A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN
1. Condicións de avaliación:
está prohibido o acceso ás aulas de examen con calquer dispositivo que permita
a comunicación co exterior e/ou almacenamento de datos (teléfonos móviles,
reloxos intelixentes, etc.).
2. Identificación do
estudante: o estudante ten que acreditar a súa identidade de acordo á normativa
vixente.
B) TIPOS DE CALIFICACIÓN
1. CALIFICACIÓN DE NON
PRESENTADO
Corresponde ó alumnado cando
solo participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior
ó 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación
alcanzada.
2. ESTUDANTES CON
RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE
ASISTENCIA
Para os estudantes
matriculados a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia
a proba de resposta múltiple suporá o 100 % da calificación final.
C. OPORTUNIDADES DE
AVALIACIÓN
1. PRIMEIRA E SEGUNDA
OPORTUNIDADE
Os criterios de avaliación
aplicaránse tanto á primeira como á segunda oportunidade, incluidos estudantes
Erasmus e de intercambio.
2. CONVOCATORIA ADIANTADA
As condicións de avaliación
da oportunidade adiantada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e
Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario)
serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba
de resposta múltiple que suporá o 100 % da calificación final.
D. OUTRAS OBSERVACIÓNS DE
AVALIACIÓN
Os estudantes que suspendan a
proba de resposta múltiple recibirán a cualificación do examen como
cualificación final en todas as oportunidades.
As calificacións obtidas
polos estudantes na avaliación continua (40% da calificación final) serán válidas solo
durante o curso académico en cuestión.
A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de
suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así
calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a
convocatoria extraordinaria.