Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A8 |
CE8 - Dominar os distintos métodos de representación de datos, información e coñecemento que garanta a súa recuperación eficiente |
A13 |
CE13 - Coñecer e dominar as técnicas e normativas para a creación e autenticación, reunión, selección, organización, representación, preservación, recuperación, acceso, difusión, intercambio e avaliación de recursos e servizos de información |
A14 |
CE14 - Aplicar as disposicións e procedementos legais e regulamentarios relacionados coa actividade de información e documentación en xeral e no ámbito dixital en particular |
A15 |
CE15 - Coñecer e asumir a perspectiva ética e os valores deontolóxicos da xestión da información no seu conxunto e do ámbito dixital en particular |
A18 |
CE18 - Dominar e aplicar criterios de selección, adquisición, conservación e eliminación de documentos e información que permitan organizar coleccións de documentos de toda natureza |
A19 |
CE19 - Determinar e aplicar métodos, medidas e técnicas deseñadas para ordenar, protexer, conservar e restaurar datos, información e documentos de diferente natureza |
B2 |
CB2 - Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en ambientes novos ou descoñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B3 |
CB3 - Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de facer xuízos a partir de información que, estando incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre responsabilidades sociais e éticas relacionadas coa aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B4 |
CB4 - Saber comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e os motivos finais que os sustentan- a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades |
B6 |
CG1 - Capacidade de cooperación, traballo en equipo e aprendizaxe colaborativa |
B7 |
CG2 - Capacidade de reflexión e razoamento crítico |
B8 |
CG3 - Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos, información e operacións |
B9 |
CG4 - Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións |
B10 |
CG5 - Capacidade para traballar nun contexto global e internacional |
B11 |
CG6 - Capacidade para comprender a importancia, valor e función da xestión dixital da información e documentación na actual sociedade das TIC |
C3 |
CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía que respecta a cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero |
C6 |
CT6 - Desenvolver a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento ambiental, económico, político e social sostible |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e comprender a terminoloxía da materia.
|
A8
|
|
|
Identificar os factores de deterioro dos soportes documentais.
|
A13
|
B2 B3
|
|
Determinar o estado de conservación dos documentos.
|
A14
|
B4 B9
|
|
Coñecer e seleccionar os sistemas idóneos de instalación, almacenamento, exposición e reprodución documental.
|
A19
|
B6 B8
|
|
Planificar as condicións que garanten a integridade dos documentos.
|
A18
|
B7 B10
|
C3
|
Aplicar as directrices e boas prácticas para a preservación dixital. |
A15
|
B11
|
C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Marco conceptual e estado actual da conservación e preservación da información |
-Marcos conceptuais
-Marcos socioeconómicos e tecnolóxicos |
Conservación e preservación das coleccións patrimoniais e coleccións especiais
|
-A avaliación das coleccións
-A dixitalización das coleccións |
Preservación dixital
|
-A preservación dixital
-Xestión e aspectos tecnolóxicos
-Estratexias de preservación |
Metadatos de preservación
|
-Metadatos e tipoloxías
-Metadatos para a preservación dixital
-Modelo Premis |
Xestión de desastres en unidades de información |
-Plan de xestión de desastres:
prevención, preparación, reacción e recuperación |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A13 B2 B4 B6 |
25 |
0 |
25 |
Portafolios do alumno |
A8 A14 A15 A18 A19 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C3 C6 |
25 |
47 |
72 |
Proba mixta |
A8 B3 B4 B7 |
2 |
47 |
49 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral por parte da profesora, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir os coñecementos fundamentais da materia e facilitar a aprendizaxe.
Fundamentarase na exposición de contidos teóricos, a visualización de exemplos e a resolución de dúbidas por parte da profesora. |
Portafolios do alumno |
Carpeta de traballo do alumnado que debe entregar periodicamente e no prazo estipulado á profesora coas distintas actividades plantexadas: resumos e análises de lecturas, exercicios prácticos, reflexións críticas e estudos de caso. |
Proba mixta |
Proba que pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación sobre os contidos teóricos e prácticos da materia para a avaliación dos coñecementos adquiridos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Proba mixta |
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
Resolver dúbidas, ampliar formulacións, suxerir actividades e distintas formas de traballo que axuden ao alumnado na súa aprendizaxe. Motivar á participación. Seguimento personalizado e constante de cada unha das tarefas desenvolvidas polos/as alumnos/as.
Na medida do posible, intentarase facilitar a atención personalizada a aquel alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A8 B3 B4 B7 |
Cuestionarios de avaliación de cada tema da materia:
Avalíanse o número de erros e acertos de cada cuestionario. No caso das preguntas de resposta breve ademáis os contidos das mesmas: a adecuación ás preguntas realizadas, a capacidade de argumentación, o emprego da terminoloxía, a expresión escrita, a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), a creatividade e o espírito crítico.
Os/as alumnos/as deberán revisar e razoar previamente todo o contido da documentación relacionada cos temas/subtemas da materia para dar resposta a cada cuestionario, podendo empregar dita documentación para a súa realización.
Os cuestionarios deberán completarse de xeito síncrono en liña, a través de Forms, e nun tempo determinado. Fóra do tempo establecido non serán avaliados.
|
50 |
Portafolios do alumno |
A8 A14 A15 A18 A19 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C3 C6 |
Valórase a adecuación do traballo dos/as alumnos/as aos temas propostos para cada actividade, o contido, con especial interese nas achegas do alumnado, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación. En cada unha das actividades valórase, polo tanto, a capacidade de análise e resolución de problemas, as habilidades informativas e a expresión oral e escrita. Ademáis do esforzo e dedicación demostrados polo alumnado.
Entregarase cada actividade na data indicada pola profesora.
Non se avaliarán as actividades presentadas fóra de prazo ou aquelas que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración. |
50 |
|
Observacións avaliación |
Requisitos imprescindibles: -Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, é dicir, se un/unha alumno/a non supera o portafolios non se lle avaliará a proba mixta e viceversa. -Para superar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo é preciso realizar nos tempos indicados todas as actividades propostas. -O alumnado que non entregue ou non supere o portafolios completo e todos os cuestionarios, xunto co alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados nos exames oficiais (primeira e segunda oportunidade) dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 100%), non podendo utilizar ningún material adicional. -A realización fraudulenta dos cuestionarios ou do portafolios implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Paz Enrique, Luis Ernesto (2020). Conservación preventiva de documentos en archivos y bibliotecas: experiencias, metodológicas y políticas. Villa Clara, Cuba: Editorial Feijóo
Argerich Fernández, Isabel, et al. (2010). Conservación preventiva y plan de gestión de desastres en archivos y bibliotecas. Madrid: Ministerio de Cultura
Escalera Armiño, Álvaro (2006). Custodia de larga duración de documentos electrónicos. Legajos 9, 59-64.
Corrado, Edward M. y Moulaison, Heather (2014). Digital Preservation for Libraries, Archives, and Museums. Lanham: Rowman & Littlefield
(2015). Digital Preservation Handbook, 2nd Edition. Digital Preservation Coalition. . https://www.dpconline.org/handbook
Dappert, Angela; Guenther, Rebecca Squire y Sébastien (2016). Digital Preservation Metadata for Practitioners. Implementing PREMIS. Cham, Switzerland: Springer
National Library of Australia (2003). Directrices para la preservación del patrimonio digital. . https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000130071_spa
Bello Urgellès, Carmen y Borrel Crehuet, Ángels (2002). El patrimonio bibliográfico y documental. Claves para su conservación preventiva. Gijón: Trea
Conway, Paul (2000). La preservación en el mundo digital. Santiago de Chile: Centro Nacional de Conservación y Restauración. https://ceice.gva.es/documents/16
Serra Serra, Jordi (2008). Los documentos electrónicos: qué son y cómo se tratan. Gijón: Trea
(2018). Norma UNE-ISO 23081-1:2018. Información y documentación. Procesos de gestión de documentos. Metadatos para la gestión de documentos. Parte 1: Principios.
Cloonan, Michèle Valerie (2015). Preserving our Heritage: Perspectives from Antiquity to the Digital Age.. Chicago: Neal-Schuman
(2012). Reference Model for an Open Archival Information System (OAIS).Recommended Practice. CCSDS 650.0-M-2. . https://public.ccsds.org/pubs/650x0m2.pdf |
|
Bibliografía complementaria
|
|
A profesora proporcionará nas clases e no material de traballo bibliografía específica para cada un dos temas e actividades a desenvolver, co fin de adecuar e actualizar de maneira continua os contidos da materia. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Biblioteconomía/710G04004 | Planificación e Xestión dos Servizos de Información/710G04006 | Arquivística/710G04008 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Xestión e Planificación de Arquivos/710G04016 | Xestión e Planificación de Bibliotecas/710G04017 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|