Identifying Data 2022/23
Subject (*) Sports Podiatry Code 750G02123
Study programme
Grao en Podoloxía
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Fourth Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Ciencias da Saúde
Coordinador
Alonso Tajes, Francisco
E-mail
francisco.alonso.tajes@udc.es
Lecturers
Alonso Tajes, Francisco
E-mail
francisco.alonso.tajes@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
General description O obxectivo xeral da materia é formar ao futuro profesional nos coñecementos, competencias e aplicación da ciencia podolóxica ao campo da podoloxía / medicina deportiva, a través do estudo das características xerais da práctica do deporte e o perfil dos e as deportistas, así como dos principais factores de risco de lesión asociados á realización de exercicio físico e/o a práctica de deporte, e a súa relación coa aparición de afeccións agudas ou crónicas do membro inferior, especialmente no complexo anatómico nocello-pé.

A materia aborda a aplicación dos tratamentos dos diferentes campos terapéuticos podolóxicos (físicos, ortésicos, farmacolóxicos, etc.) ás afeccións cuxa causa de base sexa a práctica deportiva, realizando para ditas afeccións unha planificación integral tanto do seu tratamento como da súa prevención.

Os principais bloques de contidos que se desenvolverán na materia son: Fundamentos de podoloxía deportiva e medicina do deporte. Conceptos básicos do exercicio físico e do deporte. Superficies de práctica deportiva. Epidemioloxía das lesións deportivas do membro inferior. Análise podolóxico na práctica deportiva: o xesto deportivo. Lesións do membro inferior asociadas á práctica deportiva (óseas, músculo-tendinosas, ligamentosas, neurolóxicas e dérmicas). Prevención das lesións asociadas á práctica deportiva. Análise do calzado deportivo: conceptos xerais.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A100 CE36 Coñecer e diferenciar, segundo os parámetros clínicos, os procesos patolóxicos do pé, as afeccións estruturais e funcionais do aparello locomotor, as patoloxías de membro inferior e os procesos sistémicos con repercusión podolóxica
A101 CE37 - - Identificar as lesións dermatolóxicas e coñecer o seu tratamento
A102 CE38 - Coñecer e aplicar a Farmacoloxía especifica de uso podolóxico
A103 CE39 - Coñecer e desenvolver as técnicas de exploración, para emitir un diagnóstico e prognóstico, e deseñar o plan de tratamento ortopodolóxico de acordo aos obxectivos terapéuticos
A105 CE41 -Coñecer, diagnosticar e tratar as patoloxías do pé: Traumatismos óseos e músculo-ligamentosos, patoloxía de antepe e retropé, deformidades conxénitas e adquiridas, lesións neurolóxicas, Amputacións e Asimetrías
A111 CE47 - Coñecer e aplicar os principios da calzadoterapia, diferenciar as partes, os elementos e os diferentes tipos de calzado
A112 CE48 - Coñecer e aplicar os métodos físicos, eléctricos e manuais na terapéutica das distintas patoloxías morfolóxicas e funcionais do pé e no tratamento da dor e a inflamación
B24 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B25 CB3 -- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B30 CG03 - Obter a capacidade, habilidade e destreza necesarias para diagnosticar, prescribir, indicar, realizar e/ou elaborar e avaliar calquera tipo de tratamento podolóxico, ortopodolóxico, quiropodolóxico, cirurxía podolóxica, físico, farmacolóxico, preventivo e/ ou educativo, baseado na Historia clínica
B34 CG07 - Coñecer, deseñar e aplicar programas preventivos relacionados coa podoloxía e o fomento da atención podolóxica na poboación
C11 CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C12 CT04 -Desenvolver o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero
C14 CT06 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
O alumno/a é capaz de valorar a biomecánica e patomecánica do pé presente nas diferentes técnicas deportivas, de realizar os tratamentos necesarios para tratar e/ou mellorar a funcionalidade do pé na práctica deportiva. Será capaz de explicar os fundamentos básicos fisiológicos do exercicio físico e o deporte, e a súa relación coas afeccións podolóxicas, así como analizar a contorna no que se desenvolven as actividades deportivas e a súa influencia nas afeccións podolóxicas. A100
A105
B24
C12
O alumno/a é capaz de identificar e tratar as lesións podolóxicas máis frecuentes asociadas ao exercicio físico e ao deporte A100
A101
A105
B25
O alumno/a coñece e aplica os métodos físicos, eléctricos e manuais na terapéutica das distintas patoloxías do pé. O alumnno/a adapta e aplicar os tratamentos físicos, cirúrxicos e farmacolóxicos, ás lesións podológicas máis frecuentes asociadas ao exercicio físico e ao deporte A102
A112
B30
C11
O alumno/a coñece e aplica terapia da dor e inflamación do pé mediante o deseño e a aplicación protocolos para o tratamento e a prevención das lesións podolóxicas máis frecuentes asociadas ao exercicio físico e ao deporte A102
A112
B30
C12
C14
O alumno/a coñece, deseña e aplica ortesiología plantar e dixital ás lesións podolóxicas máis frecuentes asociadas ao exercicio físico e ao deporte A103
B34
O alumno/a coñece e realiza estudos do calzado, calzadoterapia, mediante a análise das características xerais e particulares do calzado deportivo, a súa función e criterios de selección para o exercicio físico e o deporte A111
B25
C11

