Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Segundo Idioma Moderno I: Alemán Código 662G01047
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Alemán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Martín Cancela, Elena
Correo electrónico
elena.martin@udc.es
Profesorado
Martín Cancela, Elena
Correo electrónico
elena.martin@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia foi deseñada para dotar os futuros graduados duns coñecementos e habilidades mínimos necesarios para comprender e facerse comprender en situacións habituais da vida cotiá en países de fala alemá, así como para poder desenvolver unha conversación de temas cotiáns cunha persoa de fala alemá. Ademais proporcionaráselle ao alumnado uns coñecementos lingüísticos que lle permitan desenvolver as competencias lingüísticas mínimas (oral e escrita) para que sexan capaces de desenvolver tarefas en empresas do sector turístico con clientes de fala alemá ou outras empresas de países de fala alemá.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente.
A13 Manexar técnicas de comunicación.
A15 Traballar en inglés como lingua estranxeira.
A16 Comunicarse de forma oral e escrita nunha segunda lingua estranxeira.
A17 Comunicarse de forma oral e escrita nunha terceira lingua estranxeira.
A29 Traballar en medios socioculturais diferentes.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Comunicación oral e escrita en lingua nativa.
B3 Resolución de problemas.
B4 Razoamento crítico.
B5 Compromiso ético.
B6 Aprendizaxe autónoma.
B7 Adaptación a novas situacións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Consolidar as estruturas básicas da lingua alemá a nivel básico. A13
A16
A17
B1
B2
B3
B4
B6
C1
C2
C6
C7
Consolidar un léxico xeral básico para poder entrar en conversacións (de forma oral ou escrita) con persoas de fala alemá. A6
A13
A15
A16
A17
A29
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C4
C7
C8
Consolidar unhas nocións básicas de léxico e estruturas gramaticais propias do sector turístico. A13
A16
B1
B2
B4
B6
C1
C2
C5
C7
Coñecer os diferentes costumes, culturas e normas de comportamento nos países de fala alemá. A6
A13
A16
A29
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C2
C3
C4
C6
C7
Comprender e producir mensaxes orais e escritas a nivel básico en situacións tanto persoais coma relacionadas co campo do sector turístico con empresas e persoas de fala alemá. A13
A16
A29
B1
B6
B7
C2
C7

Contidos
Temas Subtemas
Grundlagen der deutschen Sprache Aussprache, Syntax, Groß- und Kleinschreibung, das Alphabet.
Begrüßung und Verabschiedung Vorlieben, Verbkonjugation, W-Fragen, Präpositionen "in, aus, nach".
Angaben zur Person und Berufe Verbkonjugation, Präpositionen "als, bei, mit", Ja-/Nein-Fragen, "doch", Wortbildung mit -in.
Gegenstände und Eigenschaften Definierte, indefinite und negative Artikel im Nominativ und Akkusativ; Nomen (Genus und Plural), Personalpronomen im Nominativ.
Freizeit, Jahreszeiten, Wochentage Verben "haben" und "möchten", definier, indefiniter und negativer Artikel im Akkusativ und Dativ.
Verben mit Vokalwechsel, trennbare Verben, "man", temporal Präpositionen "in, an, zu", Position 1 im Satz.
Familienwörter, Sprachen, Nationalitäten Possessivartikel, Personalpronomen im Akkusativ, Genitiv.
Lebensmittel, Verpackungen, Mengenangaben Modalverben, Satzklammer bei Modalverben, Nullartikel, Steigerung "gern".
Uhrzeiten, Tageszeiten, Monate Modalverben, temporale Präpositionen, das Futur.
Die Wohnung, Zimmer und Gebäude Lokale Präpositionen, Dativ, "legen-liegen, stehen-stellen, setzen-sitzen", Personalpronomen im Dativ.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba oral A6 A13 A16 A17 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C7 C8 5 15 20
Traballos tutelados A13 A15 A16 A29 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 3 24 27
Seminario A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 12 0 12
Obradoiro A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 6 20 26
Actividades iniciais A15 B1 B2 B3 C4 C6 3 1 4
Discusión dirixida A15 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C6 8 5 13
Prácticas a través de TIC B5 C3 C4 3 5 8
Lecturas B1 B2 B3 B5 B7 C3 C6 0 16 16
Proba mixta A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 2 18 20
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba oral Ao longo do curso realizaranse distintos exercicios de expresión e comprensión oral, mais unha proba nos últimos días do curso.
Traballos tutelados O alumno deberá realizar exercicios de expresión escrita relacionados con cada un dos temas tratados na aula. O número das devanditas redaccións e a súa extensión serán fixados semanalmente polo profesor.
Seminario Inclue as aulas teóricas e as prácticas. As teóricas servirán de marco para as segundas, nas que o alumnado desenvolverá as súas habilidades de comunicación, tanto oral coma escritas.
Obradoiro Cada un dos temas tratados levará asignado unha serie de tarefas e exercicios, a realizar na aula, destinados a consolidar e fixar os coñecementos explicados. As devanditas tarefas poderán ser ben orais ou escritas.
Actividades iniciais Trátase da primeira toma de contato coa lingua alemá, na que se realizarán diferentes aclaraciones e actividades dirixidas a obter información relevante sobre o alumnado e o seu nivel de partida na língua alemá, co fin de articular a docencia e favorecer a aprendizaxe eficaz e significativo.
Discusión dirixida Clases e actividades relacionadas coa práctica das destrezas orais. Faranse actividades nas que o alumnado, de xeito individual ou en grupo, pondrá en práctica a expresión e a comprensión orais. Será de especial relevancia a participación activa de todo o alumnado nestas sesións e serán tidas en conta para a calificación final da materia.
Prácticas a través de TIC Explicacións e uso de fermentas informáticas e novas tecnoloxías como apoio ao aprendizaxe da lengua alemá.
Lecturas O alumnado deberá consultar diferentes materiais fora da aula para a adquisición e asimilación dos contidos, así como para a correcta realización de diferentes actividades.
Proba mixta Ao final do curso realizarase 1 proba mixta final escrita que constarán de duas partes diferenciadas:
a.- Exercicios de gramática.
b.- Expresión escrita + Comprensión lectora.
Para superar a proba será necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada unha das partes (exercicios e expresión escrita+comprensión lectora).

