Os alumnos serán avaliados mediante o seguinte sistema de
cualificación:
- C1: Cualificación da proba mixta: para aprobar a
materia, o alumno deberá de obter un mínimo do 45% da nota máxima neste
apartado.
- C2: Cualificación das prácticas de laboratorio: para
aprobar a materia, o alumno deberá de obter un mínimo do 45% da nota máxima
neste apartado.
- C3: Cualificación das sesións presenciais, nas clases
de solución de problemas e probas curtas.
- C4: Cualificación da evolución global da progresión do
alumno.
O alumno aprobará a materia se consegue un mínimo de 5
puntos na seguinte suma: 0,7(C1) + 0,15(C2) + 0,15(C3).
A cualificación da evolución global da progresión do
alumno (C4) levarase a cabo unha vez efectuadas as restantes cualificacións
(C1, C2 e C3), e soamente para aqueles alumnos que aprobasen a materia. No caso
de que algún alumno supere, na suma total de todas as cualificacións, os dez
puntos, asignaráselle a nota de 10,0 puntos.
A participación nas actividades extraordinarias
recomendadas contribuirá á alza na nota final.
No caso de que a cualificación da materia sexa inferior a
suma 0,85(C1) + 0,15(C2), a nota será substituída polo valor desta suma.
Si a cualificación final é maior de 5 puntos pero non
acada o 45% da nota nos dous primeiros apartados (C1 e C2) a nota que figurará
na acta será de 4,5 (suspenso).
Si o alumno asiste ás prácticas de laboratorio non poderá
obter a cualificación de "Non Presentado".
A cualificación obtida na "primeira
oportunidade" (convocatoria de febreiro), en caso de ser positiva (igual
ou maior que 5), é definitiva.
O baremo de cualificación da "segunda
oportunidade" será o mesmo que o descrito para a "primeira
oportunidade", coa salvedade de que a nota da proba mixta da segunda
oportunidade substituirá a nota da proba mixta da primeira oportunidade.
Se o alumno non acadase o 45% da nota máxima no apartado
de prácticas de laboratorio na primeira oportunidade, non poderá superar a
materia na segunda oportunidade.
Os alumnos que sexan avaliados na "segunda
oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo
destas para o curso, de acordo coa normativa académica, non se cubriu na súa
totalidade na "primeira oportunidade".
Aqueles alumnos que se acollan ao “recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” de
acordo coa normativa da UDC, só deberán asistir de maneira obrigatoria ás
clases prácticas de laboratorio. A cualificación final para os devanditos
alumnos constará de dous partes: a cualificación obtida nas prácticas de
laboratorio, que contribuirá nun 15% á nota final e a proba mixta, que
computará polo 85% restante. Estas porcentaxes de cualificación aplicaranse ás
dúas oportunidades. A cualificación de “non presentado” outorgarase a aqueles
alumnos acollidos ao mencionado réxime de exención a condición de que non se
presenten á proba mixta.
Todo o proceso de ensino-aprendizaxe descrita na presente
guía, incluída a avaliación, refírese única e exclusivamente ao presente curso
académico.