Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1 - Coñecer e comprender os principios teóricos e metodolóxicos da xestión e documentación da información para aplicalos na súa actividade profesional |
A3 |
CE3 - Coñecer a realidade e os condicionantes sociais que inflúen na xestión da información |
A12 |
CE12 - Desenvolver servizos de apoio á comunicación científica en todas as súas fases desde a creación ata a divulgación de resultados científicos tanto no sector público como no privado |
B2 |
CB2 - Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en ambientes novos ou descoñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B3 |
CB3 - Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de facer xuízos a partir de información que, estando incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre responsabilidades sociais e éticas relacionadas coa aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B4 |
CB4 - Saber comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e os motivos finais que os sustentan- a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades |
B5 |
CB5 - Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito que sexa en gran parte autodirixido ou autónomo |
B6 |
CG1 - Capacidade de cooperación, traballo en equipo e aprendizaxe colaborativa |
B7 |
CG2 - Capacidade de reflexión e razoamento crítico |
B8 |
CG3 - Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos, información e operacións |
B9 |
CG4 - Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións |
B10 |
CG5 - Capacidade para traballar nun contexto global e internacional |
B11 |
CG6 - Capacidade para comprender a importancia, valor e función da xestión dixital da información e documentación na actual sociedade das TIC |
C3 |
CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía que respecta a cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero |
C6 |
CT6 - Desenvolver a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento ambiental, económico, político e social sostible |
C7 |
CT7 - Valorar a importancia da investigación, a innovación eo desenvolvemento tecnolóxico no progreso socioeconómico e cultural da sociedade |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Distinguir entre os conceptos relacionados coa comunicación e divulgación científica.
|
A1 A3 A12
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11
|
C3 C6 C7
|
Coñecer os factores e axentes que interveñen na divulgación e promoción da ciencia.
|
A1 A3 A12
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11
|
C3 C6 C7
|
Deseñar plans e accións de divulgación científica |
A1 A3 A12
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11
|
C3 C6 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1- A Comunicación científica |
1.1- Diseminacion, difusion e divulgación.
1.2- Axentes implicados na comunicación cientifica
1.3- Mobilización y transferencia del conocimiento
1.4- Ciencia cidadá
1.5- Diseño de accións de divulgación |
2- Accións de comunicación científica en medios audiovisuais |
Modelos, técnicas e prácticas.
(Documentais, programas de televisión e radio, charlas TED, canais de You Tube, infografías...) |
3- Accións de comunicación científica en medios editoriais |
Modelos, técnicas e prácticas.
(Libros de divulgación, cómics, revistas científicas e de divulgación científica, boletíns de resumos, noticias de prensa, notas de prensa...) |
4- Accións de comunicación científica en Internet |
Modelos, técnicas e prácticas.
(Redes sociais especializadas e xeneralistas, repositorios institucionais e de datos, perfís blogs, a wikipedia...) |
5- Museos científicos, exposicións, eventos |
Modelos, técnicas e prácticas.
(Entre os eventos, cafés científicos, conferencias, a semana da ciencia, a Noite europea dos investigadores, o Festival pint of Science...) |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A3 B3 B5 B7 B8 C7 |
4 |
0 |
4 |
Portafolios do alumno |
A1 A3 A12 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C3 C6 C7 |
10 |
25 |
35 |
Traballos tutelados |
A1 A3 A12 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C3 C6 C7 |
3 |
27 |
30 |
Presentación oral |
A1 A3 B2 B3 B4 B6 B7 B9 C3 C6 |
4 |
2 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
|
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral dos contidos básicos da materia, elaborados e expostos pola docente, que pode apoiarse en medios audiovisuais. Abordaranse cuestións teóricas e/o prácticas necesarias para o desenvolvemento do traballo tutelado e traballos do portafolios.
|
Portafolios do alumno |
Cartafol de traballo dos alumnos que deben entregar periodicamente e no prazo estipulado á profesora coas distintas actividades realizadas en clase: resumenes ou esquemas, test, exercicios prácticos... Permitirá profundar sobre os contidos e realizar o seguimento dos coñecementos adquiridos.
|
Traballos tutelados |
Realización por parte do alumnado dun traballo autónomo orientado á profundización nos contidos da materia, baixo a vixilancia e seguiemento da profesora. Proporcionaranse instrucións precisas para a súa realización.
|
Presentación oral |
Ao longo das clases procurarase a interacción entre o alumnado e profesorado de modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer os traballos prácticos que realicen. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Sesión maxistral |
Portafolios do alumno |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
As titorías da materia permitirán ao alumnado resolver dúbidas sobre os contidos e a forma de preparar o traballo tutelados, traballos do portafolios y las presentaciones orales.
