Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A103 |
CE39 - Coñecer e desenvolver as técnicas de exploración, para emitir un diagnóstico e prognóstico, e deseñar o plan de tratamento ortopodolóxico de acordo aos obxectivos terapéuticos |
A104 |
CE40 - Desenvolver a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos ortopodolóxicos identificando os riscos derivados da actividade e implementando as medidas de seguridade necesarias |
A105 |
CE41 -Coñecer, diagnosticar e tratar as patoloxías do pé: Traumatismos óseos e músculo-ligamentosos, patoloxía de antepe e retropé, deformidades conxénitas e adquiridas, lesións neurolóxicas, Amputacións e Asimetrías |
A106 |
CE42 -Obter os coñecementos e capacidade para deseñar, obter e aplicar as orteses plantares, ortesis dixitais, próteses e férulas mediante o uso de diferentes técnicas e materiais |
A110 |
CE46 - Adquirir a capacidade de prescribir tratamentos ortopédicos da extremidade inferior |
B24 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B28 |
CG01 - Coñecer e aplicar os fundamentos teóricos e metodolóxicos da Podoloxía e Podiatría |
B30 |
CG03 - Obter a capacidade, habilidade e destreza necesarias para diagnosticar, prescribir, indicar, realizar e/ou elaborar e avaliar calquera tipo de tratamento podolóxico, ortopodolóxico, quiropodolóxico, cirurxía podolóxica, físico, farmacolóxico, preventivo e/ ou educativo, baseado na Historia clínica |
B32 |
CG05 - Colaborar cos profesionais sanitarios especificamente formados na materia, na adaptación e uso de prótese e axudas técnicas necesarias, segundo as condicións físicas, psicolóxicas e sociais dos doentes |
B39 |
CG12 -Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativo en contornas interdisciplinares |
C9 |
CT01 - - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
C13 |
CT05 -- Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras |
C15 |
CT07 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentable ambiental, económico, político e social |
C16 |
CT08 - V- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Coñecer os diferentes plans de tratamento ortopodolóxico e ortoprotésico do membro inferior
|
A103 A105
|
B24 B28
|
C9 C13 C16
|
Coñecer e realizar a prescripción dos tratamentos ortopodolóxicos e ortoprotésicos da extremidade inferior. |
A110
|
B30
|
C9 C15
|
Aplicar á asistencia clínica os conceptos necesarios para o estudo e diagnóstico da patomecánica do pe e a confección dos seus tratamentos ortopodolóxicos
|
A104 A106
|
B32 B39
|
C15
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
Conceptos necesarios no estudo e diagnóstico das patoloxías podolóxicas susceptibles de tratamento ortopodolóxico |
|
Tratamento protésico das amputacións do membro inferior |
|
Axudas e ortesis para a marcha |
|
Tratamento ortopodolóxico das deformidades conxénitas, lesións neurolóxicas e grandes deformidades. |
|
Tratamento ortopodolóxico das asimetrías do membro inferior |
|
Tratamento ortopodolóxico da patoloxía podolóxica infantil e xeriátrica |
|
Plans de tratamento ortopodolóxico e ortoprotésico da patoloxía do membro inferior con repercusión no pe. |
|
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Guest lecture / keynote speech |
A105 A106 A110 B28 C16 |
13 |
27 |
40 |
Workshop |
A103 A104 B24 B39 |
6 |
10 |
16 |
Clinical practice placement |
A103 A104 A105 A106 B30 B32 B39 C9 C13 C15 |
25 |
9 |
34 |
Supervised projects |
A105 B39 C9 C16 |
2 |
16 |
18 |
Practical test: |
A103 A104 A106 |
2 |
15 |
17 |
Objective test |
A103 A105 A106 A110 B28 |
2 |
20 |
22 |
|
Personalized attention |
|
3 |
0 |
3 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Guest lecture / keynote speech |
Os contidos teóricos da materia serán impartidos mediante clases expositivas, con apoio de medios audiovisuais, imaxes, vídeos,... e con enfoque participativo por parte do alumnado. |
Workshop |
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (prácticas guiadas, exposicións, simulacións, debates, solución de problemas,... etc) a través da que o alumnado reforzará o seu coñecemento teóricos, co apoio e supervisión do profesorado. Ó comenzo de curso fixarase as datas e grupos dos diferentes obradoiros. |
