.

Está expresamente prohibido o acceso ó recinto do examen con: a) teléfonos móbiles ou calquera outro tipo de dispositivo que permita comunicación a distancia e/ou almacenamento de información; b) apuntes, anotacións, libros ou material similar que no fose expresamente autorizado na convocatoria do examen o una páxina web (Moodle) da materia. A non observancia desta norma supón que se considere como realizada aproba en fraude e iso con independenciade que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou material sinalado os empregase ou non no curso desta.

O alumno/a deberá acreditar a súa persoalidade de acordó coa normativa vixente.

Segundo establecen as "Normas de avaliación,revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) noArt. 21.2:Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico.

Deste xeito, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou

b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación.

CONSECUENCIAS DA REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE PROBAS E/OU ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN

A realización fraudulenta de probas e/ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso “0” na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria.

Considerarase que se comete práctica ilícita cando un alumno/a actúa para defraudar ou tentar defraudar os sistemas de comprobación avaliación do rendemento académico así como o incumprimento das normas establecidas polo profesor para a realización de traballos.

Considéranse prácticas ilícitas, con carácter meramente enunciativo, actos como os seguintes:

  • Copia ou utilización de calquera material desautorizado incluíndo traballos de calquera outro alumno/a.
  • Cando un traballo que foi realizado por ou con outros é presentado como o traballo dunha soa persoa e tamén cando o traballo dun alumno/a é entregado en nome doutro. Se isto ocorrese co coñecemento do verdadeiro autor do traballo ambos os alumnos/as incorrerán nunha práctica ilícita.
  • Utilizar traballos doutras persoas para ser avaliados, coma se fose o traballo dun mesmo.
  • Afirmar que se realizaron entrevistas, estudos ou calquera outra forma de investigación, que en realidade non foi levada a cabo (invención ou falsificación de datos).

O plaxio, que consiste en utilizar palabras ou ideas doutras persoas e facelas aparecer como propias en calquera elemento avaliado, tamén se considera práctica ilícita. A continuación e con carácter meramente enunciativo descríbense varios exemplos de plaxio:

  • Traducir dun idioma a outro e presentar o texto como propio.
  • Usar citas de traballos publicados ou non publicados doutras persoas, tanto se foron sacados de libros de texto, artigos, páxinas web ou calquera outro formato, a non ser que tales citas aparezan claramente referenciadas e entrecomilladas.
  • Introducir nos traballos textos doutros autores coma se fosen propios (cortar e pegar de webs, parágrafos de artigos, libros, etc.)
  • Usar as palabras ou ideas doutra persoa lixeiramente modificadas ou parafraseadas para facelas parecer distintas ás orixinais.
  • Resumir as ideas, xuízos, diagramas, gráficos, cifras ou programas informáticos doutras persoas sen facer referencia ao autor no texto e á fonte na bibliografía.
  • Usar servizos de bancos de ensaios e outras axencias de documentos académicos na internet ou outros.
  • Usar, sen facer referencia a iso, material baixado da internet.
  • Volver usar materiais propios en distintos traballos ou módulos coma se fosen utilizados por primeira vez, a non ser que se obteña a autorización do departamento ou profesor do módulo.

Sources of information
Basic Iglesias Tovar, Juan Ramon (2007). Comercialización de productos y servicios turísticos. Editorial Síntesis, Madrid.
Ameigeiras Martinez, Celia (2014). Comercialización y venta de servicios turísticos. Editorial Síntesis, Madrid.
Nieto Rodríguez, Agustín (2016). Dirección y gestión de entidades de intermediación turística. Editorial Sintesis. Madrid
Férnandez-Villarán Ara, Asunción;Rodríguez Zulaica, Ainara y Pastor Ruiz, Ricardo (2019). Distribución turística. Editorial Sintesis. Madrid
De Borja Solé, Luis y Gomis, Joan Miquel (2009). El nuevo paradigma de la intermediación turística. Editorial Pirámide, Madrid.
Albert Piñole, Isabel (2015). Gestión de viajes, servicios y productos turísticos. Editorial Universitaria Ramón Areces, Madrid.
Mitre Aranda, María (2006). La producción e intermediación turística en el sector de las agencias de viajes. Ediciones de la Universidad de Oviedo, Oviedo.
Del Alcázar Martínez, Benjamin (2002). Los canales de distribución en el sector turístico. Editorial ESIC, Madrid.
Buhalis, Dimitrios y Law, Eric (2001). Tourism Distribution Channels: Patterns, Practices and Challenges. Thomson London
Song,Haiyan (2011). Tourism Supply Chain Management. Routledge
Blasco i Peris, Albert (2015). Transporte turístico. Editorial Sintesis. Madrid

Complementary Horner,Susan;Swarbrooke,John (2020). Consumer Behaviour in Tourism. Routledge
Voleger Ruiz, Carlos y Hernandez Armand, Enrique (2000). El mercado turístico: estructura, operaciones y procesos de producción. Editorial Universitaria Ramón Areces, Madrid.
De Pablo Redondo, Rosana (2004). Las nuevas tecnologías aplicadas al turismo. Editorial Universitaria Ramón Areces, Madrid.
Benckendorff, Pierre; Xiang, Zheng y Sheldon,Pauline (2019). Tourism Information Technology. CABI Tourism Texts


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Introduction to Tourism/662G01009

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.