Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer os fundamentos básicos de xestión dunha empresa de téxtil/moda, tanto a nivel estratéxico como operativo e funcional. |
A2 |
Coñecer os aspectos da contorna que inflúen na evolución do mundo da moda e as súas empresas, con especial incidencia no impacto das cuestións económicas e legais. |
A16 |
Incorporar criterios de sostibilidade nos procesos de toma de decisión da empresa (e por extensión aos mercados de moda). |
A17 |
Saber implantar programas de responsabilidade social corporativa (nos mercados de moda). |
B1 |
Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B6 |
Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa en contornos interdisciplinares. |
B8 |
Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións. |
B9 |
Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables. |
C7 |
Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C9 |
Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analizar, comprender e aplicar criterios de sustentabilidade en todas as áreas da cadea de valor da industria da moda e as súas empresas para a toma de decisións estratéxicas e operativas.
Extender a sustentabilidade cara a unha aplicación de responsabilidade social en todos os ámbitos da compañía, así como nas súas relacións cos grupos de interese. |
A1 A2 A16 A17
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9
|
C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9
|
Comprender a importancia da xestión da cadea de valor como elemento estratéxico das empresas da industria da moda e a súa relevancia para as áreas de negocio.
Comprender a importancia da sustentabilidade como enfoque para xerar valor económico, social e ambiental que contribúa ao benestar a longo prazo da sociedade. |
A1 A2 A16 A17
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9
|
C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
PARTE I. XESTIÓN DA CADEA DE VALOR DA INDUSTRIA DA MODA. |
01. Cadea de valor: concepto, elementos e xestión estratéxica.
02. Cadea de valor da industria da moda e as súas empresas.
03. Xestión da cadea de valor e sustentabilidade. |
PARTE II. O MODELO DE MODA CIRCULAR. |
04. Moda circular: materiais, procesos, sistemas e produción.
05. Moda circular: deseño circular e pensamento no deseño.
06. Moda circular: comunicación, mercadotecnia e valores.
07. Moda circular: mercados e persoas de consumo sostible. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A1 A2 C2 C4 |
3 |
0 |
3 |
Lecturas |
A1 A2 A16 A17 B5 B9 C2 C5 C8 |
5 |
0 |
5 |
Proba de resposta múltiple |
B1 B5 B9 C6 C9 |
2 |
25 |
27 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A16 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 |
25 |
45 |
70 |
Presentación oral |
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 |
15 |
20 |
35 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Para familiarizarse cos estudos de caso presentados por profesionais da materia, os estudantes tamén deben asistir a actividades prácticas complementarias (conferencias, seminarios, talleres, etc.). Deberían reflexionar sobre o contido e producir unha análise, que será sometida a avaliación. |
Lecturas |
Para complementar as conferencias, facilitaranse análises, textos e lecturas e / ou tarefas prácticas baseadas nunha variedade de temas. Os estudantes deben traballar en grupo para responder a preguntas establecidas. |
Proba de resposta múltiple |
Proba individual ou proba de elección múltiple. Cada resposta incorrecta diminuirá a puntuación da proba. |
Sesión maxistral |
Os contidos do programa teórico da materia presentaranse en sesións maxistrais, normalmente coa axuda de medios audiovisuais. As diapositivas utilizadas poranse a disposicón dos estudantes. O profesor supervisará a asistencia á sesión. A asistencia regular é unha obriga no procedemento de avaliación. |
Presentación oral |
Nas clases prácticas, o grupo designado polo profesor deberá presentar as actividades sinaladas e o traballo / proxecto correspondente en grupo. Os membros do grupo deberán responder ás preguntas formuladas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Presentación oral |
|
Descrición |
Os estudantes poderán facer calquera pregunta mentres traballan nos estudos de caso ou nas lecturas que deben presentar. Tamén poden facer preguntas sobre temas explicados na clase. O profesor ten asignada dispoñibilidade para realizar tutorías.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise a adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Humanidades. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A1 A2 A16 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 |
ASISTENCIA: 10% da nota final.
A asistencia ás sesións maxistrais, así como a clases prácticas, representarán o 10% da nota final. Tamén se valorará a asistencia en función da participación na clase (debate, pregunta, resposta, opinión razoada). |
10 |
Proba de resposta múltiple |
B1 B5 B9 C6 C9 |
PROBA DE OPCIÓNS MÚLTIPLES: 50% da nota final.
