Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A26 |
Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades a desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermaría ao individuo, a familia e comunidade. |
A27 |
Comprender a función e actividades e actitude cooperativa que o profesional desenvolverá nun equipo de Atención Primaria de Saúde. |
A28 |
Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade. |
A29 |
Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do entorno, para atender as persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade. |
A30 |
Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos. |
A33 |
Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B8 |
Capacidade de análise e sínteses. |
B11 |
Capacidade e habilidade de xestión da información. |
B12 |
Capacidade para organizar e planificar. |
B13 |
Toma de decisións. |
B16 |
Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade. |
B18 |
Desenvolver a capacidade de liderado. |
B20 |
Sensibilidade cara a temas medioambientais. |
B22 |
Capacidade para motivarse e motivar a outros. |
B24 |
Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C10 |
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
C11 |
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
C12 |
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Describir o concepto, fundamentos e desenvolvemento da atención primaria de saúde |
A26
|
B1 B3 B8
|
C1 C7
|
Definir o concepto de traballo no equipo de saúde, os principios que o determinan e identificando o rol da enfermeira/o comunitaria. |
A27
|
B1 B3 B6 B11 B12 B13 B18 B22
|
C1 C4 C6 C7 C10 C11
|
Identificar as necesidades de coidado da persoa, grupos e comunidades |
A28 A29 A30 A33
|
B1 B6 B11 B16
|
C1 C4 C6 C10
|
Identificar problemas de saúde (diagnósticos de enfermaría e/o complicacións potenciais) na persoa, grupos e comunidades |
A28 A29 A30 A33
|
B1 B3 B8 B11 B13 B18 B20 B24
|
C1 C4 C6
|
Planificar coidados de enfermaría para os problemas de saude das persoas, grupos y comunidades |
A28 A29 A30 A33
|
B3 B6 B8 B11 B12 B13 B16 B20 B24
|
C1 C4 C6 C7 C10 C12
|
Identificar e desenvolver as diferentes fases dos programas de prevención, promoción e educación para a saúde |
A26 A27 A28 A29 A30 A33
|
B1 B3 B6 B8 B12 B13 B16 B20 B22 B24
|
C1 C4 C6 C7 C11 C12
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Atención Primaria de saúde e saúde comunitaria |
Atención Primaria de saúde e saúde comunitaria Tema 1. Atención Primaria de Saúde.
1.1. O sistema sanitario español. Organización, prestacións e actividades.
1.2. Dende Alma Ata ata os nosos días.
1.3. A atención primaria de saúde.
1.5. O modelo APOC: atención primaria centrada na comunidade
1.6. O modelo biopsicosocial de Engel: a desmedicalización dos “problemas da vida”.
1.7. O modelo de atención centrada no paciente de McWhinney e a contextualización.
1.8. A orientación salutoxénica da atención primaria. Do modelo dos determinantes da saúde ao modelo de activos en saúde.
1.9. Locus de actuación para a reorientación efectiva da Atención primaria de saúde: a comunidade, o centro de saúde, a consulta.
Tema 2. Saúde Comunitaria.
2.1. Saúde comunitaria: da enfermidade ao benestar.
2.2. Implicacións dun enfoque baseado na saúde comunitaria para a atención primaria e a saúde pública.
2.3. Da cultura do proxecto aos procesos comunitarios
2.4. Cómo iniciar un proceso de intervención e participación comunitaria dende o centro de saúde. |
Enfermaría Familiar e comunitaria |
Tema 3. Os coidados de enfermaría no nivel primario de saúde.
3.1. Organización dos coidados en atención primaria.
3.2. Continuidade dos coidados en atención primaria.
3.3. Competencias en coidados de enfermaría familiar e comunitaria.
3.4. A enfermaría de saúde familiar e comunitaria.
3.5. O coidado integral como obxeto de atención da enfermeira comunitaria.
3.6. A familia como suxeito de atención enfermeira.
3.7. A atención domiciliaria. A visita domiciliaria.
3.8. A comunidade como suxeito da atención da enfermeira.
3.9. Calidade en enfermaría familiar e comunitaria.
3.10. Prescripción enfermeira.
3.2 Modelos organizativos do traballo da Enfermeira Comunitaria.
3.3 Modalidades de atención de enfermaría familiar e comunitaria: consulta de enfermaría. Instrumentos de atención directa: entrevista clínica, entrevista motivacional.