Clinical practice placement |
Nas prácticas clínicas o alumnado debe pór en práctica os contidos teóricos da materia con actividades individuais ou en grupo. Ditas prácticas consistirán en prácticas de simulación clínica na Facultade e prácticas clínicas con pacientes reais na CUP. Ó comezo de curso fixarase as datas e grupos dos diferentes días de prácticas e instalacións onde se levarán a cabo, así como o material e indumentaria necesario. |
Supervised projects |
O alumnado desenvolverá un traballo obrigatorio en grupo sobre un plan de tratamento ortopodolóxico. |
Practical test: |
A proba práctica consistirá na simulación dun caso clínico no que o alumnado deberá demostrar os coñecementos mínimos para a súa resolución, cun plan de tratamento xustificado e a fabricación do tratamento ortopodolóxico indicado. |
Objective test |
A proba obxectiva está relacionada cos contidos expostos nas sesións maxistrais, obradoiros e prácticas clínicas |
Personalized attention |
Methodologies
|
Practical test: |
Guest lecture / keynote speech |
Workshop |
Supervised projects |
Objective test |
|
Description |
A atención personalizada realizarase de forma presencial ou virtual a través do correo electrónico ou Teams, programada previamente coa profesora. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Practical test: |
A103 A104 A106 |
O alumnado debe superar a proba práctica da materia cun 50% da avaliación total da mesma para superar a materia |
20 |
Workshop |
A103 A104 B24 B39 |
Avaliarase a presencialidade e participación do alumnado nas diferentes actividades realizadas nos obradoiros. Non é obrigatoria a asistencia aos obradoiros para superar a materia, pero si avaliable. |
10 |
Clinical practice placement |
A103 A104 A105 A106 B30 B32 B39 C9 C13 C15 |
SERÁ OBRIGATORIO A ASISTENCIA Á TOTALIDADE DAS PRÁCTICAS CLÍNICAS PARA SUPERAR A MATERIA.
Avaliarase a presencialidade e participación do alumnado nas mesmas. O alumnado que teña faltas de puntualidade e de actitude durante as prácticas, será penalizado en cada ocasión, sobre a nota de prácticas.
Ao comezo de curso elaborarase un calendario de prácticas por grupo. É necesario obter, polo menos, un 50 % da calificación total desta metodoloxía para superar a materia
|
20 |
Supervised projects |
A105 B39 C9 C16 |
Avaliarase o interese do tema, a procura bibliográfica e a estrutura e contido do traballo. O alumnado deberá expoñer de forma oral o traballo e a exposición tamen computará na avaliación. Salvo causa xustificada todo o alumnado debe estar presente na exposición dos traballos.
Ao comezo de curso fixarase a data límite de entrega de traballos e a data de exposición . É necesario obter, polo menos, un 50 % da calificación total desta metodoloxía para superar a materia |
10 |
Objective test |
A103 A105 A106 A110 B28 |
Devandito exame realizarase sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como en obradoiros, prácticas clínicas e exposición de traballos tutelados.
É necesario obter, polo menos, un 50% da cualificación total da proba obxectiva para superar a materia.
15 días antes da proba facilitaráselle ó alumnado as indicacións, tipo de preguntas e puntuación das preguntas do examen.
|
40 |
|
Assessment comments |
PARA SUPERAR A MATERIA É NECESARIO:
- PRÁCTICAS CLÍNICAS: Asistir á totalidade das prácticas clínicas. A FALTA DE ASISTENCIA INXUSTIFICADA A ALGUNHA DAS PRÁCTICAS SEGÚN O CALENDARIO MARCADO Ó INICIO DE CURSO SUPORÁ O SUSPENSO DA MATERIA. - PROBA PRÁCTICA: Superar a proba práctica cun 50% da cualificación total desta.
- TRABALLOS TUTELADOS: Realizar o traballo tutelado de acordo ás pautas
do profesor. Obter, polo menos, un 50% da cualificación total do traballo
tutelado. E obrigatorio a asistencia á exposición dos traballos tutelados,
salvo causas xustificadas.
- PROBA OBXECTIVA: Superar a proba obxectiva cun 50% da cualificación
total desta.