Test ou proba de elección individual. Cada resposta incorrecta reducirá a puntuación final. |
50 |
Presentación oral |
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 |
LECTURAS E PRESENTACIÓN ORAL: 40% da nota final.
Presentaranse informes orais sobre as lecturas, análises bibliográficas e traballos prácticos, así como a realización dun proxecto final ou traballo. Faranse en grupo.
Os criterios de avaliación inclúen comprobar a inclusión e aplicación da parte teórica, a calidade e claridade da presentación, a precisión e calidade das respostas, a calidade das fontes primarias e secundarias utilizadas e a revisión da literatura correspondente. |
40 |
|
Observacións avaliación |
Avaliación 1a Oportunidade.
No desenvolvemento da parte práctica (traballs/proxectos en equipo) (40% nota) serán avaliad@s: aplicación das bases teóricas, calidade de presentación, precisión e claridade de exposición e calidade das respostas, fontes primarias e secundarias usadas e revisión bibliográfica.
Para a avaliación da parte teórica recurrirase a un exame tipo test (proba obxecta de múltiple resposta) (50% nota) con varias alternativas de resposta, onde os erros restarán puntuación para evitar o "efecto lotería". A fórmula é NOTA = (respostas correctas x 1) - (erros/k-1), con k= numero de opcións de resposta. Os puntos obtidos netos trasladanse a unha nota en escala 0-10.
Dedicación a tempo parcial e dispensa académica (exención de asistencia): no caso de alumn@s con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregaránse as plataformas Moodle e MS Teams, así como o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo. Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de fechas compatible coa súa dedicación.
O proceso de avalaición de 2a oportunidade é exactamente o mesmo que para a 1a oportunidade: gárdase a nota práctica (obtida nos traballos/proxectos) e @ alumn@ fará un novo exame tipo test, de idénticas características ás descritas anteriormente.
En caso de convocatoria extraordinaria, a avaliación será únicamente con exame tipo test (proba obxecta de múltiple resposta) (100% nota) con varias alternativas de resposta, onde os erros restarán puntuación en base á formula PUNTOS NETOS = (respostas correctas x 1) - (erros/k-1) con k= numero de opcións de resposta. Os puntos netos obtidos netos trasladanse a unha nota en escala 0-10.
Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado, non concorrese ás distintas actividades de avaliación (continua/practica e/ou exame/test) que se establezan para o curso académico.
PLAXIO/COPIA. A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na
correspondente convocatoria, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación da convocatoria extraordinaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Fletcher, K. and Grose, L. (2012): “Fashion and Sustainability: Design for Change”, Laurence King Publishing, London (UK).
Gardetti, M. A. and Torres, A. L. (2013): “Sustainability in Fashion and Textiles: Values, Design, Production and Consumption”, Greenleaf Publishing, Sheffield (UK).
|
Bibliografía complementaria
|
|
Burns, L. D. (2019): “Sustainability and Social Change in Fashion”, Fairchild Books, Bloomsbury Publishing Plc, London (UK).
Little, T. (2018): “The Future of Fashion: Understanding Sustainability in the Fashion Industry”, New Degree Press, Potomac (USA).
Black, S. (2013): “The Sustainable Fashion Handbook”, Thames & Hudson, London (UK). |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda/710G03004 | Xestión da Cadea de Subministración de Moda I: Aprovisionamento/710G03005 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Xestión da Cadea de Subministración de Moda II: Xestión de Operacións/710G03017 |
|
Materias que continúan o temario |
Xestión da Cadea de Subministración de Moda III: Loxística e Transporte/710G03019 |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostido e cumprir co obxetivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do Plan de Acción Green Campus Ferrol a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia se solicitarán en formato virtual e/o soporte informático (a entrega farase a través de moodle ou email, en formato dixital sin necesidad de imprimilos). En caso de ser necesario realizalos en papel: non se empregarán plásticos, as impresións serán dobre cara, utilizarase papel reciclado, evitarase a impresión de borradores e debderase ter enb conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos personais e profesionais. Incuirase a perspectiva de xénero na materia, na linguaxe, nas intervencións, na identificación, modificación e corección de prexuizos sexistas e/ou discriminación de xénero. Facilitarase a plena integración do alumnado/profesorado con diversidade funcional. |
|