3.4 Calidade en Atención Primaria de Saúde e en Enfermería Comunitaria.
3.5 A familia como unidade básica de atención de enfermaría.
3.6 Atención Domiciliaria. Características. Etapas da atención domiciliaria.
|
Equipo interdisciplinario de saúde |
Tema 4. O equipo de saúde.
4.1. Conceito de equipo de saúde en Atención Primaria.
4.2. Composición do equipo de saúde.
4.3. Funcións e actividades do equipo de saúde.
4.4. Organización do traballo en equipo.
4.5. Dinámica de traballo no equipo de saúde.
4.6. Cómo optimizar un equipo de saúde. |
Atención de Enfermaría nos problemas de saúde prevalentes na comunidade |
Tema 5. Atención de enfermaría nas diferentes etapas do ciclo vital
5.1. Atención de enfermaría na infancia e na adolescencia.
5.2. Atención de enfermaría á muller.
5.3. Atención de enfermaría ao adulto.
5.4. Atención de enfermaría ao adulto maior.
Tema 6. Procesos e/ou subprocesos de enfermaría na atención integrada dos problemas de saúde prevalentes na comunidade.
Tema 7. Plans de coidados para pacientes con problemas de saúde prevalentes na comunidade.
5.4 Programa de atención á Muller.
5.5 Programa de Atención ao adulto. Programa galego de vacinación ao adulto
5.6 Programa de Atención ao ancián e ao Enfermo Terminal
5.7 Procesos e subprocesos de enfermería na atención integrada dos problemas de saúde prevalentes na comunidade.
- Atención de enfermería na Hipertensión Arterial.
- Atención de enfermaría na Diabetes Mellitus.
- Atención de Enfermaría no paciente con EPOC.
- Coidados de enfermaría ao paciente con úlceras e feridas
|
Educación para a saúde |
Tema 8. A educación sanitaria na comunidade.
8.1. Educación sanitaria.
8.2. Modelo transteorético do cambio de conducta.
8.3. Da educación sanitaria ao empoderamiento de pacientes.
8.4. Coaching en saúde. Nurse coaching.
8.5. A educación sanitaria e o empoderamento de pacientes no marco do modelo de promoción da saúde de Pender. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A26 A27 A28 A29 A30 A33 B1 B6 B11 B20 B24 C1 C4 C6 C7 |
21 |
42 |
63 |
Aprendizaxe colaborativa |
B1 B3 B8 B12 B18 B20 B22 C11 |
8 |
18 |
26 |
Estudo de casos |
A26 A28 A30 A33 B1 B3 B11 B13 B16 B20 B24 C1 C4 C7 C10 C11 C12 |
10 |
20 |
30 |
Proba mixta |
A26 A27 A28 A29 A30 B6 B8 B13 C10 C11 |
2 |
24 |
26 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Sesións para introducir ao alumnado nos temas novos de cada bloque temático, esclarecer conceptos e sobre todo para significar o contido do bloque en relación ao aprendido na materia Enfermería Comunitaria I. |
Aprendizaxe colaborativa |
Resolución de problemas ou desenvolvemento de tarefas de modo colaborativo, non só sumando talento individual, se non aprendendo a construír un grupo con capacidade para resolver problemas e ofrecer respostas creativas ante os novos escenarios sociais que poidan atopar. |
Estudo de casos |
Proposta de traballo sobre os novos escenarios sociais e sanitarios que requiran buscar solucións innovadoras e creativas que permitirán ao alumnado expoñerse aos desafíos do mundo moderno e achegarse a unha atención á saúde dixital, tecnolóxica, robotizada e humanizada, ofrecendo respostas de coidados innovadoras que melloren a saúde e a calidade de vida das personas na comunidade. |
Proba mixta |
Proba de carácter obxetivo dirixida a avaliar se o alumno acada os obxetivos da asignatura, podendo estar conformada por diferentes tipos de preguntas sexan test, cortas, de asociación, etc... |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Aprendizaxe colaborativa |
|
Descrición |
Atención persoalizada a demanda do alumno, coa finalidade de esclarecerlle dúbidas en torno aos contidos da materia, ao estudo dos casos ou calquer problema persoal que lle poida dificultar a comprensión ou o seguimento da materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A26 A27 A28 A29 A30 B6 B8 B13 C10 C11 |
Proba escrita de composición mixta dirixida a avaliar a consecución dos obxectivos propostos na asignatura. Permite acadar ata oito puntos do total da materia, debendo obter a lo menos catro para considerarse superada e poder facer o sumatorio das súas partes da materia. |
80 |
Estudo de casos |
A26 A28 A30 A33 B1 B3 B11 B13 B16 B20 B24 C1 C4 C7 C10 C11 C12 |
Traballo dirixido a que o alumno obteña destrezas resolutivas na planificación de coidados diante de casos similares aos que pode atopar na práctica como enfermeiro comunitario. Supón un 20 % (2 puntos) da nota total. Sendo necesario un mínimo de 1 punto para superar a materia. |
20 |
|
Observacións avaliación |
A metodoloxía de avaliación descrita é obrigatoria para o alumnado de matrícula ordinaria en primeira oportunidade (xuño). Para superar a materia é necesario aprobar a proba tipo mixto (a puntuación mínima para superar a proba será de 5).
