Avaliación Segunda Oportunidade e Convocatoria adiantada: O sistema de
avaliación aplicado na primeira oportunidade manterase para as demais
oportunidades de acordo aos seguintes criterios.
Para os estudantes que participaron activamente, no proxecto
empresarial, desenvolto polo equipo ao que foron asignados, na cal
consta a súa participación mediante a pertinente avaliación continua,
pediráselles que realicen e presenten un traballo coreixido e ampliado
daquela parte ou partes que non alcanzasen os mínimos requiridos.
Para aqueles estudantes que non participasen de modo activo, no proxecto
empresarial, desenvolto polo equipo ao que foron asignados,
esixiráselles que realicen e presenten un traballo inédito relacionado co
proxecto e cun enfoque orixinal, sempre en coherencia coa visión
integral do realizado polo alumnado que superou a primeira oportunidade.
Neste caso na segunda oportunidade os criterios de avaliación serán do
100%.
Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención
de asistencia: No caso de alumnos con dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma
Moodle e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal
para a xestión de contidos, titorías e a entrega de
traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de
datas compatible coa súa dedicación, pero terán a mesma obrigación de
realizar actividades e de acudir a calquera tipo de proba de avaliación
que o alumnado a tempo completo.
Cualificación de non presentado Corresponde ao alumno,
cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con
independencia da cualificación alcanzada.
"A realización fraudulenta
das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación
de suspenso '0' na materia na convocatoriacorrespondente, invalidando así
calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a
convocatoria extraordinaria”
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|