A
cualificación global da materia calcularase a partir da contribución das
actividades avaliables: proba mixta (ata un máximo de 6 puntos), prácticas de
laboratorio (ata un máximo de 2,5 puntos), traballos tutelados (ata un máximo
de 0,5 puntos) e sesión maxistral e seminarios (ata un máximo de 1 punto). Os
alumnos que non participen nas actividades relacionadas cos seminarios e traballos
tutelados obterán unha cualificación de 0 neste apartado.
A
realización das prácticas de laboratorio é un requisito básico para superar a
materia.
A
proba mixta estará composta de dúas partes, unha con cuestións teóricas e outra
con exercicios numéricos, cada unha delas constitúe unha actividade avaliable. A
cualificación da proba mixta será a media das cualificacións obtidas en ámbalas
dúas actividades. Para poder compensar algunha das partes haberá que acadar
unha cualificación mínima de 4.5 puntos
sobre 10 en cada unha delas. De non acadar a puntuación mínima nalgunha delas,
no caso de que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a materia figurará
como suspensa (4.5).
A
materia non será aprobada se o alumno mostra erros na formulación e cálculos
químicos básicos.
O
alumno obterá a cualificación de Non Presentado cando teña feito menos do 25%
das actividades avaliables. Para superar a materia terán que facerse, e
superarse, as prácticas de laboratorio.
As
cualificacións das prácticas de laboratorio, traballo tutelado e seminarios conservaranse na segunda
oportunidade de xullo. No caso de suspender as prácticas pola baixa calidade do
informe, poderase mellorar a cualificación asociada con preguntas especiais na
segunda oportunidade.
As
cualificacións da proba mixta da segunda oportunidade (xullo) substituirán ás
obtidas na proba mixta da primeira oportunidade (xuño), cos mesmos criterios.
Polo que atingue aos sucesivos cursos académicos, o proceso de
ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico e, xa
que logo, voltaría a comezar cun novo curso.
Os
alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra
se o número máximo destas para o correspondente curso non se ten cuberto na súa
totalidade na primeira oportunidade.
O
alumno con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia será avaliado unicamente mediante as cualificacións obtidas
nas probas obxectivas (70%) e nas prácticas (30%). Isto aplicarase a ámbalas
dúas oportunidades.
Na
convocatoria adiantada de decembro aplicarase a normativa da guía docente
correspondente o curso 2021-2022.
Na avaliación da materia
aplicarase o establecido no artigo 14, relativo á Comisión de Fraude e
responsabilidades disciplinarias, das Normas de avaliación de graos e másteres
da UDC.