O alumnado que concorran á segunda oportunidade (xullo) poderán escoller o mesmo sistema de avaliación ou o de exame único: a) Se opta polo mesmo sistema de avaliación que en xuño, excepcionalmente e só durante este curso académico, poderá conservar a nota da parte que tivese aprobada -se fose o caso- na oportunidade de xuño. b) Se opta polo sistema de exame único, deberá solicitalo por escrito ao profesor antes da data oficial de avaliación. Nese caso o exame contará con dúas preguntas adicionais relativas ás materias traballadas mediante o obradoiro realizado ao longo do curso.
O alumnado con matrícula a tempo parcial poden acollerse ao sistema de avaliación de exame único tanto na convocatoria de xuño como na de xullo, debendo solicitalo por escrito ao profesor antes da data oficial de avaliación.
A cualificación de Matrícula de Honra poderán obtela o alumnado que puntúen polo menos un 9, con preferencia para as cualificacións de 10. O profesor poderá dirimir quen obtén esta cualificación utilizando a tal fin o contido do exame e dos obradoiros. En caso de igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas, o profesor pode convocar aos alumnos/- as aspirantes para a realización dunha proba voluntaria que dirimirá quen obtén a cualificación MH ata o máximo de matrículas permitido.
Calificación de No Apto: poñerase cando o estudantado non se presente á proba obxectiva de coñecementos.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Cobas Couto, E. (2020). Alquimia Enfermera. Elvira Cobas Couto
Martín Zurro A, Cano Pérez J.F. (2014). Atención Primaria. Barcelona,Elsevier
Bulechek Gloria,Butcher Howar (2014). Clasificación de intervenciones de enfermería (NIC). Barcelona, Elsevier
Moorhead Sue, Johnson Marion (2014). Clasificación de intervenciones de enfermería (NOC). Barcelona, Elsevier
Bulechek GM, Butcher HK, Dochterman JM, Wagner CM, editores. (2014). Clasificación de resultados de enfermería (NIC). 6ª ed. . Madrid: Elsevier
Herdman, TH (2015). NANDA International (2019). Diagnósticos Enfermeros. Definiciones y Clasificación. 2018-2020. Barcelona: Elsevier
Clavijo Chamorro MZ (2011). Educación sanitaria enfermera. Junta de Andalucía, Consejería de CulturA
Cobas Couto, E. (2020). Emprende siendo enfermero. Elvira Cobas Couto
Ayuso Murillo D, Tejedor L, Serrano A (2015). Enfermería Familiar y Comunitaria. Madrid, Díaz de Santos
Formación Alcalá (2017). Enfermeria Familiar y Comunitaria. . Jaen: Formación Alcalá
Arias Vázquez JM, Blanco Rial ML, Constenla Castro A (2005). Estandarización de coidados de enfermería ao paciente inmobilizado no domicilio. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade
Johnson Marion, Bulechek Gloria (2011). Interrelaciones NANDA NOC Y NIC. Barcelona, Elsevier
Cobas Couto, E. (2020). La Revolución Enfermera. Elvira Cobas Couto
Delgado Fernández R, Pérez Vázquez A, Rodríguez Iglesias FJ (2005). Manual de prevención e tratamento de úlceras por presión.. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade
Martínez Riera JR, Del Pino Casado R. (2013). Manual práctico de Enfermería Comunitaria. Barcelona, Elsevier
Organización Mundial de la Salud (1999). Salud 21. Ministerio de Sanidad y Consumo.
(). www.agefec.org/web.
(). www.fisterra.com/.
(). www.sergas.es/. |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Enfermaría Comunitaria I/750G01014 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores. Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas. Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. |
|