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba oral
Traballos tutelados
Obradoiro
Discusión dirixida
Descrición
Previa á proba oral realizarase unha sesión conxunta cos alumnos na que o profesor responderá e orientase ao alumnado de cara á devandita proba.
Así mesmo os traballos tutelados irán acompañados de sesións breves (individuais ou en grupo) nas que se abordarán as problemáticas que vaian xurdindo ao longo do curso na realización das devanditas probas.
A final de curso terá lugar unha última sesión na que se responderán e aclararán todas as dúbidas que aínda puidese haber.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A6 A13 A16 A17 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C7 C8 A proba oral consistirá en actividades ao longo do curso na aula e máis un exercicio oral público tipo presentación e/o entrevista realizado nos últimos días do curso na aula. É obrigatorio para superar a materia. 10
Traballos tutelados A13 A15 A16 A29 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 É necesario ter entregado un mínimo do 80% dos traballos tutelados para que a cualificación destes se teña en conta na nota final da materia.
25
Obradoiro A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 Actividades da parte práctica e teórico-práctica (contidos gramaticais, expresión escrita e oral, comprensión lectora e oral, léxico, expresión e interacción oral).
Inclúe a valoración da asistencia ás clases presenciais.
5
Proba mixta A13 A16 A29 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C7 As probas mixtas constarán de dúas partes:
a.- Exercicios de contido gramatical.
b.- Expresión escrita e comprensión lectora.

Será necesario ter unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada unha das dúas partes das que consta a devandita proba para superar a proba. De non obterse unha nota mínima de 4 sobre 10 nalgunha das partes, a calificación da proba non poderá superar o 3.5 sobre 10.
É obligatorio obturen unha calificación de 4 sobre 10 nesta proba para superar-la materia.
60
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

-O alumnado deberá obturen unha calificación igual ou superior a 4 sobre 10 na proba mixta para supera-la materia.

-No caso de non superarse alguna das parte da proba mixta, a calificación final da materia non pode ser superior ao 4.5 sobre 10.

-O alumnado que non se presente a proba mixta ou a proba oral, será calificado como Non presentado. 

-O alumnado deberá ter entregado un mínimo dun 80% dos trabajos obrigatorios. 

 SEGUNDA OPORTUNIDADE E CONVOCATORIA ADIANTADA DECEMBRO:

-A avaliación en segunda oportunidade queda establecida nun 100% polo nota dunha proba mixta.

ALUMNADO CON EXCENCIÓN DE ASISTENCIA

- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "norma que regula o réximen de dedicación ao estudo dos estudantes de grado na UDC  (Arts. 2.3; 3.b e 4.5)" deberá entregar e facer as mesmas actividades e probas ue o resto do alumnado e na misma data. Poderá establecerse, de ser necesario, outra data para a proba oral.

- O porcentaxe na evaluación das actividades na aula, así coma a asistencia (Obradoiro), sumaranse ao dos Traballos Tutelados, quedando distribuidos os porcentaxes dcomo sigue: Proba oral (10%), Traballos Tutelados (30%), Proba Mixta (60%).

MEDIDAS DE APOIO Á DIVERSIDADE (ADI)

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que requira da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. Deberán contactar cos servizos dispoñibles nos prazos oficiais estipulados (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/).

Poderán pedir asesoramento ao profesorado, á Titora ADI da Facultade de Turismo e á Unidade de Atención á Diversidade (ADI): http://www.udc.es/cufie/adi/ (tel. 881015622; email: adi@udc.es).

Os traballos nos que se detecten prácticas ilícitas (emprego de tradutores automáticos para a elaboración de traballlos tutelados, plagio, etc.) serán calificados con 0.

Lembrase ao alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo no examen final está totalmente prohibida, e no caso de utilizar calquera soporte no permitido quedará automáticamente suspenso independentemente da nota do examen e outras probas.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dúas estudos de grao e mestrado universitario" artigo 14.



Fontes de información
Bibliografía básica Werner, G (2001). Grammatiktraining Deutsch. Langenscheidt
Cohen, U. (2001). Herzlich Willkommen. Deutsch im Restaurant und Tourismus. Lehrbuch. Langenscheidt
Borrueco, M (2000). Reisen. DaF für das Tourismusstudium. Lehrbuch.. Síntesis
Cohen, U. (2000). Zimmer frei. Deutsch im Hotel: Lehrbuch. Langenscheidt

Bibliografía complementaria Lemcke, Ch. & Rohrmann, L (2009). Berliner Platz 1 Neu. Langenscheidt
Rusch, P & Schmitz, H (2007). Einfach Grammatik. Übungsgrammatik Deutsch A1 bis B1. Langenscheidt
Castell, A (1997). Gramática de la lengua alemana. Idiomas
Castell, A (1997). Gramática de la lengua alemana: Ejercicios. Idiomas
Lemcke, C & Rohrmann, L (2006). Grammatik. Intensivtrainer A1. Langenscheidt
Cohen, U (2001). Herzlich Willkommen. Deutsch im Restaurant und Tourismus. Arbeitsbuch. Langenscheidt
Fandrych, C & Tallowitz, U (2008). Klipp und Klar. Gramática práctica del alemán. Klett
Al Dreyer, H & Scmitt, R (2000). Lehr- und Übungsbuch der deutschen Grammatik. Hueber
Corcoll, B & Corcoll, R (2006). Programm. Alemán para hispanohablantes. Ejercicios. Herder
Corcoll, B & Corcoll, R (2006). Programm. Alemán para hispanohablantes. Gramática. Herder
Borrueco, M (2000). Reisen. Deutsch als Fremdsprache für das Tourismusstudium. Arbeitsbuch. Síntesis
Cohen, U (2000). Zimmer frei. Deutsch im Hotel: Arbeitsbuch. Langenscheidt


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Segundo Idioma Moderno II: Alemán/662G01048
Segundo Idioma Moderno III: Alemán/662G01049

Observacións
Recomendase ao alumno que planifique o seu traballo ao longo de todo o curso seguindo a materia de forma continuada e realizando as tarefas indicadas en tempo e forma correctas. O esforzo continuo permitiralle levar a materia de forma cómoda, consolidar os novos coñecementos apoiándose nos anteriores e asumir un ritmo de traballo axeitado seguindo as pautas e indicacións do profesor. O estudo individual da materia deberá ir ao mesmo tempo co temario e actividades que se desenvolvan na aula. No caso do idioma alemán, debido á complexidade que supón para alumnos hispanofalantes recoméndase especialmente que se leve unha asimilación e estudo dos conceptos adecuado para evitar as présas e falta de tempo a final de curso. O alumno deberá ser capaz de relacionar os diferentes conceptos que se verán ao longo do curso para poder desenvolver as súas capacidades lingüísticas e comunicativas coa maior eficiencia posible. En todo momento se poñerán a disposición do alumno consellos e pautas de estudo que lle axuden nesta tarefa. Así mesmo recordar a posibilidade de acudir a titorías personalizadas ao longo do curso para resolver problemas ou dúbidas individuais do alumno.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías