Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde Código 750G01004
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Sobrido Prieto, María
Correo electrónico
maria.sobrido@udc.es
Profesorado
Pesado Cartelle, Jose Angel
Sobrido Prieto, María
Sobrido Prieto, Natalia
Correo electrónico
j.pesado@udc.es
maria.sobrido@udc.es
natalia.sobrido@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral A asignatura de Documentación e bases da Información ten como finalidade que o alumnado adquira os coñecementos necesarios para:

.- Conocer e manexar as fontes de información de interese para a Enfermaría.
.- Desenvolver habilidades de buca e revisión da literatura pertinente a un problema académico/ clínico/de investigación.

Tras a abordaxe do Módulo correspondente a TIC aplicadas a Ciencias da Saúde, o estudante poderá:
.- Identificar as Tecnoloxías da Información e Comunicación aplicadas a Ciencias da Saúde.
.- Describir os sistemas de información clínica.
.- Empregar os sistemas de información na área de Enfermaría.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar os sistemas de procura e recuperación da información científica en ciencias da saúde. A10
B1
B2
B3
B4
B9
B11
B17
B19
B21
C2
C3
C6
C7
C8
Describir a estrutura, localización e finalidade das guías de práctica clínica B1
B2
B3
B4
B8
B9
B13
B17
B21
C2
C6
C7
C8
C10
C11
Identificar as Tecnoloxías da Información e Comunicación aplicadas a Ciencias da Saúde A10
B1
B19
C3
Describir los sistemas de información clínica A10
B1
B2
B3
B4
B8
B9
B11
B13
B19
B21
C3
C6
C7
C8
C10
C11

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO 1- INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN CIENTÍFICA EN CIENCIAS DA SAUDE:







BLOQUE I. FONTES DE INFORMACIÓN

1.- INTRODUCCIÓN

2.- AS REVISTAS CIENTÍFICAS
2.1.-Tipoloxía de artigos científicos
2.2.-Ética na publicación científica
2.3.- Avaliación e calidade de publicación científica

3.- LITERATURA GRIS



BLOQUE II: RECUPERACIÓN DE INFORMACIÓN CIENTÍFICA

4.- LOCALIZACIÓN DE LIBROS:OS CATÁLOGOS

5.- RECUPERACIÓN DE ARTÍGOS: BASES DE DATOS BIBLIOGRÁFICAS
5.1.-Formular a pregunta de estudio
5.2.- Definir a estratexia de búsca
5.3.- Identificación e manexo das principais bases de datos en ciencias da saúde



MÓDULO 2- TIC APLICADAS A CIENCIAS DA SAÚDE: Conceptos fundamentais na Tecnoloxía da Información e as Comunicacións

Redes telemáticas en Ciencias da Saúde. Teleasistencia e Telecuidados en enfermería

Bases de datos clínicas. Sistemas de Historia Clínica Electrónica

Sistemas de Información en Ciencias da Saúde
Avaliación de Sistemas Informáticos Sanitarios. Estándares en informática clínica

Seguridade en Sistemas Informáticos e Redes telemáticas en Ciencias da Saúde. Sistemas de cifrado e firma electrónica.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B21 C7 C8 21 52.5 73.5
Prácticas a través de TIC A10 B1 B2 B3 B4 B8 B11 B13 B17 B19 C3 C6 C10 C11 14 35 49
Obradoiro A10 B1 B2 B3 B4 B8 B9 B11 B13 B17 B19 B21 C2 C3 C6 C7 C8 C10 C11 7 14 21
Proba obxectiva B2 B3 B8 B9 C6 4 0 4
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral realizada na aula por parte do profesor e aberta á participación do alumno, que será complementada co uso dos medios audiovisuais necesarios.
Prácticas a través de TIC Prácticas con soporte informático, aplicadas a ciencias da saúde
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas: exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, deseño de proxectos, probas de coñecementos, etc
Proba obxectiva Probas utilizadas para a avaliación da aprendizaxe en diferentes momentos do proceso formativo. Pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Obradoiro
Descrición
Refírese ao traballo presencial do alumno e o profesor implicando a súa participación.
A programación realizarase adecuándoa a cada actividade.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B2 B3 B8 B9 C6 Probas utilizadas para a avaliación da aprendizaxe en diferentes momentos do proceso formativo. Pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. 65
Obradoiro A10 B1 B2 B3 B4 B8 B9 B11 B13 B17 B19 B21 C2 C3 C6 C7 C8 C10 C11 MÓDULO 2- TIC APLICADAS A CIENCIAS DA SAÚDE
Para a avaliación de competencias, realizarase unha avaliación continua do estudante, levando a cabo ao longo do curso, diferentes probas e utilizando distintas metodoloxías.
35
 