Con carácter xeral, e en todas as metodoloxías aplicadas, se empregarán as titorías presenciais, o correo electrónico e a plataforma Moodle da UDC. Poderán realizarse titorías por Teams, acordándoas previamente por correo electrónico coa profesora. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A1 A3 B2 B3 B4 B6 B7 B9 C3 C6 |
Terase en conta a participación nas aulas expoñendo o traballo propio relación cos traballos prácticos. |
10 |
Portafolios do alumno |
A1 A3 A12 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C3 C6 C7 |
Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas persoais, a claridade na formulación e estrutura, a capacidade de síntese, a redacción e presentación, fontes e bibliografía utilizada. |
50 |
Traballos tutelados |
A1 A3 A12 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C3 C6 C7 |
Valorarase a adecuación ás pautas marcadas para cada actividade, o contido, as achegas por parte dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos. |
40 |
|
Observacións avaliación |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE: Para aprobar a materia, é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación. Será imprescindible obter un mínimo de 4 sobre 10 no portafolios e o traballo tutelado, de non ser así a nota global da materia non será superior a 4,5. Non se avaliarán traballos entregados fóra de prazo ou non acordados cos docentes previamente cando sexa preciso. Unha vez realizado un dos traballos do portafolios, se as restantes entregas da metodoloxía non se entregan nos prazos establecidos cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados ou plaxiados. A cualificación será de non presentado (N. P.), cando non se entregue ningún dos traballos do portafolios ou o traballo tutelado, SEGUNDA OPORTUNIDADE: Poderán presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas na primeira oportunidade. Será obrigatorio comunicar á profesora como se abordará a avaliación nesta segunda oportunidade. Cando haza que elixir un tema para unha das actividades do portafolios ou para o traballo tutelado, se non se fixo durante o curso, será obrigatorio acordalo cos docentes, como mínimo, un mes antes da data fixada para o exame pola Facultade. ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA: Terán que acordar unha titoría nas dúas primeiras semanas clase co fin de establecer un plan de traballo idóneo. Na primeira oportunidade, terán que decidir, de acordo cos docentes, se se acollen aos prazos de presentación de traballos que serán comunicados ao longo do curso a través de plataforma Moodle ou se realizan só unha entrega final de todos os traballos conxuntamente. Poderán ser dispensados da participación nas aulas (o 10% de "presentación oral"), tendo neste caso o portafolios o valor do 60%. Na segunda oportunidade, non haberá diferenzas no sistema de avaliación en relación co proposto para o resto do alumnado.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
- Brooks H, Bee P. Chapter 10:
Research Dissamination and Impact. En: Bee P, Brooks H, Callaghan P, Lovell K,
editores. A Research Handbook for Patient and Public Involvement Researchers.
Manchester: Manchester University Press; 2018. 129-141. - Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología,
editor. Libro blanco de las Unidades de Cultura Científica y de la innovación
UCC+i. Madrid: Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología; 2021.
Disponible en: https://www.fecyt.es/es/publicacion/libro-blanco-de-las-unidades-de-cultura-cientifica-y-de-la-innovacion-ucci-0 [28-6-2022]. -Fundación Ibercivis y
Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT)-Ministerio de
Ciencia e Innovación. Observatorio de la ciencia ciudadana en
España. Disponible en: https://ciencia-ciudadana.es/ [28-6-2022]. -Grupo de Trabajo de Divulgación y Cultura Científica
de Crue-I+D+i (Red Divulga), Fundación Española para la Ciencia y la
Tecnología. Guía de valoración de la actividad de divulgación científica del
personal académico e investigador. Madrid: CRUE Universidades Españolas I+D+i,
Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología; 2018. Disponible en: https://www.upo.es/diario/wp-content/uploads/2018/12/Guia-Valoraci%C3%B3n-Divulgaci%C3%B3n-CRUE-FECYT.pdf [28-6-2022].
-Introducing science communication: a
practical guide. Editado por
Mark L. Brake y Emma Weitkamp. Houndmills : Palgrave Macmillan, 2010
-Poza Luján, J. L. 12 consejos para el diseño de
actividades de divulgación científica (2012). Disponible en: https://www.ruvid.org/comunicarciencia/12-consejos-actividades-divulgacion.pdf [28-6-2022]. - Seguí Simarro, J. M. Estrategias de divulgación científica. Valencia : Universitat Politècnica de València,
2015 |
Bibliografía complementaria
|
|
Os docentes poderán recomendar nas clases bibliografía específica para cada un dos temas e actividades a desenvolver, co fin de adecuar e actualizar de maneira continua os contidos da materia. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|