Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo, así como da súa aplicación para resolver problemas propios da enxeñaría |
B1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas |
C1 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida |
C5 |
Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo, así como da súa aplicación para resolver problemas propios da enxeñaría. |
A2
|
B1 B3 B5 B6
|
C1
|
Asume como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe continua ao longo da vida. |
|
|
C5
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Os capítulos seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, a saber: |
magnitudes, unidades e dimensións, sistemas de vectores, cinemática, estática e dinámica da partícula, do sistema de partículas e do sólido ríxido, mecánica de fluídos e ondas mecánicas. |
Capítulo I TEMAS PRELIMINARES |
Tema 1 Introducción á física
Tema 2 Magnitudes vectoriais
Tema 3 Magnitudes físicas |
Capítulo II ESTÁTICA |
Tema 4 Equilibrio do punto material
Tema 5 Sistemas de forzas
Tema 6 Equilibrio do sólido ríxido |
Capítulo III CINEMÁTICA |
Tema 7 Cinemática dunha partícula
Tema 8 Movemento relativo |
Capítulo IV DINÁMICA DO PUNTO MATERIAL |
Tema 9 Principios
Tema 10 Traballo e enerxía |
Capítulo V DINÁMICA DOS SISTEMAS |
Tema 11 Dinámica de sistemas de partículas
Tema 12 Dinámica dos sólidos ríxidos |
Capítulo VI DINÁMICA DOS MEDIOS DEFORMABLES |
Tema 13 Medios deformables
Tema 14 Estática de fluídos
Tema 15 Dinámica de fluídos |
Capítulo VII Ondas mecánicas |
Tema 16 Movemento ondulatorio
Tema 17 Son |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A2 B6 C5 |
30 |
30 |
60 |
Solución de problemas |
B1 B3 B5 C1 |
20 |
30 |
50 |
Prácticas de laboratorio |
B5 C1 |
10 |
0 |
10 |
Proba mixta |
A2 B1 B3 B6 |
4 |
6 |
10 |
Proba mixta |
A2 B1 B3 B6 |
4 |
6 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Realizarase co grupo grande.
O profesor exporá os principios fundamentais de cada tema e exemplos de aplicación.
Indicará onde obter información complementaria. |
Solución de problemas |
Realizarase presencial no grupo mediano:
O profesor resolverá exercicios ou demostracións teóricas.
|
Prácticas de laboratorio |
Realización das prácticas de laboratorio: 4 prácticas de 2 h cada una.
|
Proba mixta |
O curso dividese en 2 partes, cada unha con seu exame de control.
A primeira comprenderá os capítulos de introducción, estática e cinemática.
A proba realizarase ao longo do curso en data fixadas polo calendario de exames. |
Proba mixta |
A proba obxectiva final abarcará a segunda parte da materia:
Dinámica do punto, Dinámica do sólido, Medios Continuos e Ondas Mecánicas.
Será realizada na data de exame final aprobada en Xunta de Centro.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
|
Descrición |
Titorías presenciais sobre os temas das aulas maxistrais, sobre a resolución de exercicios, debates e outros ámbitos relacionados coa materia. Circunstancialmente poderá usarse o correo electrónico e a plataforma Teams para realizar as titorías.
Os/as estudantes matriculados/as na modalidade de Dispensa académica deberán:
i asistir ás probas obxectivas (exames) da materia,
ii realizar as prácticas de laboratorio do programa, os profesores de prácticas facilitarán a elaboración das mesmas
iii e entregar, ben en man ben electronicamente, os exercicios previstos nas datas fixadas, podendo facer as titorías telematicamente,
iv As/os estudantes con dispensa académica tamén están obrigados á realización dos test de autoavaliación de cada tema de teoría.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
B5 C1 |
• A asistencia ao laboratorio é obrigatoria e excluínte.
• Para ser avaliado os/as alumnos/as deben ter feito as prácticas que se indiquen.
• Non se admiten faltas non xustificadas.
• A asistencia e realización de todas as practicas representará o 10 % da nota final.
|
10 |
Proba mixta |
A2 B1 B3 B6 |
• Haberá unha proba ao longo do cuadrimestre que abarcará os capítulos de introducción á física, estática e cinemática.
• A proba estará en galego e en castelán.
• A contribución desta proba á nota final será de tres puntos como máximo, o 30 % da nota final.
• A proba constará dunha parte de teoría (T con 1.2 puntos, máximo) e unha de problemas (P con 1 punto, máximo) . Tamén se contabilizarán os exercicios entregados H1.
• A nota final da proba será calculada como sigue: NOTA (E1)=T + P + H1
• De non cumprir co mínimo de 4 asistencias a titorías a NOTA(E1) será penalizada con 0.5, é dicir, NOTA(E1) = T+ P + H1 - 0.5
|
22 |
Proba mixta |
A2 B1 B3 B6 |
• Haberá unha proba ao final do cuadrimestre que abarcará os capítulos de dinámica do punto, dinámica do sólido, medios continuos e ondas mecánicas.
• A proba estará en galego e en castelán.
• A contribución desta proba á nota final será de seis puntos como máximo, o 60 % da nota final.
• O sistema de puntuación seguirá as mesmas proporcións que no apartado anterior: T con 2.4 puntos máximo e P con 2 puntos máximo. Tamén se contabilizarán os exercicios entregados H2. Entón,
NOTA (E2)=T + P + H2
• De non cumprir co mínimo de 4 asistencias ás titorías a NOTA(E2) será penalizada con 0.5, é dicir, NOTA(E2) = T+ P + H2 - 0.5
• Realizarase coincidindo coa data do exame final aprobada en Xunta de Centro.
|
44 |
Sesión maxistral |
A2 B6 C5 |
• A asistencia ás sesións maxistrais é obrigatoria. Para o seu estudo disporase de varios test de autoavaliación de cada tema na plataforma do Campus Virtual.
• As/os estudantes con Dispensa académica tamén disporán dos test de autoavaliación de cada tema.
|
0 |
Solución de problemas |
B1 B3 B5 C1 |
• A asistencia ás clases de solucións de problemas é obrigatoria.
• Proporanse 60 exercicios (30+30) para resolver. Para puntuar, deberán facerse ben un mínimo de 80 % de exercicios por cada entrega. A nota distribuirase proporcionalmente aos exercicios ben resoltos.
Só se admite a entrega dos problemas nas datas fixadas.
• Haberá que cumprir un número mínimo de titorías: 4 asistencias antes de cada proba obxectiva (8 en total). En caso de non satisfacer este requisito a nota dos exercicios será penalizada.
• Os problemas da primeira parte (30) puntuaranse a partir de 24 correctos. A nota H1 comezará en 0.32 puntos (por 24 problemas correctos) e rematará en 0.8 puntos (por 30 problemas correctos ).
• Os problemas da segunda parte (30) puntuaranse a partir de 24 correctos. A nota H2 comezará en 0.64 puntos (por 24 problemas correctos) e rematará en 1.6 puntos (por 30 problemas correctos ).
|
24 |
|
Observacións avaliación |
A nota final da materia virá dada pola ecuación: Nota = Prácticas + E1 + E2 onde: - Prácticas representa a nota de prácticas de laboratorio,
- E1 representa a nota da primeira proba obxectiva
- E2 representa a nota da proba obxectiva final
Os criterios de avaliación da 2ª oportunidade e convocatorias extraordinarias son os mesmos que para as outras probas obxectivas.
- Nestas probas o/a estudante só terá que examinarse da parte que indiquen os profesores.
- A proba estará en galego e en castelán.
A valoracións obtidas nas prácticas de laboratorio e
nos exercicios entregados serán conservadas de cara á
obtención da nota final.
A porcentaxe desta proba sobre a nota final depende da parte que teña que examinarse.
Realizarase na data aprobada en Xunta de Centro.
Criterios para a
avaliación de resolución de problemas propostos e probas
obxectivas. Para
a avaliación da competencia: Comprensión e dominio dos conceptos
básicos sobre leis xerais da estática, cinemática, dinámica e
ondas e a súa aplicación para a resolución de problemas de
enxeñaría. Utilizarase a rúbrica como instrumento de
avaliación, tendo en conta as seguintes subcompetencias: Posúe coñecementos
e conceptos sobre leis xerais
Analiza un problema,
identifica magnitudes e a súa importancia relativa
Utiliza as
ferramentas de análises e cálculo apropiadas
É capaz de analizar
a coherencia do resultado, indicándoo.
Obtén resultados
numéricos sen erros
Expresa o resultado
coas unidades de medida adecuadas
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Tipler, Paul Allen (1992). Física. Reverté
Serway, Raymond A. (1992). Física. McGraw-Hill
Francis Sears, Zemansky, Young (1986-1998). Física Universitaria. Addison-Wesley |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
CÁLCULO/730G02101 | EXPRESION GRAFICA/730G02103 | ÁLXEBRA/730G02106 | ECUACIÓNS DIFERENCIAIS/730G02110 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostido e
cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación
saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green
Campus Ferrol": Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio. Asemade, incorporase a perspectiva de xénero na docencia desta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos
sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…) |
|