Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer os fundamentos básicos de xestión dunha empresa de téxtil/moda, tanto a nivel estratéxico como operativo e funcional. |
A2 |
Coñecer os aspectos da contorna que inflúen na evolución do mundo da moda e as súas empresas, con especial incidencia no impacto das cuestións económicas e legais. |
A7 |
Coñecer a realidade e os condicionantes sociais que inflúen no mundo da moda, con perspectiva de evolución histórica. |
A8 |
Ser capaz, con base no coñecemento do contorno social, de deseñar e pór en marcha estratexias de márketing eficaces, que consideren especialmente as variables de comunicación e distribución: mensaxes, medios, canles, relación co cliente etc... |
B1 |
Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B6 |
Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa en contornos interdisciplinares. |
B7 |
Capacidade para analizar tendencias (razoamento crítico). |
B8 |
Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións. |
B9 |
Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C7 |
Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C9 |
Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os conceptos básicos e principios da xestión empresarial |
A1
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9
|
C2 C3 C4 C5 C7 C9
|
Analizar a contorna e a realidade que rodea ás empresas de moda |
A2 A7 A8
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9
|
C1 C4 C5 C7 C8 C9
|
Identificar os principios de funcionamento dos diferentes subsistemas funcionais das empresas de moda |
A1 A8
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9
|
C4 C5 C7 C8 C9
|
Realizar, en equipos de traballo, unha análise preliminar da xestión empresarial dunha empresa de moda |
A1 A2
|
B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8
|
C2 C3 C9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
A empresa |
Concepto e natureza. A empresa como sistema
Funcións e obxectivos empresariais
Empresa e persoa empresaria
Tipos de empresas
Introdución aos enfoques de xestión empresarial
A contorna empresarial
Introdución á ética e á cultura empresarial. A Responsabilidade Social Corporativa
|
Subsistema directivo |
Introdución ás funcións directivas
A función de planificación. A planificación estratéxica
A función de organización
A función de dirección
A función de control
Introducción á xestión dos recursos humanos
|
Subsistema de operacións |
Definición e conceptos principais
Obxectivos e tipos de decisións
Tipos de procesos produtivos
Os custes e o cálculo do punto morto
|
Subsistema comercial ou de marketing |
Definición e conceptos principais
Segmentación, mercados obxectivo e posicionamento
O proceso de compra en moda
O marketing-mix: produto, prezo, promoción e distribución
|
Subsistema financeiro |
Definición e conceptos principais
A función financeira
A estrutura económico-financeira
Introdución ao resultado
Ratios
Fontes de financiamento
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba mixta |
A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B7 B9 C5 C9 |
2 |
35 |
37 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A8 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C7 C8 C9 |
3 |
26 |
29 |
Estudo de casos |
A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C2 C4 C5 C7 C8 |
5 |
15 |
20 |
Prácticas a través de TIC |
B1 B2 B7 B8 B9 C3 C9 |
5 |
10 |
15 |
Seminario |
A1 A2 A7 A8 B2 B4 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C9 |
3 |
3 |
6 |
Saídas de campo |
A1 A2 A7 A8 B2 B3 B4 C4 C5 C8 |
2.5 |
2 |
4.5 |
Solución de problemas |
A1 A7 A8 B3 B5 B7 B8 B9 C8 C9 |
4 |
10 |
14 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A7 B8 B9 C5 |
31.5 |
31 |
62.5 |
Foro virtual |
B5 C2 C3 C4 C9 |
0 |
5 |
5 |
Presentación oral |
B1 B2 B4 B6 B8 C2 C9 |
3 |
5 |
8 |
Discusión dirixida |
B3 B4 B7 B8 C2 C4 C9 |
4 |
6 |
10 |
Lecturas |
A1 A2 A7 B5 B9 C3 C5 |
0 |
11 |
11 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba mixta |
Exame parcial e exame final, que poderán combinar diferentes tipoloxías de preguntas (preguntas de resposta breve, preguntas de ensaio, exercicios prácticos e preguntas obxectivas ou tipo test). |
Traballos tutelados |
Análise en grupo dunha empresa de moda que será realizada ao longo do curso académico (especialmente durante o 2º cuatrimestre) e presentada na aula ao final deste. |
Estudo de casos |
Resolución, individual ou en grupo, dos casos propostos. Estes casos iranse detallando ao longo do curso, conforme ao plan de traballo. |
Prácticas a través de TIC |
Resolución de casos prácticos, de forma individual ou en grupo, a través de programas informáticos (ex. Excel). |
Seminario |
Realización de seminarios con profesionais expertos en temas da materia, sempre que sexa posible. |
Saídas de campo |
Visita a unha empresa de moda durante o 2º cuadrimestre, sempre e cando as condicións sanitarias o permitan. |
Solución de problemas |
Resolución de problemas de natureza teórica e práctica. |
Sesión maxistral |
Presentación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e da introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa fin de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Cada un dos temas irá precedido dunha contextualización, onde se detallarán os contidos que se verán en cada un deles, así como a súa relación con outras materias do Grao, dado o carácter introdutorio desta materia.
|
Foro virtual |
Existirán dous foros virtuais, a saber:
- Foro virtual de debate: canle que o alumnado poderá empregar para a proposta de debates e a participación nestes.
