Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A113 |
CE49 -Coñecer, diagnosticar e tratar as dermatopatías e queratopatías, o tratamento dos helomas e das súas causas. *Onicoloxía, patoloxía e tratamento conservador do aparello ungueal |
A114 |
CE50 -Coñecer e utilizar as técnicas e tratamentos quiropodolóxicos e de administración de fármacos |
A115 |
CE51 - Coñecer e aplicar as técnicas de exploración, diagnóstico e tratamento das feridas, úlceras e procesos infecciosos que afectan ao pé. Coñecer os mecanismos de reparación e cicatrización |
A117 |
CE53 - Coñecer e empregar o instrumental de Quiropodoloxía e cirurxía podolóxica, as técnicas e procedementos en prevención da infección: métodos de limpeza, desinfección, esterilización e os seus controis |
A118 |
CE54 - Coñecer e empregar os métodos da toma de mostras para cultivos a súa derivación e interpretación |
A119 |
CE55 - Coñecer, diagnosticar e tratar os procesos vasculares e neurolóxicos periféricos que afectan ao pé e susceptibles de tratamento quiropodolóxico |
A120 |
CE56 - - Coñecer e aplicar os métodos de estudo, probas complementarias e valoración do paciente candidato a tratamento quiropodolóxico |
A121 |
CE57 -Coñecer e aplicar os protocolos diagnósticos e de catalogación de risco cirúrxico |
A123 |
CE59 - Coñecer e empregar a historia clínica, valorar e aplicar o protocolo preoperatorio e o consentimento informado |
A124 |
CE60 - Coñecer e aplicar a Farmacoloxía especifica de uso podolóxico e a farmacoloxía pre e post cirúrxica |
A128 |
CE64 -Coñecer e aplicar de métodos de reanimación cardiopulmonar e resucitación en casos de emerxencia |
B24 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B25 |
CB3 -- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B26 |
CB4 -Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B29 |
CG02 - Coñecer a estrutura e función do corpo humano en especial da extremidade inferior, semioloxía, mecanismos, causas e manifestacións xerais da enfermidade e métodos de diagnóstico dos procesos patolóxicos médicos e cirúrxicos, interrelacionando a patoloxía xeral coa patoloxía do pé. |
B30 |
CG03 - Obter a capacidade, habilidade e destreza necesarias para diagnosticar, prescribir, indicar, realizar e/ou elaborar e avaliar calquera tipo de tratamento podolóxico, ortopodolóxico, quiropodolóxico, cirurxía podolóxica, físico, farmacolóxico, preventivo e/ ou educativo, baseado na Historia clínica |
B34 |
CG07 - Coñecer, deseñar e aplicar programas preventivos relacionados coa podoloxía e o fomento da atención podolóxica na poboación |
C9 |
CT01 - - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
C11 |
CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida |
C14 |
CT06 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables |
C16 |
CT08 - V- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
C17 |
CT09 -Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Coñecer o concepto e ámbito de aplicación da Quiropodología e empregar as técnicas de exploración, diagnóstico e tratamento das feridas, úlceras, queimaduras, reaccións cutáneas ao frío e procesos infecciosos que afectan ao pé, así como os mecanismos de reparación e cicatrización tisular. |
A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123
|
B24 B25 B29 B30 B34
|
C9 C11 C14 C16
|
Coñecer e utilizar as técnicas e tratamentos quiropodolóxicos e de administración
de fármacos. |
A114 A124
|
B26 B29
|
C11 C14 C16 C17
|
Coñecer e empregar o instrumental en quiropodología e a toma de mostras para cultivos.
|
A117 A118
|
B24 B29 B30 B34
|
C9 C11 C14 C16 C17
|
Coñece, diagnostica e trata as dermatopatías bacterianas e os procesos vasculares e neurolóxicos periféricos que afectan ao pé e susceptibles de tratamento quiropodológico.
|
A113 A114 A115 A118 A119 A120 A121 A123
|
B24 B25 B29 B30 B34
|
C9 C11 C14 C16 C17
|
Coñece e aplica os métodos de reanimación cardiopulmonar e resucitación en casos de emerxencia. |
A123 A128
|
|
C9 C11 C16 C17
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
UNIDADE DIDACTICA I |
Introdución á materia.
- Partes de que consta a materia
· Módulo teórico
· Módulo práctico
- Avaliación
- Bibliografía recomendada |
UNIDADE DIDÁCTICA 2 |
Tema 1: Concepto de Quiropodoloxia. Historia e evolución da quiropodoloxía. |
UNIDADE DIDÁCTICA 3 |
Tema 2: Organización e acreditación dunha consulta de Quiropodoloxía. Aparataxe. Instrumental. |
UNIDADE DIDÁCTICA 4 |
Tema 3: Probas diagnósticas, constantes vitais e Hª Clínica. |
UNIDADE DIDÁCTICA 5 |
Tema 4: Vendaxes. Concepto, clasificación e utilización.
Tema 5: Feridas e curas en quiropodoloxia, concepto, tipos e tratamento. Hemorraxia e Hemostasia.
Tema 6: Reaccións cutaneas ao frito: Perniosis; Conxelación; Pé de Trincheira. Concepto; Tipos e
tratamento.
Tema 7: Estudo das Queimaduras: Concepto; Etiología; Clasificación; Tratamento. Tratamento avanzado. |
UNIDADE DIDÁCTICA 6 |
Tema 8: Recordo Anatomo-fisiológico da pel e os seus anexos.
Tema 9: Estrutura da pel. Funcións. Tipos de pel. Modificacións biolóxicas.
Tema 10: Pel senil. Efectos do sol e os raios UV sobre a pel. Pel do neno e da embarazada. |
UNIDADE DIDÁCTICA 7 |
Tema11: Ulceras e Mal Perforante Plantar. Concepto; Etioloxía; Clasificación; Características;
Tratamento. Técnicas de terapia avanzada.
Tema12: Dermatopatias bacterianas. Concepto; Clínica, Evolución, Tratamento do : Absceso.
Furúnculo. Foliculitis. Antrax. Panadizo. Impétigo. Erisipela. Flemón., Fascite necrotizante.
Linfanxite. Adenite. Celulite. Gangrena.
|
UNIDADE DIDÁCTICA 8 |
Tema 13: Procesos vasculares e neurolóxicos periféricos que afectan ao pé.
Tema 14: Situacións especiais na clínica de quiropodoloxía. Soporte vital básico. |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Guest lecture / keynote speech |
A113 A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 B25 B26 B29 B30 B34 C9 C11 C14 C16 C17 |
21 |
29 |
50 |
Seminar |
A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 A124 A128 B24 B25 C9 C11 C16 C17 |
7 |
7 |
14 |
Laboratory practice |
A113 A114 A115 A117 A118 A123 A124 A128 B24 B26 C9 C14 C16 C17 |
18 |
18 |
36 |
Supervised projects |
A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 A124 A128 B24 B25 B26 B29 B34 C9 C11 C16 C17 |
0 |
26 |
26 |
Mixed objective/subjective test |
A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 A124 A128 B24 B25 B26 B29 B30 B34 C9 C11 C14 C16 C17 |
2 |
20 |
22 |
|
Personalized attention |
|
2 |
0 |
2 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Guest lecture / keynote speech |
As sesións maxistrais consisten en clases expositivas-participativas dos contidos básicos da materia, con apoio de imaxes, graficas, esquemas, etc. As sesións maxistrais centraranse nos contidos principais do temario
Facilitarase a o alumnado o temario cos contidos teóricos básicos da materia (sesión maxistral,seminarios e prácticas)
Todo o material estará accesible o alumnado na plataforma Moodle
https:// campusvirtual. udc.es/ moodle/.
|
Seminar |
Nos seminarios abordaranse temas específicos das unidades didácticas do temario da materia, sobre os cales se desenvolverán actividades en grupo.
|
Laboratory practice |
A asistencia á totalidade das prácticas é obrigatoria e ás mesmas cada alumno/a deberá ir provisto de EPIS: máscara, lentes de protección, bata. Así mismo deberá portar un cuaderno, bolígrafo e tesoiras multiusos de uso individual.
Nas prácticas, cada alumno/a debe ser capaz de alcanzar os seguintes obxectivos:
· Coñecer o instrumental, aparataxe e mobiliario necesarios para a práctica da quiropodoloxía.
. Adestrarse no funcionamento, utilización e manexo do instrumental e aparataje.
· Confeccionar unha historia clínica quiropodolóxica.
· Coñecer e realizar distintos tipos de vendaxes e tratamentos de curas de feridas, úlceras e lesions térmicas.
· Realizar técnicas de quiropodia.
· Realizar técnicas de exploración e diagnóstico quiropodolóxico.
· Aplicar métodos de reanimación e resucitación cardiopulmonar.
· Realizar técnicas de tratamentos quiropodolóxicos e de administración de fármacos.
Ao finalizar todas as prácticas cada alumno/a deberá entregar unha memoria de prácticas seguindo unhas directrices determinadas marcadas o inicio da materia e nun prazo de entrega fixado o comenzó do curso. |
Supervised projects |
Realizarase un traballo en grupo dun tema relacionado coa materia cuxos requisitos e prazo de entrega comunicaranse ao comezo da docencia da materia. |
Mixed objective/subjective test |
Exame de preguntas test relacionadas cos contidos da materia tanto das sesións maxistrais como dos seminarios, prácticas de laboratorio e traballos. O día do exame facilitarase información sobre a puntuación das preguntas. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Guest lecture / keynote speech |
Seminar |
Mixed objective/subjective test |
Supervised projects |
Laboratory practice |
|
Description |
A atención personalizada desenvolvese de maneira programada mediante acordo previo entre o alumnado e a profesora nun horario planificado de atención o alumnado, ou de forma virtual por correo electrónico, teléfono ou Teams.
|
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Seminar |
A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 A124 A128 B24 B25 C9 C11 C16 C17 |
A avaliación dos seminarios realizarase en función da presencialidade e da participación de cada alumno/a nas actividades realizadas nos mesmos. |
8 |
Mixed objective/subjective test |
A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 A124 A128 B24 B25 B26 B29 B30 B34 C9 C11 C14 C16 C17 |
Exame de preguntas test relacionadas cos contidos da materia tanto das sesións maxistrais como dos seminarios, prácticas de laboratorio e traballos tutelados. O día do exame facilitarase información sobre a puntuación das preguntas.
Para superar a proba será necesario obter o 60% de respostas correctas do test. Cada 3 respostas incorrectas da próba test, restan 1 resposta correcta.
Queda terminantemente prohibido acudir ao exame con calquera tipo de dispositivo electrónico (incluíndo teléfono, computador, calculadora, tablet, auriculares, gravadora, reloxo). Durante o exame todo o alumnado deberá de manter o pelo recolleito cos pavillóns auditivos visibles. |
60 |
Supervised projects |
A114 A115 A117 A118 A119 A120 A121 A123 A124 A128 B24 B25 B26 B29 B34 C9 C11 C16 C17 |
Os traballos faranse seguindo as directices propocionadas pola profesora. Avaliarase o contido, metodoloxía e bibliografía consultada do traballo realizado.
Cada grupo de alumnos realizará unha presentación e exposición do seu traballo. Os traballos, a súa presentación e defensa serán avaliados mediante rúbrica polo resto de grupos e a profesora. A profesora proporcionará ao alumnado a rúbrica de avaliación. O alumnado fará unha acta de traballo, nela contemplarase a participación do alumnado, a asignación de tarefas, desenvolvemento, planificación dos traballos tutelados e cronograma de reunións de traballo.
E obligatorio asistir a presentación e defensa do traballo. |
15 |
Laboratory practice |
A113 A114 A115 A117 A118 A123 A124 A128 B24 B26 C9 C14 C16 C17 |
A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia. A avaliación das prácticas realizarase a través da avaliación continuada dos coñecementos, habilidades e destrezas demostrados nas prácticas e a elaboración e entrega dunha memoria final de prácticas e acta. |
17 |
|
Assessment comments |
Para superar a materia é necesario realizar e superar a totalidade das prácticas de laboratorio así como superar a proba mixta (nota que supón o 60 % da nota total da materia onde será preciso acadar un resultado igual ou superior ó 60% de respotas correctas do test). Unha vez superadas as prácticas e a proba mixta, para superar a materia será necesario obtener unha nota media total igual ou superior ó 50% (nota numérica de 5 sobre 10) da cualificación total da materia, nota que incluirá a avaliación das metodoloxias da proba mixta, prácticas de laboratorio, seminarios e traballos tutelados. No caso de non superar a proba mixta (resultado que supón obter menos do 60% das respostas correctas do test, sobre o 60% da nota global da materia), non se poderán sumar a esta nota, a nota resultante do resto de metodoloxías avaliadas (prácticas de laboratorio, seminarios e traballos tutelados), mentres non se supere esta proba mixta. A nota resultante do resto de metodoloxías avaliadas supón o 40% da nota total da cualificación da materia, polo tanto a materia non se pode considerar superada. Para que as actividades propostas de cada metodoloxía poidan ser avaliadas o alumnado entregará estas actividades propostas en tempo e forma. Os coñecementos a avaliar incluen os contidos tratados nas clases maxistrales, nos seminarios, nas prácticas de laboratorio, nos traballos tutelados, así como o material de traballo e as diapositivas que a profesora entrega o alumnado e que está colgado nas plataformas telemáticas dispoñibles para a materia, e ademáis os contidos da bibliografía recomendada. Aconsellase o alumnado completar toda a información proporcionada anteriormente consultando as fontes de información para a materia. No caso de non presentarse ou non superar a proba mixta na primeira oportunidade, e ter superadas as prácticas, as cualificacións das prácticas, seminarios e traballos tutelados (que supoñen o 40% da nota total da materia), gardarase, e esta cualificación computará na segunda oportunidade, sempre que nesta segunda oportunidade se supere a proba mixta (que supon o 60% da nota total da materia, onde será preciso acadar un resultado igual ou superior o 60% de respostas correctas do test). Matricula
de honra. As
condicións para a obtención dunha matricula de honra son: que o alumno obteña unha
nota igual ou superior a 9,5 da
cualificación numérica da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade
avaliada e a súa evolución curricular fose significativa. Non
presentado. O alumnado que non realice o 100% das prácticas de laboratorio, será avaliado como “Non Presentado”, independientemente da
sua participación noutras actividades incluindo a proba mixta. 2ª Oprtunidade: O alumnado que se presente a 2ª oportunidade, previa realización e superación das prácticas de laboratorio, e outras actividades (seminarios, traballos tutelados), aplicaraselle os mesmos criterios e porcentaxes que na primeira oportunidade. Para que estas porcentaxes computen na nota final da materia, terá que superar a proba mixta acadando unha puntuación do 60% das respostas correctas do examen test. O alumnado que non realizou e superou as prácticas de
laboratorio, para superar a materia terá que realizar obligatoriamente e
superar estas prácticas no seguinte curso académico, tendo en conta que
pode volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só as partes que non
realizou e as que non superou con apto, ademáis de ter que facer a proba mixta. Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e teñan superadas as prácticas obrigatorias de forma completa coa cualificación de apto, e o resto de actividades, gardaraselle as notas das partes superadas, e neste caso terá que facer a proba mixta, unha vez superada computará co resto de das cualificacións superadas. Para superar a materia o estudante deberá realizar e superar as prácticas de laboratorio e a proba mixta. Alumnado en matrícula parcial: O alumnado en matrícula parcial debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Para este alumnado e todos os demáis é obrigatorio asistir o 100% da realización das prácticas de laboratorio. Este alumno/a debe ter en conta que na sua condición a presencialidade e participación nas diferentes actividades da materia e opcional, non obstante a cualificación dos seminarios e traballos tutelados pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o alumno/a realizará de forma individual e autónoma, previo acordo coa profesora ó inicio do curso. Para poder ser avaliado o alumnado terá que entregar as actividades propostas para cada metodoloxía en tempo e forma. Neste caso o alumnado, pode acollerse a modalidade de avaliación ordinaria, ou a de aplicación dos seguintes porcentaxes: Proba mixta computará na avaliación o 75%, prácticas de laboratorio o 15%, e traballo tutelado o 10%. Dispensa académica: No caso do alumnado con condición de dispensa a asistencia ós seminarios sustituiranse pola realización de un traballo sobre un tema relacionado coa materia de Quiropodoloxía I, acordado e planificado coa profesora ó inicio do curso. Para este alumnado, igual que todos os demáis é obrigatorio asistir o 100% da realización das prácticas de laboratorio. As porcentaxes aplicadas na avaliación serán as seguintes: A proba mixta computará o 75%, a realización das prácticas de laboratorio un 15% e o traballo tutelado o 10%. Para poder ser avaliadas o alumnado terá que entregar as actividades propostas para cada metodoloxía en tempo e forma. Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación : Aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos, concédaselle e teñan superadas as prácticas, poderán presentarse a proba mixta. Neste caso os criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto de alumnos. Estudiantes de movilidade-intercambio (Sicue, Erasmus, bilateral) No caso do alumnado con condición de estudiante de movilidade debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Para este alumnado e todos os demáis é obrigatorio asistir o 100% da realización das prácticas de laboratorio. Este alumno/a debe ter en conta que na sua condición a presencialidade e participación nas diferentes actividades da materia e opcional no caso de solapamento de horarios, non obstante a cualificación dos seminarios e traballos tutelados pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o alumno/a realizará de forma individual e autónoma, previo acordo coa profesora ó inicio do curso. Para poder ser avaliado o alumnado terá que entregar as actividades propostas para cada metodoloxía en tempo e forma. Neste caso o alumnado, pode acollerse a modalidade de avaliación ordinaria, ou a de aplicación dos seguintes porcentaxes: Proba mixta computará na avaliación o 75%, prácticas de laboratorio o 15%, e traballo tutelado o 10%. Plaxio: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con un suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuizo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.
|
Sources of information |
Basic
|
|
- Hill, Marcia J.: Trastornos cutáneos. Mosby/Doyma 1995
- Umbert, P.y Sánchez-Regoña, M. Manual de dermatología práctica. J.R. Prous Editores 1995.MIX,
- GODFREY: Podología. Cuidados del pié. Paraninfo/Thomson Learning.2001.
- Nuñez Samper M, Llanos Alcázar. Biomecanica, Medicina y Cirugía del Pie. Masson: Barcelona, 2000.
- Zalacain A,Ogalla JM,Garcia-palos. Atlas y sinopsis de enfermedades cutaneas del pie. Edikamed 2008.
- Toni Bove. El vendaje funcional. Elservier: 2007
- Aragón/Lázaro. Atlas del manejo práctico del pie diabético. Masson 2004.
- Arcia, A.L./ Fernandez, J.I./ Rodriguez, R. El pie diabético. Ed. Elsevier-Masson: 2004.
- Aragón Sánchez/Ortiz. El pie diabético. Masson: 2001.
- Comisión de Formación del Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos. Guia Práctica de protocolos quirúrgicos en Podología. Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos: 2009.
- Comisión de Formación del Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos. Guía de protocolo del píe diabético. Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogo. 2011
- Nuñez Samper M, Llanos Alcázar. Habilidades clínicas para el tratamiento del pie. Elsevier: 2007.
- Turner, W.A., Merriman, L.M. Técnicas Quirúrgicas en Cirugía del Pie. Masson, Barcelona, 2004.
- Alonso Peña D. Atlas de Dermatología del pie. 1ª Edición . Editorial Panamérica. 2007
- Gómez Ortiz, Santiago y Gómez Facundo, Santiago. Guía farmacológica de utilización en podología. Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos. Barcelona: Nexus Médica Editores S.L. 2015
- Viadé Juliá J. Pie diabético: guia práctica para la prevención, evaluación y tratamiento. Editorial Panamérica. 2006
- Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos. Guia de protocolos de pie diabético. Madrid: CGCOP. 2011
- Sociedad Gallega de Heridas . Biblioteca y documentos de consenso.2018. https://sghweb.es/biblioteca/ 2018.
- Asociación Española de Enfermería Vascular y Haridas. Guía de Práctica clínica: Consenso sobre úlceras vasculares y pie diabético. Madrid AEEVH, 2017.
- Rivas Jimenez, M. . Manual de Urgencias. Madrid: Médica Panamericana. 2013
- SemFYC . Manual de urgencias y emergencias. Barcelona:SemFYC 2012
- A.H.A. Recomendaciones RCP. Red. 2015
- Consejo Europeo de Resucitación. Recomendaciones RCP. Red.2015
- Jimenez L. Medicina de urgencias y emergencias: guía diagnóstica y protocolos de actuación. Barcelona: Elsevier, 2009.
- Moya M. Guía rápida de actuación en urgencias. Madrid: ed Médica Panamericana 2008.
- Castillo M. D, León M.T. Signos y síntomas en urgencias y emergencias. Alcalá la Real (Jaén) 2009.
- Prieto, J. Maestre Vera, Juan Ramón. Manual de infecciones del pie. Madrid: Mileto DL 2003.
|
Complementary
|
|
- Romo Sanz, Mª Isabel: Tratamiento progresivo de las heridas en medio ambiente húmedo. Gráficas Cervantes S.A. 1999. - Cordero, Cabreros, Allevato y Domotti: Manifestaciones cutáneas de las enfermedades sistémicas. Panamericana 1997. - Forbes, Jackson, Harcourt, Brace: Atlas de Medicina Interna. 2ª Edición.1997. - Goldcher, A.: Podología. Masson S.A.1992. - Fitzpatrick, Johnson, Wolff, Polona: Atlas de Dermatología Clínica. 3ª edición. Sursmond.1997 - Klein, A.R. (ED.): Enfermería de Urgencias. 4ª Edición. Vol. I, II y IV. McGraw-Hill/Interamericana. 1996 - Goldcher, A.: Podología.. Masson S.A. 1992
REVISTAS CIENTIFICAS RECOMENDADAS. - Revista Española de Podología. Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos de España. - El Peu. Colegio oficial de Podólogos de Cataluña. - Revista Internacional de Ciencias Podológicas - Podología Clínica - British Journal of Podiatrie Medicine, Surgery. - The Chiropodest. The Journal of British Podiatric Medicine |
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
Specific Anatomy of the Lower Limb/750G02104 | Microbiology and Parasitology/750G02107 | General Concepts of Surgery/750G02127 |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
General Pathology Applied in Podiatry/750G02102 | Pharmacology/750G02109 |
|
Subjects that continue the syllabus |
Final Dissertation/750G02133 | Practicum II/750G02135 | Practicum III/750G02136 | Dermatology/750G02124 | Practicum I/750G02134 | Preventive Podiatry/750G02114 | Chiropody 2/750G02126 | Pharmacological Therapy/750G02122 | Podiatric Surgery 1/750G02128 | Diabetic Foot/750G02131 |
|
Other comments |
Gravación e fotografía. Non se poderán gravar nin fotografar, nin as
clases, seminarios, talleres, exposición de traballos nin prácticas de
laboratorio salvo naqueles casos excepcionais nos que a docente outorgue a
súa autorización expresa e as persoas interesadas dean o seu consentimento. IMPORTANTE PRÁCTICAS DE LABORATORIO
Para a realizarción das prácticas de laboratorio é un requisito
imprescindible acudir ás mesmas provistos de bata branca, lentes de protección, máscara,
bolígrafo, caderno e tesoiras multiusos. Na primeira clase do curso, estableceranse
os grupos de prácticas para configurar o cronograma e a relación de materiais
necesarios para estas prácticas de laboratorio, polo que é básico asistir a esa
primeira clase da materia. Para un mellor aproveitamento das prácticas
é recomendable que o alumno/a dispoña do seguinte instrumental: Mango de bisturí do nº 3 e follas de bisturí do nº 15, pinzas de disección s/d, mosquito s/d e porta-agullas. Obxectivos de desenvolvemento sostible:
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co obxectivo
da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sostible ambiental e
social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol". • A entrega dos traballos documentais que se
realicen nesta materia realizarase e entregaranse en formato dixital, sen
impresión nin emprego de plásticos. No caso de ser necesario a utilización de
papel a impresión será a dobre cara, empregando papel reciclado e evitando a
impresión de borradores. • Débese facer un uso sostible dos recursos e
a prevención de impactos negativos sobre o medio natural teniendo en conta a
importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade
nos comportamentos persoais e profesionais. • Facilitarase a plena
integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais,
experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida
universitaria. • Traballarase para
identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na
contorna para modificalo fomentando valores de respecto e igualdade. No caso de
detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas
para corrixilas. Plaxio: Na realización dos traballos da materia, o
plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel que se obtén a
través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o
permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo
iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese dar lugar
tras o correspondente procedemento. |
|