A avaliación da asignatura configúrase como unha suma ponderada dos traballos tutelados e das probas obxectivas. Cada unha das partes que conforman a calificación (traballos tutelados e proba obxectiva) son valorados de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar unha calificación mínima de 3 puntos en cada unha delas para poder superar a asignatura.
A asistencia e participación nas clases presenciais é precisa para ser avaliado. O traballo non presencial é valorado a través dos traballos tutelados segundo as porcentaxes descritas anteriormente.
Para poder ser evaluado na primeira oportunidade (xaneiro) o estudante debe cumprir atotalidade dos siguientes requisitos:
1. Asistir polo menos ó 80% das clases presenciais.
2. Entregar como mínimo o 80% dos traballos individuais nas datas sinaladas.
3. Asisitir alomenos a unha das dúas correccións persoais de prácticas.
4. Realizar a proba obxectiva, non podendo deixar sin contestar o tema a desenvolver nin os análisis críticos.
Si o estudante non se presenta á proba obxectiva, obterá un “No presentado” na oportunidade de xaneiro.
No caso de non cumprir algún dos dous primeiros puntos o estudante obterá un “Non presentado” na convocatoria anual (oportunidades de xaneiro e xullo).
Na segunda oportunidade (xullo) repetirase únicamente a proba obxectiva, coas mismas condicións que na primeira oportunidade. A ela só se poderán presentar aqueles estudantes que:
1. Ou ben cumpriron todos os puntos citados anteriormente e non alcanzaran a suficiente puntuación parra aprobar.
2. Ou ben cumpriron os tres primeiros pero non se presentaron á proba obxectiva na primeira oportunidade.
Aqueles estudantes que se incorporen co curso xa comenzado:
1. Terán que asistir a un mínimo dun 90% das clases presenciais restantes dende a súa incorporación
2. Terán que entregar en tempo as prácticas que se realicen a partires da súa incorporación
3. As prácticas con data previa á súa incorporación terán que ser entregadas no momento que lles indique.
O resto de normas que non entren en contradición coas anteriores seranlles de aplicación igual que ó resto de estudantes.
A aqueles estudantes que participen en programas de mobilidade saínte ou entrante se lles aplicarán as mesmas normas que ó resto do estudantado.
Os estudantes repetidores que nun curso anterior teñan cumprido o requisito de presencialidade quedan exentos de cumplilo nos cursos seguintes.
Os estudantes repetidores que nun curso anterior teñan as prácticas aprobadas quedan exentos de voltar a facelas nos cursos seguintes.
Avaliación
en convocatoria adiantada: Para poder optar á avaliación en convocatoria adiantada deben cumprirse
as condicións de avaliación xeral nun curso previo.
Estudantes
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia: Para estes casos, sempre que conten con recoñecemento oficial da
dirección do centro, non se terá en conta a esixencia de asistencia mínima,
manténdose o resto de esixencias xerais establecidas.
Plaxio. No relativo ao plaxio se atenderá ao
indicado no Art. 14º das Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.