Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Mitología Clásica Código 710G01079
Titulación
Grao en Humanidades
Descriptores Ciclo Periodo Curso Tipo Créditos
Grado 2º cuatrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Gallego
Modalidad docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinador/a
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://https://coruna.academia.edu/Jos%C3%A9CSantosPaz
Descripción general Os obxectivos docentes da materia Mitoloxía Clásica son dar a coñecer os principais mitos gregos e latinos e as distintas correntes teóricas que trataron de comprendelos e estudalos. Entendida como repertorio e estudo sistemático dos mitos antigos, a mitoloxía representa un aspecto fundamental nos estudos da cultura clásica desde diversos puntos de vista (histórico, antropolóxico, literario, etc.). A súa pervivencia e continua reinterpretación dos mitos ao longo do tempo, ata os nosos días, fan da mitoloxía clásica un referente fundamental da cultura occidental, que se manifesta en eidos tan diversos como a arte, a literatura, o cinema ou a música, entre outros. A todos estes aspectos presta atención a materia Mitoloxía Clásica, cuxo programa se estrutura en dúas partes: unha, máis teórica, que pretende comprender qué é o mito e como foi interpretado e outra centrada na análise dalgúns mitos gregos.

Competencias del título
Código Competencias del título
A1 Conocimiento de las producciones culturales de la Humanidad (Arte, Pensamiento, Literatura e Instituciones).
A2 Conocimiento del pasado desde un punto de vista diacrónico.
A7 Conocimiento sincrónico y diacrónico de diversas realidades culturales actuales.
A9 Conocimientos de lenguas y culturas clásicas.
A11 Conocimiento de técnicas y métodos de trabajo y análisis de las ciencias humanas y sociales.
A12 Uso correcto, oral y escrito, de las lenguas propias.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamiento crítico, lógico y creativo.
B4 Trabajar de forma autónoma con iniciativa.
B8 Comunicación oral y escrita en las lenguas propias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.

Resultados de aprendizaje
Resultados de aprendizaje Competencias del título
Coñecemento das producións culturais da Humanidade (Arte, Pensamento, Literatura e Institucións). A1
Coñecemento do pasado desde un punto de vista diacrónico A2
Coñecemento sincrónico e diacrónico de diversas realidades culturais actuais A7
Coñecemento de linguas e culturas clásicas A9
Coñecemento de técnicas e métodos de traballo e análise das ciencias humanas e sociais A11
Uso correcto, oral e escrito, das linguas propias A12
Aprender a aprender B1
Aplicar un pensamento lóxico, crítico e creativo B3
Traballar de forma autónoma con iniciativa B4
Comunicación oral e escrita nas linguas propias B8
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma C1

Contenidos
Tema Subtema
1. Definición de mito e mitoloxía. 1. O termo mýthos
2. Definición de mito.
3. Concepto de mitoloxía.
2. Características xerais dos mitos gregos. 1. Preminencia dos mitos heroicos.
2. Escaseza de elementos fantásticos e simplicidade temática: o mito de Heracles.
3. Mito e relixión na Grecia antiga. 1. Orixe, desenvolvemento e características da relixión grega.
2. Os deuses.
3. Relación entre mito e ritual: o caso de Krónos.
4. Tradición e fontes dos mitos gregos. 1. Fontes literarias e non literarias. As traxedias de Eurípides do ano 415 a. C.
2. Diferentes versións dos mitos: Meleagro en Homero e Pélope en Píndaro.
5. Historia da interpretación dos mitos 1. A Antigüidade: interpretacións alegóricas.
2. A Idade Media e o Renacemento: a Ecloga Teoduli.
3. A Ilustración.
4. O século XIX.
5. O século XX.
6. Metodoloxías actuais.
6. A Teogonía de Hesíodo. 1. A Teogonía: introdución xeral.
2. O mito hesiódico da creación.
3. Os protagonistas da cosmoloxía hesiódica e as fontes da Teogonía.
4. Interpretación da cosmogonía hesiódica.
5. O mito da sucesión divina.
6. Paralelos orientais do mito da sucesión.
7. Interpretacións do mito da sucesión.
8. Xigantomaquia e Tifonomaquia.
9. Os matrimonios de Zeus.
7. O mito hesiódico das idades e das razas e a interpretación estruturalista. 1. Versión hesiódica do mito.
2. Análise estruturalista de J.-P. Vernant.
3. Outras versións do mito.
8. Versións e interpretacións do mito de Prometeo e Pandora. 1. Fontes e versións do mito de Prometeo.
2. Pandora.
3. Interpretacións.
9. Versións e interpretacións do mito de Edipo 1. Fontes.
2. Os personaxes e os seus nomes.
3. Análise dos motivos e das versións.
4. Cronoloxía.
5. Interpretacións.
6. Tradición do mito de Edipo (arte, literatura, cinema).

