Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Matemáticas II Código 771G01006
Titulación
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Anton Nacimiento, Jose Augusto
Correo electrónico
jose.augusto.anton@udc.es
Profesorado
Anton Nacimiento, Jose Augusto
Deibe Díaz, Álvaro
Orjales Saavedra, Félix
Correo electrónico
jose.augusto.anton@udc.es
alvaro.deibe@udc.es
felix.orjales@udc.es
Web http://www.eudi.udc.es
Descrición xeral A materia aporta aquelas nocións e ferramentas matemáticas que axudan ó alumno a estructurar a súa maneira de pensar e razoar, de modo que sexa capaz de afrontar e resolver con éxito, e de maneira independente, os problemas -novos e distintos- que no desenrolo da súa profesión poida atopar.
O propósito da materia, por tanto, non é únicamente o de dotar ó alumno de ferramentas matemáticas para a resolución de problemas típicos de cálculo. Mais ben, pretende axudar a desarrollar as capacidades necesarias para estructurar o coñecemento dos problemas, e a maneira de acadar, de forma estructurada, unha solución.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Aplicar o coñecemento das diferentes áreas involucradas no Plano Formativo.
A4 Traballar de forma efectiva como individuo e como membro de equipos diversos e multidisciplinares.
A5 Identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría.
A6 Formación amplia que posibilite a comprensión do impacto das solucións de enxeñaría nos contextos económico, medioambiental, social e global.
A7 Capacidade para deseño, redacción e dirección de proxectos, en todas as súas diversidades e fases.
A8 Capacidade de usar as técnicas, habilidades e ferramentas modernas para a práctica da enxeñaría.
A9 Capacidade para efectuar decisións técnicas tendo en conta as súas repercusións ou costes económicos, de contratación, de organización ou xestión de proxectos.
A10 Comprensión das responsabilidades éticas e sociais derivadas da súa actividade profesional.
B1 Capacidade de comunicación oral e escrita de maneira efectiva con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B2 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo para cuestionar a realidade, buscar e propoñer solucións innovadoras a nivel formal, funcional e técnico.
B4 Traballar de forma colaborativa. Coñecer as dinámicas de grupo e o traballo en equipo.
B5 Resolver problemas de forma efectiva.
B6 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B7 Capacidade de liderado e para a toma de decisións.
B9 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B11 Capacidade de análise e síntese.
B12 Comprensión das responsabilidades éticas e sociales derivadas da súa actividade profesional

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para estruturar e dividir problemas complexos plantexados tanto individualmente como en grupo e acadar unha solución empregando tanto ferramentas matemáticas como razoamentos lóxicos e coñecementos de outras áreas. A1
A4
A5
A7
A8
A9
B1
B4
B5
B6
B7
B9
B11
Comprensión da importancia da base matemática presente tanto no deseño como no desenvolvemento de produtos. A1
A6
A8
A10
B2
B5
B11
B12
Coñecemento acerca das superficies e curvas en R3 e das súas propiedades, así como do significado asociado os mesmos e da súa utilidade para o deseño A4
A5
A8
A10
B5
B11

Contidos
Temas Subtemas
Xeometría Euclídea O Espacio afín: Punto, Recta, Plano
Vectores no espacio euclídeo. Problemas métricos.
Aplicación dos conceptos básicos
Curvas en R3 Estudio local das curvas planas; curvatura
Envolventes. Método de representación.
Curvas alabeadas: torsión
Curvas notables
Superficies en R3 Xeometría intrínseca das superficies
Superficies elementais. Estudio local.
Superficies regladas e de Revolución e Traslación
Sistemas de superficies e Envolventes
Xeración de volúmenes e prototipado rápido Modelado paramétrico: OpenSCAD
Isometrías en R3
Prototipado rápido. Corte por Laser

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 A5 A10 A6 A7 A8 B2 B5 B9 B11 1 0 1
Sesión maxistral A1 A5 A10 A6 A7 A8 B2 B5 B9 B11 B12 28 42 70
Solución de problemas A1 A5 A6 A7 A9 B1 B2 B5 B6 B7 B9 B11 21 42 63
Prácticas a través de TIC A1 A4 A5 A6 A7 A8 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B9 B11 5.5 5.5 11
Proba mixta A1 A5 A6 A7 B1 B2 B5 B6 B7 B9 B11 2 0 2
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Trátase de unha exposición na aula, interactuando cos alumnos, de aquela información que se considera fundamental para acceder ós coñecementos da asignatura.
Esta exposición interactiva persigue uniformizar os coñecementos mínimos de partida de todolos alumnos, así como obter información do grado de coñecemento de partida dos alumnos para que o profesor poida estructurar con mais eficacia a exposición da materia.
Sesión maxistral Clases teóricas na aula. Aínda que o propósito fundamental sexa o de impartir os coñecementos teóricos propios da asignatura, habitualmente se utilizarán exemplos a modo de problemas ou exercicios coa finalidade de aclarar aqueles puntos da teoría que se presentan.
Solución de problemas Clases na aula, cun alto grado de participación (esperada) do alumno, coa finalidade de presentar problemas habituais e familiarizar ó alumno coas pautas de razoamento e os coñecementos necesarios para acadar una solución.
Prácticas a través de TIC Uso de ferramentas informáticas específicas relacionadas co modelado e manipulación de sólidos en R3 co obxetivo de fabricar os sólidos mediante técnicas de prototipado rápido.
Proba mixta Examen. Xeralmente composto por cuestións prácticas, de exposición que simula unha realidade plausible, que porá en proba o grao de coñecementos acadado á hora de analizar, plantexar e resolver novos problemas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Solución de problemas
Descrición
Está orientada, fundamentalmente, a axudar ó alumno a analizar novos problemas, a expresar as súas características nuha linguaxe que permita acadar unha solución (utilizando a linguaxe matemática) e a resolver o problema e comprender o resultado final acadado.
Nas prácticas a través das TIC preséntanse ferramentas que axudan á resolución de problemas. A atención personalizada, en este caso, pretende mostrar qué ferramentas son mais axeitadas en cada caso, o seu manexo, e qué se pode esperar dos resultados acadados con elas. A atención personalizada, na mesma aula na que se imparte, ou no despacho, pretende resolver as dudas que se plantexen neste sentido.
A solución de problemas na aula, que comprende tamén o seu plantexamento e a análise do resultado, é a parte fundamental dos coñecementos que se pretenden acadar na asignatura. Neste caso, a atención personalizada faise na propia aula, á hora de discutir algúns problemas tipo que se plantexan e resolven de forma colectiva na aula, polo profesor e o colectivo de alumnos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A5 A6 A7 B1 B2 B5 B6 B7 B9 B11 Fundamentalmente en forma exercicios prácticos, que necesitan do coñecemento do total da materia impartida para a súa correcta resolución. Unha parte da evaluación farase tamén mediante probas no moodle. 70
Prácticas a través de TIC A1 A4 A5 A6 A7 A8 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B9 B11 Problemas abordados e solucionados na aula da informática, utilizando ferramentas das TIC axeitadas a este tipo de problemas. 30
 
Observacións avaliación

A avaliación farase a partir de resultados de distintas probas ó longo do curso, incluidas as convocatorias oficiais. 

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou exención de asistencia será evaluado da misma maneira que o resto do alumnado. En todo caso se algunha práctica plantease problemas de compatibilidades de horarios podrase acordar co alumnado un horario compatible.

Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade serán os mesmos que os da primeira oportunidade, salvo para as prácticas a través de TIC. As prácticas a través de TIC, avaliaranse únicamente antes da data oficial de peche de actas da primeira oportunidade, manténdose esa calificación para a segunda oportunidade, no caso de ter que concurrir a ésta.

Ao alumnado que se presente a convocatoria adelantada teráselle en conta as notas das prácticas das convocatorias anteriores e poderá optar o resto da nota mediante a realización dunha proba mixta ou obxetiva.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.


Fontes de información
Bibliografía básica Ayres, Frank (2000). Cálculo. --
Spiegel, Murray (1991). Cálculo Superior. España
Lopez de la Rica (1997). Geometría Diferencial. España

-

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Expresión Gráfica/771011102
Fundamentos de Física/771011103

Materias que continúan o temario
Estatística/771G01007

Observacións
Si o alumno non está muy familiarizado coa resolución de problemas matemáticos, ou mesmo coa linguaxe matemática, póde resultarlle de utilidade o estudio dos precursos de matemáticas que a UDC pon á súa disposición.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías