Se por calquera causa non se podese levar a cabo a actividade de Mesa Redonda a súa puntuación pasarase aos traballos tutelados, que nese caso poderán alcanzar os 50 puntos.
Ademáis do indicado enriba, individualmente e tendo en conta a casuística persoal poderan acordarse outras vías de avaliación, cando por motivos razoables así o consideren as partes.
Considerase ademáis a posibilidade de que na cualificación final da materia podan ser aplicadas estratexias de coevaluación e autoevaluación.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017):
Se este alumnado pode participar de xeito telemático nas clases do curso, seguirase o mesmo procedemento de avaliación que co resto do alumnado.
No caso de non darse a condición anterior, deberán concertar ao inicio da materia un réxime de titorías regulares co profesor, para seguir o desenvolvemento da materia mediante a realización de traballos, e planificar a súa entrega e exposición.
No caso de non supera a materia na primeira oportunidade, deberán presentarse á realización dunha proba obxectiva na segunda oportunidade.