Criterios de avaliación
Segunda oportunidade
Os
criterios de avaliación en segunda oportunidade serán os mesmos que en
primeira. O alumno terá unha segunda oportunidade para realizar a proba mixta e
a proba práctica. Se a cualificación do alumno en primeira oportunidade
nalgunha das dúas probas é superior a 4, non será necesario que repita a proba
e daráselle a opción de conservar a nota obtida previamente.
Convocatoria adiantada.
Se
houbese alumnado que quixese presentarse á convocatoria adiantada de decembro
(Art. 19 "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións
dos estudos de grao e máster universitario"), o alumnado que se presente a
esta convocatoria deberá realizar a proba mixta (35% da nota), a proba práctica
(35% da nota), e os traballos tutelados (30% da nota).O traballo de curso deberá
realizarse de forma individual.
Para
poder aprobar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade de
avaliación, será preciso obter unha nota mínima de 3,5 puntos sobre 10 na parte
de proba mixta e a proba práctica, incluso se a nota media das actividades fora
maior a 5 (nese caso a nota será de SUSPENSO 4,5).
Cualificación “non presentado”
Asignarase
a cualificación "Non Presentado" ás persoas que non se presenten ao
exame final (proba práctica e proba mixta) en primeira oportunidade, segunda
oportunidade ou convocatoria adiantada.
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia
O
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia deberá comunicar ao comezo do curso a súa situación
ao profesorado da materia, para así poder establecer un plan e calendario de
traballo. O sistema de avaliación será o seguinte: proba mixta (35%), proba
práctica (35%) e traballos tutelados (30%).
Nota mínima
Para
poder aprobar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade de
avaliación, será preciso obter unha nota mínima de 3,5 puntos sobre 10 na parte
de proba mixta e a proba práctica, incluso se a nota media das actividades fora
maior a 5 (nese caso a nota será de SUSPENSO 4,5).
Para poder aprobar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación, requerirase unha asistencia mínima do 80% das clases salvo causa xustificada. En caso de que a nota media sexa de 5 ou superior, a cualificación do alumno que non cumpla este criterio será de 4,5 SUSPENSO. O alumnado con dedicación a tempo parcial non estará suxeito a este requerimento.
Información adicional.
O
comportamento fraudulento en calquera dos apartados sometidos a avaliación
supoñerá a cualificación de "Suspenso (0)" na avaliación final, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. Está
prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de
avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou
almacenamento de información (móbiles, reloxos intelixentes...).