Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A26 |
TEQ1 Coñecementos sobre balances de materia e enerxía, biotecnoloxía, transferencia de materia, operacións de separación, enxeñaría da reacción química, deseño de reactores e valorización e transformación de materias primas e recursos energéticos. |
A27 |
TEQ2 Capacidade para á analise, deseño, simulación e optimización de procesos e produtos. |
B4 |
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo |
B6 |
B3 Ser capaz de concibir, deseñar ou poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor científico para resolver calquera problema formulado, así como de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a un público tanto especializados como leigo dun xeito claro e sen ambigüidades |
B7 |
B5 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas |
B8 |
B7 Deseñar e realizar investigacións en ámbitos novos ou pouco coñecidos, con aplicación de técnicas de investigación (con metodoloxías tanto cuantitativas como cualitativas) en distintos contextos (ámbito público ou privado, con equipos homoxéneos ou multidisciplinares etc.) para identificar problemas e necesidades |
C3 |
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C4 |
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C6 |
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecementos sobre balanzos de materia e enerxía, biotecnoloxía, trasferencia de materia, operacións de separación, enxeñería da reacción química, deseño de reactores e valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos. |
A26
|
B4
|
C4
|
Capacidade para á analise, deseño, simulación e optimización de procesos e produtos. |
A27
|
B6 B7 B8
|
C3 C4 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Os seguintes temas desenvolven os contidos establecidos na ficha da memoria de verificación. |
Cinética química homoxénea: Clasifiación, reaccións reversibles, irreversibles, autocatalíticas, reaccións simples e múltiples, reaccións elementales e non elementales. Velocidade de reacción: expresión e variables. Mecanismo de reacción: molecularidade e orde de reacción, conversión. Introdución ao deseño de reactores; Reactores ideais; Deseño para reaccións simples; Deseño para reaccións múltiples; Reactores para sistemas homoxéneos. Efectos da temperatura e da presión.
Catálise. |
Ampliación de cinética química. Aplicación a reactores |
1. Significado da velocidade de reacción
2. Tipos de reaccións. Variables que afectan á velocidade de reacción.
3. Modelos par a velocidade de reacción.
4. Velocidade de reacción e temperatura.
5. Catálise
6. Mecanismos de reacción
7. Cinética das reaccións homoxéneas. Reaccións simples e múltiples. Reaccións elementais e non elementais.
8. Equilibrio químico |
Reactores quìmicos |
1. Introducción ao deseño de reactores: Reactores ideais.
2. Deseño de reactores para reactores múltiples.
3. Efectos da presión e a temperatura.
4. Introdución aos reactores non ideais.
5. Reactores para sistemas heteroxéneos.
6. Catálise. |
Optimización de procesos |
Optimización de reactores para reaccións simples |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A26 C3 C4 |
30 |
60 |
90 |
Solución de problemas |
A26 B4 B6 C4 |
22 |
26 |
48 |
Proba mixta |
A27 B7 B8 C4 C6 |
2 |
6.5 |
8.5 |
|
Atención personalizada |
|
3.5 |
0 |
3.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introducción dalgunhas preguntas dirixidas aos estudiantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como conferencia, método expositivo ou Lección maxistral. Esta última modalidade soe reservarse a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, coun contenido que supón unha elaboración orixinal baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia |
Solución de problemas |
Resolución de problemas que terán como base a teoría impartida.
Enviarase a cada alumno (Campus virtual) un problema para resolver fóra da aula que deberá resolver e presentar na mesma plataforma en data e prazo previamente establecido.
Esta actividade realizarase 4 veces durante o cuatrimestre. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. Canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desarrollo, as segundas poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e de asociación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
|
Descrición |
Proporcionarase atención personalizada a cada alumno cada vez que o solicite e en data e hora a acordar cos profesores.
Nas sesións de resolución de problemas, a atención personalizada será presencial no transcurso das propias sesións.
Así mesmo, se proporcionará atención personalizada a todo o alumnado que o solicite mediante o correo electrónico, o campus virtual da UdC ou calquera outra aplicación similar.
As persoas ás que se lles conceda o recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica, deberán poñerse en contacto cos profesores, con suficiente antelación, para organizar as actividades docentes. Canto aos tipos de actividades que computan na avaliación deberán realizar as mesmas que realicen as persoas sen dispensa, preferentemente nas mesmas sesións. Se esto no fose posible, farán estas actividades avaliables en sesión extraordinarias (programadas de acordo cos profesores) similares ás do resto do alumnado e coa mesma ponderación numérica indicada no apartado “planificación” desta guía. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A27 B7 B8 C4 C6 |
Proba escrita presencial.
Valorarase o coñecemento dos alumnos e a forma en que resolvan situacións e/ou problemas que se lles plantearán, relacionados coa materia.
Valorarase especialmente a claridade e precisión na resolución dos aspectos da proba.
|
70 |
Solución de problemas |
A26 B4 B6 C4 |
Esta actividade consistirá na resolución y entrega por parte do alumno de 4 problemas entregados polo profesor. |
30 |
|
Observacións avaliación |
A cualificación final de cada alumno será o resultado da ponderación, tal e como se indica máis arriba, das dúas metodoloxías que se empregan na avaliación: solución de problemas e proba mixta.
Para superar a materia o alumno debe obter unha media ponderada igual ou superior a 5 puntos.
Na proba mixta, que se valorará de 0 a 10 puntos, será necesario obter unha cualificación mínima de 4 puntos para facer a ponderación coa cualificación obtida na solución de problemas.
Nos posibles casos nos que a media ponderada sexa igual ou superior a 5 pero cunha avaliación na proba mixta inferior a 4, a cualificación final será de 4,5.
Na segunda oportunidade manterase a cualificación obtida na solución de problemas durante o cuadrimestre, polo que só é obxecto de mellora a "proba mixta".
No caso dos alumnos de continuidade (que non tiveran superada a materia en cursos anteriores) non se considerará ningunha cualificación de cursos anteriores. É dicir: a súa avaliación abrangue exclusivamente ás actividades deste curso 22-23.
Na convocatoria adiantada de decembro a avaliación da proba mixta constituirá o 100% da cualificación.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0’ na materia na convocatoria correspondinte, invalidando así calquera cualificación obtida en toda as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.
Os alumnos que obteñan dispensa académica, ao ter as mesmas responsabilidades que os demais, terán que realizar as mesmas probas que o resto: deberán realizar as mesmas metodoloxías e serán avaliados da mesma forma. No caso de que estes alumnos tiveran problemas (previa xustificación documental suficiente) para a realización das probas, acordaranse novas datas para a súa realización.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Octave Levenspiel (1985). El omnilibro de los reactores químicos. Barcelona. Reverté
Fogler, H. Scott. (2008). Elementos de ingeniería de las reacciones químicas. Pearson Educación
Levenspiel, Octave (2005). Ingeniería de las reacciones químicas . Barcelona. Reverté
Santamaría, Jesus; Herguido, Javier; Menéndez, M.; Monzón, A. (2010). Ingeniería de reactores. Madrid. Síntesis |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
TECNOLOXÍA QUÍMICA/730G04051 | QUÍMICA/730G04005 | ENXEÑARÍA MEDIOAMBIENTAL/730G04017 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
En conformidade co obxectivo número 5 do plan de acción "Green Campus de Ferrol" -Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social- incentivarase o uso de accións que o favorezan como:
- Uso de Moodle, correo electrónico e medios telemáticos para evitar o consumo de papel.
- Caso de ser necesario a utilización de papel, se usará reciclado e se escribirá/imprimirá polas dúas caras, e en ningún caso se usarán carpetas ou outro material plástico. |
|