É NECESARIO QUE A SUMA DE TÓDALAS METODOLOXIAS OBTEÑAN UN 50% DA
CUALIFICACIÓN TOTAL DA MATERIA. A FALTA DE ASISTENCIA ÁS PRÁCTICAS CLÍNICAS OU PROBAS DE AVALUACIÓN TAN SO ESTARÁN XUSTIFICADAS POLAS SEGUINTES CAUSAS: a) Enfermidade ou lesión que incapacite para a realización da práctica ou proba (indispensable previo aviso á docente a través do correo electrónico e xustificante médico do mesmo día ou anterior á falta). b) Falecemento dun familiar ata o terceiro grao ata catro días antes. c) Citación xudicial que coincida coa data da práctica ou proba. d) Asistencia como membro a unha sesión do Claustro, do Consello Social, Consello de Goberno ou de calquera órgano colexiado de goberno da UDC ou de calquera órgano onde se acuda en representación da UDC, que coincida coa data da práctica ou proba. e) Participación en competición deportiva como deportista de alto nivel ou alto rendemento, ou como deportista da UDC participando en competicións de ámbito autonómico ou superior. f) Asistencia a unha mobilización estudiantil cando coincida coa realización dunha tarefa ou actividade cuxa inasistencia afecte á cualificación da materia. En todo caso naqueles termos que regulen os órganos de goberno da Universidade. MATRICULA DE HONRA. O alumnado con nota igual ou
superior a 9 poderán optar a matrícula de honra. A decisión tomarase pola nota
máis altas. De existir empate tomarase como referencia a nota máis alta das
metodoloxías dende as de máis peso as de menor peso na avaliación.
NON PRESENTADO. O alumnado que non curse ou participe en ningunha das
metodoloxías de avaliación será avaliado como "NON PRESENTADO".
MATRICULA PARCIAL. Para superar a materia deben superar nun 50% a nota
da proba obxectiva, o 50% da nota das prácticas clínicas e o 50% da proba práctica. A asistencia
ás prácticas clínicas é obrigatoria. O traballo tutelado teñen a
posibilidade de facelo de modo individual. É obrigatorio a exposición e a
asistencia ó día da exposición dos traballos, salvo causas xustificadas. A
asistencia ós obradoiros pode ser sustituida pola realización dun traballo a
acordar co profesor. O alumnado debe informar ó profesor desa situaciónn o inicio das clases. É necesrio obtener un 50% de la calificación global de la asignatura. DISPENSA. O alumnado con solicitud de dispensa ten a obriga de asistir
á totalidade das prácticas clínicas. A avaliación das prácticas clínicas e a proba práctica será a mesma que para o resto do alumnado, tendo que superar as mesmas nun 50%. E terá a opción de ser
avaliado do resto das competencias na proba obxetiva (60%),
sendo requisito imprescindible para superar a materia aprobar cunha puntuación
igual ou superior ó 50%. Neste caso a proba obxetiva contará con preguntas tipo
test e pregunta escrita.
OPORTUNIDADE ADIANTADA. O alumnado que non teña pendente mais de 12
créditos, de materias das que xa estivese matriculado nalgún curso académico,
ou de 18 créditos correspondentes ás prácticas, ademais do TFG, para finalizar
os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación,
que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º
cuadrimestre, naquelas datas que se establezan no calendario académico aprobado
polo Consello de Goberno. Os criterios de avaliación serán os mesmos que para o
resto do alumnado.
2º O POSTERIORES OPORTUNIDADES. O alumnado presentado a 2º ou
posteriores oportunidades gardaráselles as notas da parte de proba práctica,
obradoiros, traballos tutelados e exposición oral sempre que participase e
superase as diferentes actividades.
|
Sources of information |
Basic
|
Oriol Cohí, Lluís Ximeno (2011). Actualizaciones en técnica ortopédica. Barcelona: Masson
Kirby, K. (2019). Biomecánica del Pie y la Extremidad Inferior V : Artículos de Precisión Intricast, 2014-2018. Payson, Arizona : Precision Intricast
Kirby, K. (2012). Biomecánica del Pie y la Extremidad Inferior, 3 Vols.. Payson:Autor-editor
Kirby, K. (2016). Biomecánica del pie y la extremidad inferior, Vol. IV: Articulos de precision Intricast. Payson:Autor-editor
Viosca Herrero, Enrique (2004). Guía de uso y prescripción de productos ortoprotésicos a medida. Valencia: Instituto de Biomecánica de Valencia (IBV)
Zambudio Periago, Ramón (2009). Prótesis, ortesis y ayudas técnicas.. Barcelona: Elsevier Masson |
Ó longo do curso, xunto con cada unidade da materia, facilitaraselle ao alumnado referencias bibliográficas específicas. | |
Complementary
|
|
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
Specific Anatomy of the Lower Limb/750G02104 | Podiatric Pathology I/750G02119 | Podiatric Orthopedics II/750G02116 | Biomechanics of the Lower Limb/750G02111 | Podiatric Orthopedics I/750G02115 |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
Podiatric Pathology II/750G02120 |
|
Subjects that continue the syllabus |
Practicum II/750G02135 | Practicum III/750G02136 | Practicum I/750G02134 |
|
Other comments |
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": 1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Ante unha situación de plaxio ou copia nas probas de avaliación aplicarase a normativa da UDC. |
|