- Foro virtual de aprendizaxe: canle que o alumnado poderá empregar como espazo para o intercambio e a reflexión de aprendizaxes e a proposta de novas actividades. |
Presentación oral |
Presentación oral, de forma individual ou en grupo, de traballos realizados na aula ou de estudos de casos que deberán entregarse por escrito. |
Discusión dirixida |
Mediante esta dinámica abordaránse diferentes temáticas enfocadas a que o alumnado reflexione sobre diferentes aspectos da materia e adopte unha posición crítica. |
Lecturas |
Lecturas sobre diferentes temáticas para abordar e/ou profundar nas cuestións abordadas na aula. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Estudo de casos |
Foro virtual |
|
Descrición |
A atención personalizada descrita desenvolverase principalmente en torno ao traballo tutelado, e concíbese como momentos de traballo persoal co profesorado da materia para a atención e seguimento do traballo realizado por cada un dos grupos de traballo. Recoméndase a asistencia do alumnado a estas reunións, cuxa forma e momento concretos nos que terá lugar se indicarán ao longo do curso en función do plan de traballo da materia, estimándose que a primeira reunión cos grupos de traballo terá lugar ao inicio do segundo cuadrimestre. Con todo, durante o curso o alumnado poderá empregar as horas de titorías para aclarar dúbidas e cuestións sobre a materia.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grado na UDC" (Arts. 3.b e 4.5) realizará as súas actividades coa asistencia e participación nas dinámicas que se recollen nos apartados de "Planificación" e na "Atención personalizada", a través dos grupos de traballo que se conformen na materia. A actividade realizarase atendendo ás observacións de avaliación sobre a flexibilidade de asistencia-participación e os requisitos para superar a materia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A1 A2 A7 B8 B9 C5 |
Valorarase a asistencia e participación activas nas sesións maxistrais e nas actividades realizadas nas sesións interactivas (exemplo, participación en debates ou discusións dirixidas na aula, resolución de actividades, resposta a preguntas formuladas...). Poderán tamén realizarse pequenos cuestionarios, sen necesidade de previo aviso, sobre os contidos vistos ao remate dalgunha das sesións expositivas.
|
10 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A8 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C7 C8 C9 |
Avaliación do informe escrito e a presentación oral do traballo en grupo proposto. Esta avaliación será realizada entre iguais e polo profesorado da materia, do xeito que se detalla:
- Dominio de contidos específicos: manexo da terminoloxía específica, precisión e adecuación de contidos [30%]
- Expresión escrita e presentación formal: corrección ortográfica e gramatical, coherencia, cohesión, claridade expositiva, estrutura da información, capacidade de análise e síntese da información [20%]
- Xestión da información: suficiencia e relevancia de fontes bibliográficas consultadas, consulta de fontes adicionais [15%]
- Creatividade na forma e contido [5%]
- Presentación oral: claridade expositiva, precisión, exposición ordenada de ideas, capacidade de análise y síntese da información, capacidade de resposta a posibles preguntas [20%]
- Traballo cooperativo: puntuación que cada persoa integrante dun grupo de traballo outorga ao resto de integrantes do mesmo [10%]
|
20 |
Proba mixta |
A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B7 B9 C5 C9 |
Os exames parcial e final terán un peso dun 20 e un 25%, respectivamente, na nota final da materia.
O exame parcial terá un carácter voluntario, polo que o alumnado que decida non presentarse a este, deberá presentarse ao exame final, que terá un peso do 45% na nota final da materia. Igual condición rexe para o alumnado que suspenda o exame parcial. |
45 |
Estudo de casos |
A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C2 C4 C5 C7 C8 |
Avaliación dos casos propostos e realizados individual ou grupalmente.
Nalgúns dos casos propostos (a especificar durante o curso en función do plan de traballo proposto) a avaliación realizarase por pares.
No estudo de casos valorarase a coherencia e adecuación das respostas ás preguntas formuladas, a presentación formal e a expresión escrita, a consulta de fontes bibliográficas...
|
20 |
Foro virtual |
B5 C2 C3 C4 C9 |
Participación activa nos foros: (a) no foro virtual de debate valorarase a proposta de temas para debate ou a participación nos debates xa iniciados, as iniciativas propostas...; (b) no foro de aprendizaxe, valorarase a participación respostando ás dúbidas formuladas polo alumnado.
|
5 |
|
Observacións avaliación |
Criterios de avaliación Segunda oportunidade
Para poder aprobar a materia, tanto na primera como na segunda oportunidade de avaliación, será preciso obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 na proba mixta e no traballo tutelado. En caso de non cumprirse este requisito, a cualificación final será de "Suspenso", aínda cando a nota media de todas as actividades a avaliar outorgase unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Se un/a alumno/a que ten liberada unha parte da materia non consegue aprobar a materia no seu conxunto nas datas oficiais dos exames da primeira e segunda oportunidade, a súa cualificación final será de "Suspenso". No seguinte curso académico, o/a alumno/a poderá gardar a nota daquelas probas que ten superadas (sempre e cando obtivese unha puntuación igual ou superior a 5 puntos sobre 10), se así o desexa, e sempre e cando informe ao profesorado da súa decisión nas dúas primeiras semanas de clase. Esta condición solo rexerá durante o curso académico seguinte; a partires de aí, non se gardará ningunha nota. Convocatoria adiantada
Se houbese alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro (Art. 19 "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grado e mestrado universitario"), dado que esta materia ten un carácter anual, o alumnado que se presente a esta convocatoria unicamente deberá realizar a proba mixta (70% da nota) e o traballo tutelado (30% da nota). O traballo tutelado deberá realizarse de xeito individual. Para poder superar a materia, será preciso obter unha cualificación final igual ou superior a 5 puntos sobre 10, sempre e cando o alumnado obtivese unha puntuación igual ou superior a 4 sobre 10 en cada unha das metodoloxías sometidas a avaliación. Cualificación '"Non presentado"
Será cualificado con "Non Presentado" o alumnado que non asista ao exame final que terá lugar na data establecida no calendario oficial de exames da facultade. Este criterio aplicará tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación, así como na convocatoria adiantada. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá comunicar ao inicio do curso a súa situación ao profesorado da materia, á fin de establecer un plan e calendario de traballo. O sistema de avaliación será o seguinte: proba mixta (60%), traballos tutelados (20%) e estudo de casos (20%). O traballo tutelado deberá realizarse en grupo. Información adicional
O comportamento fraudulento en calquera dos apartados sometidos a avaliación suporá a cualificación de "Suspenso (0)" na avaliación final. Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información (móbiles, reloxos intelixentes...).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
LUECKE, R. (2012). Finance for Managers . Boston, Mass: Harvard Business Review Press [Disponible en EBSCO FULL TEXT Finder]
ROBBINS, S.P., DE CENZO, D.A., COULTER, M.A. (2017). Fundamentals of Management: Essential Concepts and Applications. Pearson
RUBIO DOMÍNGUEZ, P. (2012). Introducción a la gestión empresarial. B-EUMED. [Disponible en E-Libro]
MAYNAR, P., BAÑEGIL, T., GALERA, C. (2008). La Economía de la Empresa en el Espacio de Educación Superior. Madrid: McGraw-Hill
SAVIOLO, S., TESTA, S. (2007). La gestión de las empresas de moda. Barcelona: Gustavo Gili
KOTLER, P.T., KELLER, K.L. (2016). Marketing Management. Pearson |
O profesorado da materia poderá
proporcionar bibliografía adicional en cada un dos temas. |
Bibliografía complementaria
|
CASTILLO A.M. (Dir.), ABAD, I.M., AGUIRRE, J.M., GARCÍA, J., MORENO, F., RASTROLLO, Mª.A. (2003). Introducción a la Economía y Administración de Empresas. Pirámide
https://www.modaes.com/ (). Modaes.
BREALEY, R.A., MYERS, S.C., ALLEN, F. (2018). Principles of corporate finance. McGraw-Hill
https://www.businessoffashion.com/ (). The Business of Fashion.
BURNS, L.D., MULLETT, K.K. (2016). The Business of Fashion. Designing, Manufacturing, and Marketing. Bloomsbury Publishing Inc.
CHOW, S. (Ed) (2018). The Fashion Business Manual: an illustrated guide to building a fashion brand . Fashionary International Ltd
DILLON, S. (2018). The Fundamentals of Fashion Management. Bloomsbury Visual Arts |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Xestión da Cadea de Subministración de Moda I: Aprovisionamento/710G03005 | Fundamentos de Economía: Industria da Moda/710G03003 |
|
Materias que continúan o temario |
Dirección Estratéxica da Empresa de Moda/710G03030 | Taller 1: Plan de Empresa de Moda/710G03032 | Modelos e Técnicas de Simulación Empresarial: Xogo de Empresa/710G03026 | Xestión da Cadea de Subministración de Moda II: Xestión de Operacións/710G03017 | Recursos Humanos e Habilidades de Xestión en Empresas de Moda/710G03020 | Márketing e Investigación de Mercados de Moda/710G03012 | Sistemas e Tecnoloxías da Información/710G03013 | Xestión Contable e Financeira na Empresa de Moda/710G03015 |
|
Observacións |
Esta é unha materia de
carácter introdutorio na que non se precisan coñecementos previos.
Recoméndase a revisión e seguimento do curso da materia no campus virtual, onde
se deixarán os materiais e se informará das actividades a realizar. Tamén se recomenda a lectura frecuente da prensa económica e a asistencia ás clases interactivas con ordenador portátil ou tableta electrónica. Os traballos da materia entregaranse a través da aula virtual, en soporte dixital; e se non é posible, recoméndase a impresión en papel reciclado, a dobre cara e evitando o uso de materiais plásticos. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos,...). Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|