Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Robótica Industrial Código 770G01041
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Casteleiro Roca, José Luis
Correo electrónico
jose.luis.casteleiro@udc.es
Profesorado
Casteleiro Roca, José Luis
Meizoso López, Maria del Carmen
Correo electrónico
jose.luis.casteleiro@udc.es
carmen.meizoso@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/
Descrición xeral Esta materia está dedicada ao estudo dos robots como elementos da automatización da produción. Os robots son máquinas que integran compoñentes mecánicos, eléctricos, electrónicos e dispositivos sensoriais e de comunicacións, baixo a supervisión dun sistema informático de control en tempo real.

Competencias do título
Código Competencias do título
A9 Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva como mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador.
A26 Coñecer os fundamentos e aplicacións da electrónica dixital e microprocesadores.
A28 Coñecemento aplicado de instrumentación electrónica.
A31 Coñecementos de regulación automática e técnicas de control e a súa aplicación á automatización industrial.
A32 Coñecer os principios e aplicacións dos sistemas robotizados.
A33 Coñecemento aplicado de informática industrial e comunicacións.
A34 Capacidade para deseñar sistemas de control e automatización industrial.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
C3 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o que é un robot industrial e identificar as súas principais aplicacións A26
A28
A32
B5
B6
Coñecer o problema do modelado e control cinemático en robots A9
A31
A33
A34
B5
Coñecer o problema do modelado e control dinámico en robots A26
A28
A32
A34
B1
B4
B6
Coñecer os métodos de programación do robot A26
A32
A34
B1
B5
B6
Coñecer os criterios de implantación dun robot industrial A33
A34
B6
C3

Contidos
Temas Subtemas
Morfoloxía: estruturas mecánicas, subsistemas sensorial e de accionamiento, ferramentas e utillajes Morfoloxía: Estrutura mecánica, transmisiónes e reductores, actuadores, sensores, sistema de control e efector final
Modelo xeométrico e cinemático directo e inverso. Problema cinemático directo.Método de Denavit - Hartember
Problema cinemático inverso.Métodos
Concepto de Jacobiana.
Control cinemático e xeración de traxectorias. Funcións do control cinemático.
Tipos de traxectorias.
Xeración de traxectorias. Interpolación
Modelado e control dinámico. Estratexias de servocontrol. Control monoarticular.
Control multiarticular.
Control adaptativo.
Control de forza e acomodación. Integración con sensores externos. Tipos de sensores externos en Robótica industrial
Programación de robots. Métodos de programación de robots.
Linguaxe RAPID de ABB.
Simulación e programación con RobotStudio
Selección e implantación de robots industriales. Seguridad de instalaciones robotizadas. Deseño e control dunha célula robotizada.
Criterios de selección dun robot e xustificación económica.
Seguridade en instalacións robotizadas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A26 A32 A33 A34 B1 B4 B5 B6 C3 17 23 40
Solución de problemas A9 A28 A31 A32 A33 A34 B1 B4 10 30 40
Prácticas de laboratorio A26 A28 A31 A32 A33 B1 B4 B5 B6 15 35 50
Proba obxectiva A31 A32 B1 B4 3 14 17
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuales e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A orde dos temas impartidos non terá que ser o descrito na guía docente. Ademais, haberá temas que se poidan ver conjuntamente no desenvolvemento doutros, xa que a división entre eles pode non ser estrita.
Solución de problemas Resolución de exercicios e problemas concretos no aula, a partir dos coñecementos que se explicaron.
Prácticas de laboratorio Realización de prácticas de laboratorio na medida do posible; ou, no seu defecto, a resolución de exercicios e problemas concretos na aula, a partir dos coñecemientos explicados.
Proba obxectiva Consiste na realización dunha proba de aproximadamente 4 horas de duración, na que se evaluarán os coñecementos adquiridos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Descrición
O alumno dispón das correspondentes sesións de tutorías personalizadas, para a resolución das dúbidas que xurdan da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A26 A28 A31 A32 A33 B1 B4 B5 B6 Realización das tarefas establecidas na materia, no marco desta metodoloxía 30
Solución de problemas A9 A28 A31 A32 A33 A34 B1 B4 Realización de traballos, exercicios e problemas 20
Proba obxectiva A31 A32 B1 B4 Exame tipo proba obxectiva 50
 
Observacións avaliación

No marco das "Prácticas de laboratorio" poderanse incluír aspectos tales como asistencia a clase, actitude, etc., para axudar á obtención do aprobado. Además, tamén se poderá incluir nesta metodoloxía a valoración da presentación na clase do traballo persoal.

A "Proba mixta" poderase dividir nunha parte tipo test, e unhas preguntas breves.

Será necesario superar o 35% da puntuación no test da "Proba mixta" para aprobar.

Para a segunda oportunidade non haberá un segundo plazo de entrega de traballos, e a evaluación relativa ás "Prácticas de laboratorio" incluirase na "Proba mixta".

Os criterios de avaliación da convocatoria adiantada de decembro serán iguais ós da segunda oportunidade do curso anterior.

Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212)", serán evaluados da mesma forma, permitindo unha semana máis de marxe nas entregas de tarefas.


Fontes de información
Bibliografía básica Barrientos Cruz, Antonio; Peñín Honrubia, Luis Felipe (2007). Fundamentos de Robótica. Mc Graw-Hill
Ollero Baturone, A (2001). Manipuladores y Robots móviles. Marcombo
John J, Craig (2006). Robótica.. Pearson Prentice Hall
Peter Corke (2011). Robotics, Vision and Control. Robotics, Vision and Control
Torres, F y otros (2002). Robots y Sistemas Sensoriales. Prentice Hall

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Informática/770G01002
Física I/770G01003
Alxebra/770G01006
Fisíca II/770G01007
Fundamentos de Automática/770G01017
Fundamentos de Electrónica/770G01018
Sistemas Dixitais I/770G01026

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Automatización II/770G01037
Control Avanzado/770G01042

Materias que continúan o temario
Traballo Fin de Grao/770G01045

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:  1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático  1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías