Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A62 |
Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo. |
B8 |
Capacidade de análise e sínteses. |
B9 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B10 |
Capacidade para adaptarse ás situacións novas. |
B11 |
Capacidade e habilidade de xestión da información. |
B12 |
Capacidade para organizar e planificar. |
B13 |
Toma de decisións. |
B14 |
Habilidades interpersonais. |
B15 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
B16 |
Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade. |
B19 |
Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio. |
B20 |
Sensibilidade cara a temas medioambientais. |
B22 |
Capacidade para motivarse e motivar a outros. |
B24 |
Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C10 |
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
C11 |
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
C12 |
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Cooperar co equipo asistencial sanitario e/ou socio-sanitario |
A62
|
B1 B3 B5 B7 B10 B11 B12 B13 B14 B22 B24
|
C1 C3
|
Desenvolver estratexias de comunicación efectiva coas persoas atendidas, as suas familias e grupos |
A62
|
B1 B3 B6 B7 B9 B11 B12 B14 B15 B16
|
C1 C7 C12
|
Aplicar o proceso de atención de enfermaría integrando os coñecementos dos problemas de saude das persoas nas diferentes etapas do ciclo vital. |
A62
|
B1 B3 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B19
|
C3 C4 C10 C11
|
Executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade. |
A62
|
B1 B3 B5 B9 B10 B12 B13 B20
|
C7
|
Actuar segundo os principios éticos e legáis que guían a profesión. Cumplir as normas de funcionamento das institucións sanitarias. |
A62
|
B1 B3 B6 B13 B16 B24
|
C4 C11
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Prácticas clínicas tuteladas, realizadas en institucións de ámbito hospitalario, de saúde mental e sociosanitarios, que permiten ao alumnado a integración nas diferentes contornas clínicas, así como comprender e implementar as funcións das/os enfermeiras/os, integrando e desenvolvendo os coñecementos teóricos, as actitudes e as habilidades. |
Prácticas Clínicas ámbito hospitalario.
Prácticas Clínicas ámbito saúde mental.
Prácticas Clínicas ambito sociosanitario. |
Contidos dos seminarios no ambito da saúde mental:
1.- Seminario-taller introductorio: A práctica narrativa nos contextos de saúde-enfermidade.
2.- Seminarios-talleres: traballo con textos literarios.
3.- Seminario-taller de traballo autobiográfico vivencial. |
Por que nos importan as historias? A función narrativa.
Empatía e narrativa: As historias como acceso á comprensión do outro.
Enfermidade e saúde, o seu impacto na biografía.
Introdución á práctica narrativa en ciencias da saúde.
A procura sentido: escoitar e interpretar as historias dos pacientes. |
Contidos dos seminarios no ámbito sociosanitario:
- Desenvolvemento de estratexias de coidados centrados na persoa. |
- Encher de vida os anos das persoas que viven nun centro sociosanitario.
- Acompañar e soster a fin da vida con dignidade nun centro sociosanitario. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Solución de problemas |
A62 B1 B3 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C3 C4 C11 C12 |
0 |
15 |
15 |
Seminario |
A62 B1 B3 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B19 B22 C1 C7 C10 C11 |
16 |
30 |
46 |
Actividades iniciais |
A62 B1 B10 B11 |
2 |
0 |
2 |
Prácticas clínicas |
A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C7 C10 C12 |
360 |
23 |
383 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Solución de problemas |
A partires de un problema enfermeiro identificado en un grupo de persoas de características similares que viven nun centro sociosanitario, os alumnos deben ser capaces de describir o problema de saúde que presentan, os factores determinantes do mesmo, mapear os recursos que posúen e atopar unha solución creativa e innovadora, científicamente avalada e socialmente aceptable, para respostar profesional e científicamente para resolvelo. Deseñarán para elo un proceso de coidados innovador coa metodoloxía que se lles proporcionará durante o curso para tal fin.
|
Seminario |
Realizaranse varios seminarios obrigatorios no ámbito da saúde mental. Seminarios sobre a práctica narrativa en contextos de saúde e enfermidade a través de textos literarios. Neles traballarase a capacidade de escoitar e apreciar o relato do paciente como unha destreza transversal cuxo desenvolvo permítalle explorar a historia do paciente a través do dialogo, activando a atención, a curiosidade.
No eido sociosanitario realizaranse dous seminarios tamén obrigatorios, o primeiro "Encher de vida os anos das persoas que viven nun centro sociosanitario" e o segundo "Acompañar e soster a fin da vida con dignidade nun centro sociosanitario".
|
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas nos diferentes ámbitos.
Sesión na aula, se explica e aclaran todoslos aspectos necesarios para o desenvolvemento adecuado da práctica clínica nos tres ámbitos da Estancia Clínica.
Especificaránse traballos a entregar, datas de entrega, datas de comenzo da practica clínica e fichas de avaliación, normativa das Practicas Clínicas, accidentes biolóxicos....
|
Prácticas clínicas |
O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que o alumnado observa e participa en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas clínicas |
Solución de problemas |
|
Descrición |
A atención personalizada relacionada coas Prácticas Clínicas ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co seguimento e avaliación dos coñecementos, actitudes, valores e habilidades que o alumnado debe alcanzar.
Así mesmo servirá para axudar aos alumnos nas dificultades persoais que puidesen presentar e que lles dificultasen acadar as competencias propostas.
Realizase de forma individualizada e a demanda do alumnado segundo as necesidades que presente.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas clínicas |
A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C7 C10 C12 |
A súa realización é obrigatoria en tempo, horario e centro establecido desde a escola. Como resultado do rotatorio práctico, xerarase un informe final, o cal será elaborado polo profesor que tutorice ao alumno/a no centro sanitario. Este informe será finalmente valorado polo profesor responsable da materia.
Na elaboración do informe final teranse en consideración os coñecementos, as actitudes profesionais, as habilidades e destrezas técnicas e as aptitudes do/a alumno/a.
O Alumnado coñecerá a ficha de avaliación, antes do inicio das Prácticas clínicas. |
60 |
Seminario |
A62 B1 B3 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B19 B22 C1 C7 C10 C11 |
Criterios de avaliación no ámbito de saúde mental:
1. Asistencia obrigatoria (Seminarios).
2. Lectura de textos literarios, asistencia, participación e entrega dos comentarios e/ou reflexións solicitadas.
Supón o 10% (1 puntos) da nota final.
Será necesario alcanzar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificaciónes do resto de actividades.
Os seminarios do eido sociosanitario suporán igualmente un 10% da nota final, sendo o requisito necesario para acadar esta puntuación a participación presencial e activa en ambos seminarios, así coma a realización das actividades que se plantexen para profundizar no estudo dos temas propostos. |
20 |
Solución de problemas |
A62 B1 B3 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C3 C4 C11 C12 |
Criterios de avaliación do proceso de coidados innovador no eido sociosanitario :
1. Pertinencia e viabilidade da proposta de coidados no eido sociosanitario para o que se propón.
2. Impecabilidade metodolóxica no deseño do proceso de coidados innovador.
3. Compromiso da proposta de coidados coa mellora da saúde e da calidade de vida dos residentes do centro sociosanitario. |
20 |
|
Observacións avaliación |
PRÁCTICAS CLÍNICAS: Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia Estancias Clínicas III e ter superadas as Estancias Clínicas I e II, tal e como consta na memoria do Título de Grao. O alumnado para superar a práctica clínica deberá realizar o 100% das prácticas, faltas de asistencia recuperadas e xustificadas e avaliación positiva dos profesionais cunha nota igual o superior a 5 (sobre 10). Existe a obrigatoriedade de asistir ás prácticas clínicas e non existen faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente acreditadas deberán recuperarse, sempre que non excedan do 50% das planificadas. As non xustificadas poden supor, a criterio dos profesores responsables da materia, o suspenso da materia. A recuperación das faltas nas prácticas realizarase no período establecido polo profesor, antes da data de peche de actas. A aplicación da cualificación correspondente realizarase a condición de que o alumno teña as dúas probas (Prácticas Clínicas e Solución de Problemas) superadas de maneira independente. Para aprobar a materia é necesario superar de maneira independente as dúas probas (Prácticas Clínica e Solución de problemas). A non superación dunha das partes suporá a cualificación de SUSPENSO en acta. A cualificación numérica obterase establecendo un mínimo (Prácticas Clínicas 60%, solución de problemas 30% e seminario 10%) en cada unha das partes. A cualificación final da materia será a media ponderada das Estancias Clínicas realizadas no ámbito hospitalario, sociosanitario e de saúde mental O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable) O feito de presentarse/realizar as prácticas clínicas e ser avaliado en calquera das probas implica figurar en acta como presentado coa cualificación correspondente. Os aspectos e criterios xerais que se terán en consideración ao avaliar as actividades que se farán contorna á devandita metodoloxía (Prácticas Clínicas e Solución de problemas) son a asistencia, participación e compromiso individual e grupal, coherencia dos contidos abordados, coñecementos demostrados na actividade práctico-clínica e na solución de problemas, e as competencias adquiridas para esta materia. As probas superadas na convocatoria de maio-xuño conservaranse para a convocatoria de xullo, coa cualificación obtida. Convocatoria de segunda oportunidade: En caso de non superación da materia (práctica clínica/solución de problemas), poderá recuperar a metodoloxía correspondente a: solución de problemas coa presentación dun novo traballo de solución de problemas, se é a parte non superada. No caso de ter SUSPENSAS as prácticas clínicas NON SON RECUPERABLES, está suxeito ao momento 5 do articulo 18 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DÁS CUALIFICACIÓNS DÚAS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO. Modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017 que sinala: "Nas materias que pola súa natureza avalíense exclusivamente mediante actividades non recuperables, como pode ser o caso das prácticas en empresas, o prácticum ou as prácticas clínicas, os estudantes só poderán empregar a segunda oportunidade para recuperar outras actividades como a memoria ou os informes finais». As condicións para a obtención dunha matricula de honra son que se obteña máis dun 90% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega na solución de problemas e nas prácticas fose significativa. A vixencia do aprobado das Estancias Clínicas manterase por un período de dous cursos lectivos consecutivos á realización das estancias aprobadas, no caso de ter suspenso a proba: solución de problemas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
A bibliografía básica para esta materia está relacionada coas materias que se recomendan ter cursadas e as que se debe cursar simultaneamente (ver apartado 9: recomendacións). |
Bibliografía complementaria
|
|
Bibliografía que os docentes recomenden ou indiquen a través do moodle |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Enfermaría Clínica (I y II)/750G01012 | Enfermaría da Saúde Mental/750G01015 | Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/750G01016 | Estancias Clinicas I/750G01025 | Estancias Clinicas II/750G01026 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Enfermaría clínica III/750G01017 | Enfermaría Xerontolóxica/750G01020 |
|
Materias que continúan o temario |
Estancias Clínicas IV/750G01028 | Estancias Clínicas V/750G01029 | Estancias Clínicas VI/750G01030 | Estancias Clínicas VII/750G01031 | Practicum/750G01032 |
|
Observacións |
Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado na materia Estancias Clínicas III e ter superadas as Estancias Clínicas I e II, tal como consta na memoria do Título de Grao.
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social do "Plan de Acción Green Campus Ferrol", esta materia ten en conta as recomendacións de SUSTENTABILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:
- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
- Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio. |
|