Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e
cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación
saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green
Campus Ferrol": 1. A entrega dos
traballos documentais que se realicen nesta materia: 1.1.
Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático. 1.2. Realizarase a
través de Moodle,
en formato dixital
sen necesidade de
imprimilos 1.3. De se
realizar en papel: Non se empregarán plásticos. / Realizaranse impresións a dobre cara. / Empregarase papel reciclado. / Evitarase a impresión de borradores. 2. Débese facer un
uso sostible dos
recursos e a
prevención de impactos
negativos sobre o medio
natural. 3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da
sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 4. Segundo se
recolle nas distintas
normativas de aplicación
para a docencia
universitaria deberase incorporar
a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e
alumnas…). 5. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas, e influirase na
contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. 6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón
de xénero e proporanse accións e medidas
para corrixilas. 7. Facilitarase a
plena integración do alumnado que
por razón físicas,
sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado,
igualitario e proveitoso á vida
universitaria. |