Observacións avaliación

CONSIDERACIONS XERAIS

  • DISPENSA ACADÉMICA: De acordo á normativa da UDC, admítese dispensa académica nesta materia.
  • MATRÍCULA DE HONRA: Os estudantes que desexen optar a matrícula
    deberán cumprir os seguintes requisitos:
a.-Obter unha nota media superior a 9 na cualificación
final da materia.  
b.-Obter al menos un 8,5 sobre 10 en TICS e un 9 en Documentación.
c.-Remitir as actividades de avaliación continua, que
se expoñan na materia. 
Tras a aplicación dos criterios establecidos, a decisión final quedará supeditada á consideración dos
profesores da materia. 
  • OPORTUNIDADE ADIANTADA: Os alumnos que soliciten OPORTUNIDADE ADIANTADA examinarase por escrito a
    través dun único exame que se corresponderá coas
    datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.
  • SUMA DE PORCENTAXES: Cando o alumno non supere de maneira independente un dos módulos, supoñerá a cualificación de SUSPENSO en acta. Se a media aritmética supera o 5, ao non superar algunha das avaliacións, figurará cun 4,9 en acta.
  • O feito de non presentarse a alguna das probas de avaliación dalgún módulo, implica figurar en acta como NON PRESENTADO.
  • FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS: Segundo o establecido na
    normativa da UDC:
  1.- Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores
responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade
ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non
permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros,
a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á
expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta
cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións
documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das
responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa
cualificación da falta cometida polo alumno infractor.
2.- Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con
instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente
autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de
expulsión da proba, despois de redactar a acta correspondente que se enviará ao
centro.
3.-A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de
suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.

4.- Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da
súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada
causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das
responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente
procedemento.


ESTRUTURA DA MATERIA

A materia está dividida en dous módulos, claramente diferenciados.

MÓDULO 1- INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN CIENTÍFICA EN CIENCIAS DA SAÚDE* (65% da cualificación final):

A avaliación (sobre un 100%) repartirase da seguinte forma

  • 60% (Probas obxetivas)
  • 40% (Traballos Tutelados)

Para poder aprobar esta parte da materia será requisito indispensable
cumprir coas seguintes premisas:

  • Realizar, tanto na primeira como na segunda oportunidade, o 100% de
    cada unha das metodoloxías establecidas: proba de ensaio e traballos
    tutelados.
  • Lograr polo menos, a metade da puntuación establecida como máxima, en
    cada unha das metodoloxías que computan na avaliación: proba de
    ensaio e traballos tutelados.
        *Aqueles alumnos que no superen a convocatoria de xuño, só deberán
examinarse das partes no superadas na convocatoria de xullo.

  • PRIMEIRA OPORTUNIDADE: A
    avaliación deste módulo, é a establecida para todos os alumnos.


  • SEGUNDA
    OPORTUNIDADE: Aplicaránse os mesmos criterios que para
    a primeira oportunidade. 


  • MATRICULA PARCIAL/DISPENSA
    ACADÉMICA: A avaliación de os alumnos que cumpran esta situación é a mesma
    que a establecida para todos os alumnos.



MÓDULO 2- TIC APLICADAS A CIENCIAS DÁ SAUDE (35% da cualificación final):

  • PRIMEIRA OPORTUNIDADE: A avaliación que
    aparece reflectida, asociada a este módulo, é a PROGRAMADA para todos os alumnos con
    MATRÍCULA COMÚN, que se presenten á primeira oportunidade.
  • SEGUNDA OPORTUNIDADE: Aplicaránse os mesmos criterios que
    se estableceron para a primeira oportunidade. 
  • MATRICULA PARCIAL/DISPENSA ACADÉMICA: Os alumnos con MATRICULA PARCIAL e os alumnos con DISPENSA ACADÉMICA, deberán comunícar a súa condición aos profesores da materia, durante as dous primeiras semanas do curso, especificando se desexan facer uso da súa condición. Os
    alumnos que finalmente se acollan a esta opción, deberán examinarse por escrito do contido do módulo, tanto en en primeira como en segunda oportunidade, nun único exame, que se corresponderá
    coas datas oficiais aprobadas en Xunta
    de Facultade.

Fontes de información
Bibliografía básica

A bibliografía necesaria, será ofrecida coa impartición de cada un dos modulos correspondentes

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Bases para a interpretación do coñecemento científico/750G01008

Materias que continúan o temario
Traballo fin de grao/750G01033

Observacións

Recomendacións para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

3. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías