Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
CE02 - Capacidad para desarrollar aplicaciones, implementar algoritmos y manejar estructuras de datos de forma eficiente en los lenguajes de programación, en especial los usados en robótica y/o informática industrial |
B1 |
CB6 - Poseer y comprender conocimientos que aporten una base u oportunidad de ser originales en el desarrollo y/o aplicación de ideas, a menudo en un contexto de investigación |
B2 |
CB7 - Que los estudiantes sepan aplicar los conocimientos adquiridos y su capacidad de resolución de problemas en entornos nuevos o poco conocidos dentro de contextos más amplios (o multidisciplinares) relacionados con su área de estudio |
B6 |
CG1 - Buscar y seleccionar alternativas considerando las mejores soluciones posibles |
B12 |
CG7 - Analizar de forma crítica la propia experiencia de prácticas |
B13 |
CG8 - Aplicar los conocimientos teóricos a la práctica |
C1 |
CT01 - Adquirir la terminología y nomenclatura científico-técnica para exponer argumentos y fundamentar conclusiones |
C3 |
CT03 - Aplicar una metodología que fomente el aprendizaje y el trabajo autónomo |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Saber programar en Python, tanto desde unha perspectiva da programación estruturada, como desde o punto de vista da orientación a obxectos, xa que todas as librerías hoxe en día usan dito paradigma. |
AM2
|
|
CM1 CM3
|
Coñecer todas as estruturas de datos soportadas por Python e saber cal é máis adecuada para cada caso, así como construír estruturas novas por encima das existentes. |
AM2
|
BM1 BM2 BM6 BM12 BM13
|
CM1 CM3
|
Ter un coñecemento básico de E/S con Python (teclado, pantalla, ficheiros). |
AM2
|
|
CM1 CM3
|
Saber utilizar arrays de forma eficiente en aplicacións de cálculo intensivo con Python. |
AM2
|
BM1 BM2 BM6 BM12 BM13
|
CM1 CM3
|
Saber representar gráficamente datos en 2D. |
AM2
|
|
CM1 CM3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introdución a Python. |
Introdución.
Intérpretes. |
Elementos fundamentais da linguaxe. |
Tipos de datos.
Valores e variables.
Operadores e operandos.
Expresións e sentenzas.
E/S básica.
Control de fluxo.
Secuencias inmutables: tuplas, cadeas de caracteres.
Secuencias mutables: listas. |
Tipos de datos avanzados. |
Listas por comprensión.
Xeradores.
Dicionarios.
Conxuntos.
Vectores e matrices.
Pilas e colas. |
Funcións |
Definición.
Devolución de resultados.
Variables locais e globais.
Argumentos por posición e por nome.
Argumentos con valor por defecto e lista variable de argumentos.
Funcións incorporadas.
Funcións lambda.
Decoradores.
Recursividade. |
Programación orientada a obxectos. |
Clases e obxectos.
Herdanza e especialización.
Propiedades.
Atributos e métodos de clase.
Redefinición de operadores.
Excepcións. |
NumPy |
Arrays: definición e utilización.
Módulos de uso frecuente. |
Visualización de datos. |
Matplotlib:
- Elementos dunha figura.
- Utilización.
- Backends.
- Figuras interactivas.
- Optimización do rendemento.
Seaborn:
- Características.
- Utilización. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba mixta |
B1 B6 C1 |
2.5 |
0 |
2.5 |
Sesión maxistral |
B1 C1 |
11 |
15.4 |
26.4 |
Prácticas de laboratorio |
A2 B6 B12 B13 |
10 |
15.4 |
25.4 |
Traballos tutelados |
A2 B2 B6 B12 B13 C3 |
0 |
18.7 |
18.7 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba mixta |
Proba de avaliación que se realizará nas correspondentes oportunidades das convocatorias oficiais. Consistirá nunha proba escrita coa finalidade de comprobar o afianzamento dos conceptos teóricos máis importantes vistos na materia. |
Sesión maxistral |
Actividade presencial na aula que serve para establecer os conceptos fundamentais da materia. Consiste na exposición oral facendo uso profuso de medios audiovisuais e buscando a participación dos alumnos mediante a formulación de casos prácticos e a realización de preguntas, co fin de facilitar a aprendizaxe e fomentar o espírito crítico. |
Prácticas de laboratorio |
Mediante esta actividade os alumnos implementarán no laboratorio pequenos programas / sistemas que exemplificarán os conceptos vistos nas sesións maxistrais, de forma que poidan probar no mundo real algúns dos métodos e técnicas, e valorar de primeira man os problemas (e as súas implicacións) que xorden na implementación. Durante a súa realización, o alumno poderá expor dúbidas ao profesor ou consultar os materiais que estime oportuno. |
Traballos tutelados |
Realización dun ou varios traballos ao longo do cuadrimestre, de forma autónoma e titorizados polos profesores, que implicarán levar á práctica os conceptos vistos nas sesións maxistrais. Polo menos o traballo final será realizado en grupo e os alumnos entregarán, en soporte informático, unha memoria e terán que realizar tamén unha presentación ante o profesor e os seus compañeiros de clase. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Prácticas de laboratorio: a atención personalizada nas clases prácticas consistirá en resolver as dúbidas conceptuais ou procedementais que poidan xurdir durante a súa realización, modulando o tempo de atención a cada alumno en función das súas necesidades individuais.
Traballos tutelados: a atención personalizada nos traballos consistirá en titorías intermedias, durante o prazo habilitado para a súa realización, que se centrarán na revisión do traballo realizado ata ese momento, suxerindo cambios e aclarando dúbidas.
Consideracións para os alumnos con matrícula a tempo parcial: acordarase con cada un deles unha atención personalizada en todas as metodoloxías anteriores compatible coa dispoñibilidade horaria do profesor. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A2 B2 B6 B12 B13 C3 |
Desenvolvemento dun ou varios proxectos individuais ou en grupos reducidos. Será necesario entregar os materiais en tempo e forma seguindo as indicacións do enunciado. Polo menos o traballo final requirirá a exposición oral por parte de todos os integrantes do grupo de traballo, empregando para iso a presentación entregada. A non realización da presentación supoñerá unha nota de cero nesta actividade.
Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
TT: nota obtida no traballo tutelado. |
70 |
Proba mixta |
B1 B6 C1 |
Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual. Esta proba terá preguntas de tipo teóricas e prácticas relacionadas cos conceptos estudados nas clases maxistrais, nas prácticas de laboratorio ou cos contidos dos traballos / proyectos tutelados.
Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
PM: nota obtida nesta proba. |
30 |
|
Observacións avaliación |
Para poder aprobar a materia o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as actividades): - Que a nota nos traballos tutelados sexa maior ou igual que 5.
- Que a nota na proba mixta sexa maior ou igual que 5.
Se non se cumpren todos os requisitos anteriores a cualificación será de suspenso e a nota numérica máxima que se poderá obter, na oportunidade correspondente, será de 4,5 puntos. Se se cumpren os requisitos esixidos, a nota final calcularase da seguinte forma: - NOTA FINAL = 0,3*PM + 0,7*TT
Notas sobre as actividades: - No caso dos alumnos matriculados a tempo parcial, ofreceráselles a posibilidade de pasar a parte da puntuación dos traballos tutelados á proba mixta. Igualmente cos alumnos que se presenten na convocatoria de decembro. Por iso, é necesario que os estudantes se poñan en contacto cos profesores ao comezo do curso.
- Todas as actividades terán unha única oportunidade para a súa entrega durante o curso académico, salvo a proba mixta que terá dúas oportunidades oficiais de exame. Por tanto, as notas obtidas durante o curso nos traballos tutelados gárdanse para a oportunidade de xullo, NON SENDO POSIBLE REPETILOS.
- De acordo ao artigo 14, apartados 1 e 3 da normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, cuxa última versión é do 29 de xuño de 2017, a copia ou intento de copia (ou calquera comportamento impropio) durante unha proba implicará a cualificación de suspenso cun 0 nas dúas oportunidades da convocatoria anual.
- De acordo ao artigo 14, apartado 4 da mesma normativa, o plaxio de calquera traballo implicará a cualificación de suspenso cun 0 no devandito traballo.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Saha, A. (2015). Doing Math with Python: Use Programming to Explore Algebra, Statistics, Calculus, and More!.. No Starch Press.
Agarwal, B., & Baka, B. (2018). Hands-On Data Structures and Algorithms with Python: Write complex and powerful code using the latest features of Python 3.7. Second Edition.. Packt Publishing Ltd.
Lubanovic, B. (2019). Introducing Python: Modern Computing in Simple Packages. Second Edition.. O'Reilly Media, Inc. |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Python para Enxeñeiros Avanzado/770538012 |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir unha contorna sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5 ("Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social") do "Plan de Acción Green Campus Ferrol" a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
3. De realizarse en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores. |
|