Contents
Topic Sub-topic
FUNDAMENTOS DE PODOLOXÍA DEPORTIVA
EXERCICIO FÍSICO E DEPORTE
SUPERFICIES
ANÁLISES PODOLÓXICO
EXPLORACIÓN PODOLÓXICA DO DEPORTISTA
TEMA 1:
Introdución á podoloxía deportiva. Conceptos básicos de podoloxía deportiva e medicina do deporte. Deporte e saúde. O papel da podoloxía na medicina deportiva: o equipo multidisciplinar.
TEMA 2:
Exercicio físico e deporte: definicións e características. Principios xerais de fisioloxía do exercicio. Perfís de pacientes deportistas: a idade e o sexo. Psicoloxía no proceso de atención ao paciente deportista.
TEMA 3:
A análise podolóxica na práctica deportiva: o xesto deportivo. Biomecánica da carreira. Protocolo de exploración do paciente deportista. Influencia das superficies na práctica deportiva.
EPIDEMIOLOXÍA DAS LESIÓNS DEPORTIVAS DO MEMBRO INFERIOR.
LESIÓNS DO MEMBRO INFERIOR ASOCIADAS Á PRÁCTICA DEPORTIVA: ÓSEAS, MÚSCULO-TENDINOSAS, LIGAMENTOSAS, NEUROLÓXICAS E DÉRMICAS.
DIAGNÓSTICO E TRATAMENTO
TEMA 4: Epidemioloxía xeral das lesións do membro inferior asociadas á práctica deportiva
TEMA 5:
Lesións óseas. Fracturas. Afeccións óseas asociadas ao estrés mecánico.
TEMA 6:
Lesións de ligamentos e fascia. Escordaduras de nocello. Fasciopatía plantar e deporte.
TEMA 7:
Lesións tendinosas e musculares. Tendinopatías aquíleas.
TEMA 8:
Lesións neurolóxicas. Neuropatías asociadas ao deporte.
TEMA 9:
Outras lesións frecuentes na práctica deportiva. Lesións da pel: mecánicas e infecto-contaxiosas.
PREVENCIÓN DAS LESIÓNS ASOCIADAS Á PRÁCTICA DEPORTIVA
ADAPTACIÓN DE TRATAMENTOS PODOLÓXICOS AO PACIENTE DEPORTISTA
ESTUDO PODOLÓXICO DO CALZADO DEPORTIVO
TEMA 10:
Prevención das afeccións podolóxicas asociadas á práctica deportiva. Quecemento, enfriamiento e estiramentos.
TEMA 11:
Os tratamentos ortopodolóxicos, físicos e farmacolóxicos no proceso de atención ao deportista. Uso de substancias e métodos prohibidos: dopaxe.
TEMA 12:
Características xerais e criterios de selección do calzado deportivo

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A100 A101 A102 A103 A105 A111 A112 21 42 63
Clinical practice placement A100 A103 B30 C11 C12 C14 9 3 12
Objective test A100 A101 A102 A103 A105 A111 A112 1 20 21
Case study A100 A101 A102 A103 A105 A111 A112 1 20 21
Seminar A100 B24 B25 B34 14 10 24
 
Personalized attention 9 0 9
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech As sesións maxistrais consisten en clases expositivas-participativas dos contidos básicos da materia, con apoio audiovisual de imaxes, vídeos, etc. As sesións maxistrais centraranse na exposición e debate dos contidos principais do temario.

Poñerase ao dispor do alumnado, de maneira secuencial e a través do Campus Virtual, todo o temario cos contidos teóricos da materia. Para que as sesións presenciais teñan un carácter máis interactivo, é recomendable unha lectura detida do tema que se vaia a impartir na sesión correspondente. No campus virtual estará dispoñible un cronograma orientador cos temas que se traballarán en cada sesión expositiva.
Clinical practice placement As prácticas da materia de Podoloxía Deportiva teñen carácter clínico e realizaranse na Clínica Universitaria de Podoloxía. Nelas desenvolveranse os protocolos de exploración e tratamento do paciente deportista, e incidirase na aplicación das probas de exploración e análise biomecánico do xesto deportivo, e a aplicación de tratamentos podolóxicos adaptados ao paciente deportista.
Objective test Proba obxectiva de 40 preguntas tipo test con 5 opcións de resposta e unha única resposta verdadeira. As respostas incorrectas penalizan un 25% do valor da pregunta.
Case study Resolución de casos clínicos cuxo motivo de consulta é patoloxía do pé asociada ao exercicio físico ou á práctica deportiva.
Os casos conteñen unha descrición con datos clínicos a partir dos cales o estudante deberá responder a cuestións relacionadas co diagnóstico e co tratamento.
Seminar Os seminarios da materia de Podoloxía Deportiva consistirán no estudo de temas específicos relacionados cos contidos da materia, nos que se traballarán tanto competencias específicas como transversais (procura bibliográfica, fomento dun segundo idioma, etc.), mediante diferentes actividades de traballo, fundamentalmente en grupo, as cales incluirán actividades como a resolución de casos clínicos relacionados coa actividade física e o deporte, utilizando metodoloxías de traballo colaborativo. Os seminarios tamén poden incluír outras actividades como debates, ou traballo práctico clínico de contidos relacionados coa exploración, diagnóstico ou tratamento podológico das deportistas.

As actividades dos seminarios poderán desenvolverse na aula da Facultade de Enfermería e Podoloxía ou na aula e nas salas da Clínica Universitaria de Podoloxía.

No campus virtual estará dispoñible cronograma orientador cos días nos que se planificarán os seminarios para cada grupo ou grupos de estudantes.

Personalized attention
Methodologies
Objective test
Case study
Clinical practice placement
Seminar
Guest lecture / keynote speech
Description
A atención personalizada desenvolverase mediante concertación de cita previa co alumnado, quedando esta supeditada á dispoñibilidade dos horarios tanto do alumnado (aspecto este prioritario) como do profesor. Por tanto, de forma programada, a atención personalizada poderá desenvolverse de forma presencial, de ser requirida e/ou pertinente, na localización indicada e os horarios de atención ao alumnado que se recollen na plataforma da UDC para a indicación de "As miñas titorías";, ou de forma virtual, sendo atendidas as titorías por correo electrónico ou a través doutros medios telemáticos que permita a plataforma virtual, como as mensaxes no Campus Virtual da UDC, ou outras vías como a telefónica ou a videoconferencia (A través da plataforma TEAMS).

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Objective test A100 A101 A102 A103 A105 A111 A112 Proba obxectiva de 40 preguntas tipo test con 5 opcións de resposta e unha única resposta verdadeira. As respostas incorrectas penalizan un 25% do valor da pregunta. 40
Case study A100 A101 A102 A103 A105 A111 A112 Resolución de casos clínicos cuxo motivo de consulta é patoloxía do pé asociada ao exercicio físico ou á práctica deportiva.
Os casos conteñen unha descrición con datos clínicos a partir dos cales o estudante deberá responder a cuestións relacionadas co diagnóstico e co tratamento.
30
Clinical practice placement A100 A103 B30 C11 C12 C14 A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria para todo o alumnado en calquera modalidade de matrícula.
Na cualificación das prácticas clínicas terase en conta:
1)a aplicación dos coñecementos á práctica, especialmente os relacionados coa exploración e análise podolóxico do deportista durante a realización das prácticas (50% da cualificación desta metodoloxía)
3)o enchemento dun cuestionario individual sobre coñecementos da aplicación de contidos teóricos á práctica clínica (50% da cualificación desta metodoloxía)
10
Seminar A100 B24 B25 B34 Nos seminarios desenvolveranse actividades que ha de elaborar o alumnado de maneira individual ou en grupo e entregar en tempo en forma tal e como estará descrito no apartado correspondente da materia no Campus virtual da UDC. En cada seminario especificarase o obxectivo da mesma, os requisitos de formato e a súa puntuación correspondente.

Para que as actividades sexan cualificadas e computen na cualificación final o alumnado debe asistir e participar nas actividades planificadas nos seminarios, fóra dos alumnos/as matriculados a tempo parcial, que terán nesta metodoloxía dispensa académica.
20
 
Assessment comments
  1. Para superar a materia é obrigatorio asistir ás prácticas clínicas e superar o exame teórico (cunha calificsción mínima do 50% do seu valor total). 
  2. As cualificacións das prácticas clínicas e os seminarios só computarán na cualificación final se se supera o 50% da cualificación do exame (non é necesario obter o 50% de cada parte; pódese obter o 50% con calquera combinación entre a porcentaxe da proba obxectiva e os casos clínicos). 
  3. No caso de non presentarse ou non superar o exame na primeira oportunidade, as cualificacións das prácticas clínicas e os seminarios computarán na segunda oportunidade se se supera nesa oportunidade o 50% da cualificación do exame. A cualificación que figurará na acta, en caso de non superar o exame, será a cualificación do exame calculada sobre o 100% da avaliación. 
  4. En segunda e sucesivas matrículas só computarán as cualificacións da metodoloxía práctica e os seminarios do curso inmediatamente anterior ao vixente (para a materia do plan de estudos de 2019).
    A cualificación de Non Presentado outorgarase no caso de que non se presente ao exame ou non realice o 100% das prácticas clínicas.
  5. A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis alumnos/as con cualificación con opción a matrícula que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocarase a todos os alumnos/as para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de características similares ás da proba obxectiva, exame que se fixará en data e hora #de acordo con os interesados/as. En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación final igual ou superior a 9.0, poderán optar á matrícula de honra previa solicitude ao profesor e mediante a superación da proba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor se reserva a potestade de outorgalas naqueles casos que, cumprindo o requisito de cualificación final mínima, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude demostradas durante o desenvolvemento da materia 
  6. Alumnado en matrícula parcial: O alumnado en matrícula parcial debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Para este alumnado é obrigatorio ao 100% a realización das práctica clínicas. A cualificación dos seminarios pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o alumno/para realizará de forma autónoma (dispensa académica), e sen asistir ás sesións presenciais de traballo en grupo, presentando os traballos a través do Campus Virtual UDC e cun seguimento de atención personalizada en horario de titorías. 
  7. Os estudantes SICUE, ERASMUS e BILATERAL poderán optar pola avaliación da matrícula ordinaria ou polas condicións da matrícula a tempo parcial. 
  8. Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se atope nos supostos recolleitos na normativa de xestión académica da UDC dispoñerá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á a recollida no proceso de avaliación que terá, nesta oportunidade, un peso do 100% da cualificación final 
  9. PLAXIO: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento

Sources of information
Basic

Fontes bibliográficas nas que de fundamenta o temario elaborado para a materia:

Berquist TH. Radiología de Pie y Tobillo. 1ª ed. Philadelphia: Marbán: 2002

Buckup K. Pruebas clínicas para patología ósea, articular y muscular. 3ª ed. Barcelona: Elsevier; 2007

Espinás Boquet J, Vilaseca Canals J. coordinadores. Guía Terapéutica en Atención Primaria (Basada en la selección razonada de medicamentos). 7ª ed. Barcelona: Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria; 2019

De la Rubia, Ángel. Lesiones del corredor. Manual para prevenir y curar los problemas del running. 1ª ed. Madrid: La Esfera de los libros; 2017

Dockery GL. Cutaneous Disorders of the lower extremity. 1ª ed. Philadelphia: Saunders; 1997

Izquierdo M. Biomecánica y Bases Neuromusculares de la Actividad física y el Deporte. 1ª Ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2008

Kirby KA. Biomecánica del pie y la extremidad inferior III: Artículos de Precision Intricast, 2002-2008. Arizona (USA): PrecisionIntricast, Inc; 2009

Kirby KA. Biomecánica del pie y la extremidad inferior IV: Artículos de Precision Intricast, 2009-20013. Arizona (USA): PrecisionIntricast, Inc; 2015

Kirby KA. Biomecánica del pie y la extremidad inferior V: Artículos de Precision Intricast, 2009-20013. Arizona (USA): PrecisionIntricast, Inc; 2018

Mandracchia V. Consulting Editor. Heel Pain. New York: Clinics in Podiatric Medicine and Surgery; 2005

McNabb JW. Infiltraciones. 1ª ed. Madrid: Marbán; 2006

Moreno de la Fuente JL. Podología Deportiva. 1ª Ed. Barcelona: Masson; 2005

Mulero J, Pérz AJ. Coordinadores. El deporte y la actividad física en el aparato locomotor (Tomo I). Barcelona: Masson; 2002

Porter DA, Schon LC. Baxter’s The foot and ankle in sport. 3ª Ed.Philadelphia: Mosby Elsevier; 2021

Philbin TM. Sports Injuries of the foot. 1ª Ed. New York: Ed. Springer; 2014

Ribes R, Ros P. Inglés Médico. 1ª ed. Madrid: Panamericana; 2010

Straus SE, Scoot Richardson W, Glasziou P, Haynes RB. Medicina Basada en la Evidencia. 6ª ed. Madrid: Elsevier; 2017

Tixa S. Atlas de anatomía palpatoria: tomo 2 miembro inferior. 4ª ed. Barcelona: Masson; 2014

Villa LF. Coordinación. Medimecum, guía de terapia farmacológica. 27ª ed. España: Luis F Villa Alcazar; 2022

Viel E. Coordinador. La marcha humana, la carrera y el salto: Biomecánica, exploraciones, normas y alteraciones. 1ª Ed. Barcelona: Masson; 2002

Waldman SD. Diagnostic Ultrasound of Painful Foot and Ankle Conditions. 1ª ed Philadelphia (USA): Wolters Kluver; 2016

Werd MB, Knight EL. Editors. Athletic Footwear and Orthoses in Sports Medicine. 1ª ed Lakeland FL (USA): Springer; 2010

Ylinen J. Estiramientos Terapéuticos (en el deporte y en las terapias manulaes).1ªed.Barcelona: Elsevier Masson; 2009

Yates B. Editor. Merriman’s. Assessment of the lower limb. 3ª ed. Croydon (UK): Churchill Livingstone; 2012

Complementary

Principais publicacións periódicas de actualización e información adicional ao temario da materia:

American Journal of Sports Science

British Journal of Sport Medicine

Sports Medicine

Medicine and Science in Sport and Exercise

Journal of Science and Medicine in Sport

Scandinavian Journal of Medicine and Science in Sports

Journal of Orthopaedic and Sports Physical Therapy

International Journal of Sports Medicine

Journal of Sports Sciences

European Journal of Sport Science

Journal of Sports Science and Medicine

Clinical Journal of Sport Medicine

Sport Biomechanics


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Specific Anatomy of the Lower Limb/750G02104
Dermatology/750G02124
Podiatric Pathology I/750G02119
Podiatric Pathology II/750G02120
Podiatric Orthopedics II/750G02116
Preventive Podiatry/750G02114
Digital Orthopedics and Footwear Therapy/750G02117
Clinical Orthopedics/750G02118
Biomechanics of the Lower Limb/750G02111
Chiropody 1/750G02125
Chiropody 2/750G02126
Pharmacology/750G02109
Pharmacological Therapy/750G02122
Bases for the Interpretation of Scientific Knowledge/750G02108
Podiatric Orthopedics I/750G02115
Diagnostic Imaging/750G02112

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Practicum II/750G02135

Subjects that continue the syllabus
Practicum III/750G02136

Other comments

Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente, Persoa e Igualdade de Xénero

  1. Os traballos documentais dos seminarios da materia solicitaranse en formato informático
  2. Toda a información da organización da materia así como o temario estará disponible no Campus virtual en formato PDF para ser descargada ou consultada en liña sen necesidade de realizar a impresión de esta. No caso de ter que imprimila recoméndase: 
    1. Impresións a dobre cara
    2. Empregar papel reciclado
  3. Como parte dos valores da materia traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, así como facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
  4. É recomendable facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural (por exemplo, evitar mercar botellas de auga de plástico ou empregar unha para encher de auga da fonte da facultade ou da clínica universitaria)


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.