Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A19 |
Coñecer e identificar os procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podolóxica, pé de risco e os parámetros clínicos patolóxicos das afeccións estruturais e funcionais do aparato locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica. Identificar as lesións dermatolóxicas e o seu tratamento. Coñecer e aplicar a Farmacoloxía especifica de uso podolóxico. |
A32 |
Coñecer e aplicar a Farmacoloxía especifica de uso podolóxico. Coñecer e utilizar a farmacoloxía pre e post quirúrxica, os tipos de anestesia en podoloxía e técnicas de aplicación. |
A50 |
Prescribir, administrar e aplicar tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e quirúrxicos. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
B12 |
Capacidade de xestión da información. |
B14 |
Implicación na calidade e busca da excelencia. |
B18 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
B19 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e aplicar a Farmacoloxía específica de uso podológico. |
A19 A32 A50
|
B1 B3 B5 B7 B12 B14 B18 B19
|
C1 C3 C4 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
FARMACOLOXÍA ESPECÍFICA DE USO PODOLÓGICO: INDICACIÓNS, CONTRAINDICACIONES, EFECTOS INDESEADOS, INTERACCIÓNS, PRECAUCIÓNS, PRINCIPIOS ACTIVOS E ESPECIALIDADES DE FÁRMACOS QUE ACTÚAN SOBRE O SISTEMA NERVIOSO CENTRAL E PERIFÉRICO: ANALXÉSICOS (OPIACEOS E AINEs), ANTIINFLAMATORIOS (CORTICOIDES E AINEs) E ANESTÉSICOS LOCAIS. |
1. Introdución á farmacoloxía do sistema nervioso central e periférico.
2. Anestésicos locais.
3. Analxésicos opioides.
4. Mediadores celulares implicados na dor e a inflamación: Histamina (antihistamínicos) e eicosanoides.
5. Fármacos analxésicos e antiinflamatorios non esteroideos (AINEs).
6. Antirreumáticos.
7. Corticoides e antiinflamatorios esteroideos. |
FARMACOLOXÍA ESPECÍFICA DE USO PODOLÓGICO: INDICACIÓNS, CONTRAINDICACIONES, EFECTOS INDESEADOS, INTERACCIÓNS, PRECAUCIÓNS, PRINCIPIOS ACTIVOS E ESPECIALIDADES DE FÁRMACOS ANTIINFECCIOSOS: ANTIBIÓTICOS, ANTIVÍRICOS, ANTIFÚNGICOS E ANTIPROTOZOARIOS. |
8. Antibióticos de uso tópico.
9. Antifúngicos de uso tópico.
10. Antivíricos de uso tópico.
|
FARMACOLOXÍA ESPECÍFICA DE USO PODOLÓGICO: INDICACIÓNS, CONTRAINDICACIONES, EFECTOS INDESEADOS, INTERACCIÓNS, PRECAUCIÓNS, PRINCIPIOS ACTIVOS E ESPECIALIDADES DE FÁRMACOS QUE ACTÚAN SOBRE O METABOLISMO (ESPECIAL ATENCIÓN AOS ANTIDIABÉTICOS). |
11. Fármacos hipouricemiantes y antigotosos.
12. Tratamiento da diabetes: insulinas.
13. Tratamiento da diabetes: hipoglucemiantes orales.
|
FARMACOLOXÍA ESPECÍFICA DE USO PODOLÓGICO: INDICACIÓNS, CONTRAINDICACIONES, EFECTOS INDESEADOS, INTERACCIÓNS, PRECAUCIÓNS, PRINCIPIOS ACTIVOS E ESPECIALIDADES DA FARMACOLOXÍA SANGUÍNEA (ANTICOAGULANTES E ANTIAGREGANTES PLAQUETARIOS). |
14. Farmacoloxía da coagulación e a hemostasia.
15. Fármacos antiagregantes plaquetarios.
|
FARMACOLOXÍA ESPECÍFICA DE USO PODOLÓGICO: INDICACIÓNS, CONTRAINDICACIONES, EFECTOS INDESEADOS, INTERACCIÓNS, PRECAUCIÓNS, PRINCIPIOS ACTIVOS E ESPECIALIDADES DA FARMACOLOXÍA TÓPICA. |
16. Farmacoloxía dermatológica. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba de resposta múltiple |
A19 A32 A50 B1 B3 B5 B7 B12 B14 B18 B19 C1 C3 C4 C7 |
2 |
146 |
148 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba de resposta múltiple |
50 preguntas con 5 respostas das cales só unha é correcta. Non se aplica factor de corrección polas respostas non acertadas. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
Durante as sesións maxistrais poderase expor as dúbidas que xurdan. Posteriormente e vía correo electrónico tamén se poden expor dúbidas sobre os temas expostos en clase. En cada tema haberá un foro/chat no campus virtual para as dúbidas que poidan xurdir.
Durante os talleres realizarase atención personalizada para resolver as dúbidas e problemas que lle xurdan ao alumno.
O alumno conta co apoio do profesor para a elección do tema do traballo tutelado. Ademais o profesor axudará o alumno nas dúbidas que lle vaian xurdindo durante a realización do traballo tutelado e a preparación da presentación oral. O profesor colaborará co alumno na realización da presentación oral do traballo tutelado realizado.
A atención personalizada en forma de titorías desenvolverase mediante concertación de cita previa co alumnado, quedando esta supeditada á dispoñibilidade dos horarios tanto do alumnado (aspecto este prioritario) como do profesor/a. Por tanto, de forma programada, a atención personalizada poderá desenvolverse de forma presencial, de ser requirida e/ou pertinente, na localización indicada e os horarios de atención ao alumnado que se recollen na plataforma da UDC para a indicación de "As miñas titorías", ou de forma virtual, sendo atendidas as titorías por correo electrónico ou a través doutros medios telemáticos que permita a plataforma virtual, como as mensaxes do campus virtual, ou outras vías como a telefónica ou a videoconferencia, de ser pertinentes. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba de resposta múltiple |
A19 A32 A50 B1 B3 B5 B7 B12 B14 B18 B19 C1 C3 C4 C7 |
O alumno deberá realizar unha proba de 50 preguntas tipo test con resposta múltiple, unha correcta de entre 5 posibles. Cada 3 preguntas incorrectas desconta o valor dunha pregunta correcta. Para aprobar a asignatura é necesario ter 25 preguntas correctas unha vez aplicado o criterio de penalización. As respostas serán evaluadas únicamente na plantilla de respostas do examen. |
100 |
|
Observacións avaliación |
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable) Outorgarase Matrícula de Honra Graciable, ao alumno coa maior puntuación global sempre que sexa maior de 9.5. No caso de que o número de matrículas que se poidan outorgar sexa menor que o número de alumnos coa maior puntuación global, outorgarase matrícula de honra a aqueles alumnos coa maior nota no exame. Se continua sendo menor o número de matrículas de honra que se poden outorgar terase en conta a nota da presentación oral do traballo tutelado, o traballo tutelado escrito e por último a nota dos talleres. Alumnos con matrícula a tempo parcial (deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso) e dispensa académica: a avaliación dos talleres realizarase pola entrega dos exercicios expostos en cada taller no campus virtual. Nestes casos, a presentación oral dúas traballos tutelados será acordada co alumno/a sen ter que ser ou día que lle corresponde. A avaliación da proba de resposta múltiple realizarase seguindo as indicacións desta guía. Alumnos con segunda matrícula e posteriores (deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso): poden presentar dispensa académica e a avaliación dos talleres, traballo tutelado e presentación oral manterase da matrícula anterior. Poderase subir a nota volvendo realizar os exercicios expostos nos talleres, traballo tutelado e presentación oral nesa matrícula. A avaliación da proba de resposta múltiple realizarase seguindo as indicacións desta guía. Considerarase non presentado: aquel alumno que entregue menos do 50% dos exercicios expostos no taller, non realice o traballo tutelado nin a presentación oral e non asista ao exame final.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
1. Rang HP, Dale MM, Ritter JM, Flower RJ. Farmacología. 7ª ed. Madrid:Elsevier, 2012. 2. Flórez J. Farmacología Humana. 5ª ed. Barcelona: Masson, 2008. 3. Lorenzo-Velázquez B, Lorenzo Fernández P. Farmacología básica y clínica. 18ªed. Madrid: Médica Panamericana, 2013. 4. Goodman & Gilman. Las Bases Farmacológias De La Terapéutia- 13º Edición. McGraw Hill. |
Bibliografía complementaria
|
|
1.Gómez Ortiz, Santiago y Gómez Facundo, Santiago. Guía farmacológica de utilización en podología. Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos.Barcelona: Nexus Médica Editores S.L. 2015. 2. Luis F. Villa Alcázar. Medimecum: Guía de terapia Farmacológica 2020. Ed Springer Healthcare Ibérica 25ª ed. 3.Marta E. LosaIglesias, Ricardo Becerro de Bengoa Vallejo, Cándida María Losa Iglesias. Principios de farmacología clínica y terapéutica en podología ante la infección. Madrid: C.E.R.S.A., 2005. 4. J. Ignacio de Ahumada Vázquez, M.ª Luisa Santana Falcón, José S. Serrano Molina.Ignacio de. Farmacología práctica para las diplomaturas en ciencias de la salud: (enfermería, fisioterapia, podología) : con autoevaluación. Madrid : Díaz de Santos, 2002. 5. Espinás Boquet J, Vilaseca Canals J. (coordinadores). Guía Terapéutica en Atención Primaria (Basada en la selección razonada de medicamentos). 7ª ed. Barcelona: Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria; 2018. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Farmacoloxía [extinguida]/750G02009 | Prácticum 1 [a extinquir]/750G02033 | Prácticum 2 [a extinguir]/750G02034 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Farmacoloxía [extinguida]/750G02009 |
|
Observacións |
É moi recomendable que o alumno superase a materia de Farmacoloxía de segundo curso do grao. Na entrega de traballos recoméndase aos alumnos que o presenten en pdf no campus virtual.
Os alumnos deben estar claros que a aplicación da normativa
da UDC sobre as situacións de plaxio será revisada polo profesorado.
|
|