Planificación
Metodologías / pruebas Competéncias Horas presenciales Horas no presenciales / trabajo autónomo Horas totales
Lecturas B1 0 15 15
Prueba mixta A12 2 15 17
Trabajos tutelados A11 A12 B1 B3 B4 B8 C1 0 12 12
Análisis de fuentes documentales B1 B3 B4 B8 C1 18 31.5 49.5
Sesión magistral A1 A2 A7 A9 A11 18 0 18
 
Atención personalizada 1 0 1
 
(*)Los datos que aparecen en la tabla de planificación són de carácter orientativo, considerando la heterogeneidad de los alumnos

Metodologías
Metodologías Descripción
Lecturas Textos que se comentarán nas sesións maxistrais e nas clases interactivas e que inclúen tanto fontes antigas como estudos modernos. A respecto das primeiras, dúas obras fundamentais para este curso son a Teogonía de Hesíodo e Edipo rei de Sófocles. Nas aulas indicaranse outros textos recomendados, así como as traducións dos mesmos (no caso de obras grecolatinas).
Prueba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas sobre contidos do programa.
Trabajos tutelados Traballos individuais dirixidos e tutelados polo profesor sobre un tema monográfico de escolla libre (en todo caso relacionado coa materia), elaborado de acordo coas normas habituais nos traballos académicos.
Análisis de fuentes documentales Exercicios de análise e de comentario baseado na consulta de fontes primarias e de bibliografía, a propósito dos diversos temas do programa. Os resultados das análises individuais serán obxecto de debate nas aulas interactivas.
Sesión magistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodologías
Trabajos tutelados
Descripción
Os traballos tratarán sobre algún mito clásico ou sobre calquera outro aspecto relacionado co programa. Nel os alumnos deberán tratar os aspectos máis relevantes (fontes, interpretación, tradición, etc.) e terán que demostrar a asimilación de conceptos, manexo da bibliografía e unha correcta exposición e presentación. O profesor fará un seguimento destes traballos e atenderá dúbidas sobre os mesmos no horario de titorías ou a través do correo electrónico.

Evaluación
Metodologías Competéncias Descripción Calificación
Prueba mixta A12 Responder correctamente a cuestións sobre o programa da materia nun exame escrito que se realizará na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade. 50
Trabajos tutelados A11 A12 B1 B3 B4 B8 C1 Entrega dos traballos individuais e boa calidade dos mesmos. 25
Análisis de fuentes documentales B1 B3 B4 B8 C1 Entrega dos comentarios e traballos de cada tema e discusión dos resultados nas aulas interactivas. Valórase a boa calidade dos traballos. 25
 
Observaciones evaluación

Establécense dúas modalidades de avaliación: 1) avaliación continua (50%) + avaliación final (50%), 2) avaliación final (100%).

A
avaliación final consistirá nun exame escrito que se realizará nas
datas das convocatorias oficiais aprobadas na Xunta de Facultade. Na
modalidade 1) quedarán excluídos do exame final os temas sobre os cales
se realizasen actividades de avaliación continua. Na modalidade 2) os
alumnos e alumnas examinaranse da totalidade do programa.

As
actividades de avaliación continua desenvolveranse nas clases
interactivas e consistirán en pequenos traballos sobre cuestións puntuais do programa. O
profesor indicará a
bibliografía necesaria para os alumnos desenvolveren a actividade. As
actividades serán individuais ou en grupo (segundo se indique) pero, en calquera caso, darán
lugar a un debate nas aulas. Xa que logo, non so se valorará a
elaboración dos traballos, senón a asistencia e a participación nas
aulas. Ademais, cada alumno/a deberá entregar un resumo do traballo que
fixo en cada actividade.

Outra actividade de avaliación continua
será un traballo tutelado sobre unha cuestión monográfica relacionada cos mitos clásicos e coa súa recepción. Quedan excluídos como temas dos traballos aqueles que se estuden nas aulas.


Os aspectos formais (corrección lingüística,
claridade na exposición, bibliografía correctamente citada, etc.)
teranse en conta na avaliación dos traballos.

En
caso de non superarse a materia en xuño, as cualificacións das
actividades de avaliación continua manteranse na convocatoria de xullo.

A
data de entrega dos traballos tutelados indicarase nas aulas. En
calquera caso, deberá ser unha data que permita cumprir os prazos de
avaliación previstos na normativa de avaliación, revisión e reclamación
das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario.













Fuentes de información
Básica Cooke, J. (2003). "Oedipus the Pharmakos and the psychoanalitics plague", Legacies of Plague in Literature, Theory and Film. Londres:Palgrave Macmillan
Norford, M. P. O.-Lenardon, R. J. (2003 (7ª ed.)). Classical Mythology. Oxford
Grimal, P. (2008 (reimpr.)). Diccionario de mitología griega y romana. Barcelona
Ruipérez, M. S. (2006). El mito de Edipo. Lingüística, psicoanálisis y folclore. Madrid
Kirk, G. S. (1990). El mito: su significado y función en las culturas antiguas. Barcelona
Bowlby, R. (2007). Freudian Mythologies. Greek Tragedy and Modern Identities. Oxford U. P.
Strauss Clay, J. (2003). Hesiod's Cosmos. Cambridge
Brisson, L. (2004). How Philosophers Saved Myths. Allegorical Interpretation and Classical Mythology. Chicago U. P.
Bremmer, J. (1990). Interpretations of Greek Mythology. London:Routledge
García Gual, C. (1992). Introducción a la mitología griega. Madrid
Panofsky, D.-Panofsky, E. (1975). La caja de Pandora: aspectos cambiantes de un símbolo mítico. Barcelona
Purificación Nieto, J. (1998). La mitología griega: introducción, Estudios Clásicos 114, 7-39.
Panofsky, E.-Saxl, F. (1990). La Mythologie classique dans l’art médiéval. Brionne
Kirk, G. S. (1974). La naturaleza de los mitos griegos. Barcelona
Seznec, J. (1983). Los dioses de la Antigüedad en la Edad Media y el Renacimiento. Madrid
Dumèzil, G. (1970). Los dioses de los indoeuropeos. Barcelona
Vernant, J.-P. (1985 (2ª ed.)). Mito y pensamiento en la Grecia antigua. Madrid
Eliade, M. (1968). Mito y realidad. Madrid
Vernant, J.-P. (1982). Mito y sociedad en la Grecia antigua. Madrid
Ruiz de Elvira, A. (1982). Mitología clásica. Madrid
Rose, H. J. (1973 (2ª ed.)). Mitología griega. Barcelona
Edmunds, L. (2006). Oedipus (Gods and Heroes of the Ancient World). London:Routledge
Kenaan, V. L. (2008). Pandora's Senses. The Feminine Character of the Ancient Text. Wisconsin
Luri Medrano, G. (2001). Prometeos: biografías de un mito. Madrid
Hawes, G. (2014). Rationalizing Myth in Antiquity. Oxford
Caldwell, R. S. (1993). The Origin of the Gods A Psychoanalytic Study of Greek Theogonic Myth. Oxford
Johnston, (2018). The Story of Myth. Cambridge MA-London
Eliade, M. (1974). Tratado de historia de las religiones. Madrid

Outras referencias bibliográficas e recursos útiles para o desenvolvemento da asignatura serán indicados ao longo do curso.

Complementária


Recomendaciones
Asignaturas que se recomienda haber cursado previamente

Asignaturas que se recomienda cursar simultáneamente

Asignaturas que continúan el temario

Otros comentarios


(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías