Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Deseño de Moda Código 710G03010
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Muñiz Núñez, Patricia
Correo electrónico
patricia.muniz@udc.es
Profesorado
Muñiz Núñez, Patricia
Correo electrónico
patricia.muniz@udc.es
Web http://ddm.materias.udc.gal/
Descrición xeral Aproximación xeral ó deseño de moda, dende a historia e a cultura, con referentes adecuadamente contextualizados, ata as novas tendencias. Análise do proceso de investigación i experimentación creativa, do desenrolo do proxecto, da expresión gráfica, o prototipado básico de prendas e as diferentes técnicas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Coñecer e manexar as ferramentas necesarias para a realización, conceptualización e lanzamento de coleccións.
A18 Coñecer as linguaxes plásticas e visuais no ámbito do deseño da industria da moda, para entender e interpretar as creacións artísticas de prendas de moda.
B1 Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B7 Capacidade para analizar tendencias (razoamento crítico).
B8 Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións.
B9 Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións.
B10 Capacidade de comprensión da dimensión social e histórico-artística do deseño e a industria da moda, vehículo para a creatividade e a busca de solucións novas e efectivas.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e manexar as ferramentas para a realización, conceptualización e lanzamento de coleccións. A6
A18
B1
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B9
B10
C3
C8
Coñecer as linguaxes plásticas e visuais no ámbito do deseño da industria da moda, para entender e interpretar as creacións artísticas de prendas de moda. A6
A18
B1
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B9
B10
C3
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Iniciación ó deseño en moda
- Deseño: funcións, técnicas, actitudes, ideas e valores
- A linguaxe da moda. A moda como sistema de comunicación non verbal e soporte de comunicación social.
- Referentes e contextos determinantes
2. O proceso creativo - A inspiración
- Moodboard/ mapas conceptuais
- Bosquexos e debuxo en detalle
- Aproximación a cores e materiais
- Documentos técnicos
- Prototipado
- Confección final
3. Identidade - Procesos de configuración de identidade
- Identidade cultural a través da moda e o seu poder transformador
4. Cores - Psicoloxía da cor
- Teorías. Círculo cromático e harmonías
- Carta de cores
- Aplicación á moda
5. Materiais - Tecidos e técnicas. Estilo, estética, ergonomía, funcionalidade, durabilidade, psicoloxía e posibilidades expresivas.
- Innovación e tecnoloxía
6. Reciclaxe e sustentabilidade - A influencia dos procesos de deseño e produción na sustentabilidade da moda. Fast fashion / Slow fashion. Zero waste.
7.Técnicas de deseño experimental - Deconstrucción e transformación de volumes - Uso de novos materiais - FabTextiles- Cultura dixital experimental. Ferramentas de fabricación dixital.
8. Contextos interdisciplinais

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A6 A18 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C3 C8 21 20 41
Obradoiro A6 A18 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C3 C8 10 25 35
Traballos tutelados A6 A18 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 C3 6 40 46
Eventos científicos e/ou divulgativos B2 B4 B8 B9 B10 C8 4 10 14
Proba obxectiva A6 A18 B1 B3 B4 B5 B7 B9 B10 C3 C8 2 10 12
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas e exposicións orais complementadas co uso de medios audiovisuais, coa finalidade de transmitir ó alumnado as bases fundamentais dos coñecementos e facilitar a súa aprendizaxe.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Traballos tutelados Como complemento ás clases expositivas e interactivas, e có obxecto de promover a aprendizaxe autónoma e grupal. Os estudantado desenvolverá continuadamente traballos prácticos de tipo analítico en diversos formatos baixo a tutela do profesorado.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
Proba obxectiva Plantexaranse cuestións sobre o temario para ser respondidas en papel tanto de forma escrita en formato test, extenso ou gráfico

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para o seguemento e supervisión das actividades non presenciais vinculadas ós traballos tutelados

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 A18 B1 B3 B4 B5 B7 B9 B10 C3 C8 Plantexaranse cuestións sobre o temario para ser respondidas en papel tanto de forma escrita en formato test, extenso ou gráfico.

Esta proba poder ser sustituida por diferentes probas individuais que se realizarán durante o curso a modo de evaluación continua.
30
Traballos tutelados A6 A18 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 C3 Como complemento das clases expositivas e das interactivas, e co obxecto de promover a aprendizaxe autónoma e grupal. Os estudantado desenvolverá continuadamente traballos prácticos de tipo analítico en diversos formatos baixo a tutela do profesorado. 70
 
Observacións avaliación

1. Avaliación . Para superar a materia o alumnado terá dúas oportunidades: 


- Primeira oportunidade – Na primeira delas será avaliado polos resultados dos traballos individuais e grupais do taller. No caso de non superar os individuais deberá presentarse á proba mixta de tipo teórico-práctica según o calendario oficial (Xaneiro).

 - Segunda oportunidade – no caso de non superar a avaliación na primeira oportunidade o almuno poderá facer uso da segunda oportunidade, según calendario oficial, que consistirá nunha proba mixta de tipo teórico-práctica. 

2.- Convocatoria adiantada. Os alumnos que teñan dereito á oportunidade adiantada deberán presentarse a unha proba mixta de tipo teórico-práctica nas datas que estableza o calendario académico.

3.- Calificación de non presentado.

Non entregar os traballos grupais nas datas designadas implica unha calificación de “Non presentado” 

4.- Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. 

A asistencia é obrigatoria cando menos a un 80% das sesións que compoñen o curso. Sen este requisito, o alumnado non poderá aprobar por curso a materia. Queda excluído deste requisito o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académicade exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIMEDE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" (Arts. 2.3; 3.b e4.5) (29/5/212). 


Matrícula tardía. As persoas matriculadas con posterioridade a o inicio do curso académico deberán asistir ás clases teóricas e prácticas dende a data da súa matrícula, tendo a posibilidade de recuperar as prácticas realizadas até a data. 

O resto de regras que non entren en contradición coas anteriores seranlles de aplicación do mesmo xeito que ó resto de estudantes.  

Aqueles estudantes que participen programas de mobilidade saínte ou entrante adaptaranse ás mesmas normas que o resto do estudantado.

Plaxio. No relativo ao plaxio
se atenderá ao indicado no Art. 14º das Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.

Fontes de información
Bibliografía básica

Díaz Sánchez, Julián. Arte, diseño y moda: confluencias en el sistema artístico. (Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha, 2012).

Jenkyn Jones, Sue. Diseño de moda. (Barcelona: Blume SL, 2013)

Lurie, Alison. El lenguaje de la moda. (Barcelona: Paidos Iberica 2013)

Meadows, Toby. Crear y gestionar una marca de moda. (Barcelona: Blume 2009)

Renfrew,C. Renfrew, E. Creación de una coleccion de moda. (Mexico: GG 2010)

Seivewright, Simón. Diseño e investigación. (Mexico: GG 2013)

Smith, Alison. Confección de prendas de vestir. (Barcelona: Blume, 2013)

Sorger, Richard and Udale, Jenny. The fundamentals of fashion design. (Bloomsbury Academic, 2017)

Sposito, Stefanella. Los tejidos y el diseño de moda. Guía de referencia, características y uso delos principales tejidos. (Barcelona: Hoaki Books, SL)

Steel, Valerie and Menkes, Suzi. Fashion Designers A-Z. (Taschen, 2018)

Udale, Jenny. Diseño textil. Tejidos y técnicas. (Barcelona: Gustavo Gili SL, 2008, 2014)

Viaseca, Estel. Desfiles de moda. Diseño, organización y desarrollo. (Barcelona: Promopress, 2010)

Volpintesta, Laura. Fundamentos del diseño de moda: los 26 principios que todo diseñador de moda debe conocer (Barcelona: Promopress, 2015).

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Debuxo e Expresión Gráfica Aplicados á Moda/710G03006
Fundamentos de Deseño Artístico da Moda/710G03002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Estética, Estilismo e Padronaxe/710G03016

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías