Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
SABER:
Comprender as ferramentas matemáticas básicas, necesarias para a formalización do comportamento económico.
Adquirir habilidades na procura, identificación e interpretación de fontes de información económica relevante e do seu contido.
Ser capaz de formular modelos simples de relación das variables económicas, baseados na utilización de instrumentos técnicos.
Evaluar, utilizando técnicas empíricas, as consecuencias de distintas alternativas de acción e seleccionar as máis idóneas.
SABER FACER:
Fomentar a actitude crítica e autocrítica.
Ter capacidade para xerar reflexións propias sobre problemas de natureza económica e os seus efectos sociais e éticos. Autocontrol no sistema de traballo, con respecto a tempo e planificación.
Fomentar o espíritu investigador, desenvolvendo a capacidade para analizar problemas novos cos instrumentos adquiridos.
Adquirir competencias ligadas á procura de organización de documentación e á presentación do traballo de forma axeitada á audiencia.
Ler e comunicarse en inglés no eido profesional.
Capacidade de elaborar informes de asesoramento económico.
Respeto aos valores éticos e cívicos.
Compromiso ético co traballo.
Capacidade para traballar en equipo.
Responsabilidade e capacidade de asumir compromisos.
Habilidades para argumentar de forma coherente e intelixible, tanto de forma oral como escrita. |
AM1 AM3 AM4 AM8 AM10 AM12
|
BM2 BM5 BM7 BM12
|
CM4 CM5 CM9 CM10
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1.- Modelos lineais e non lineais
|
1.1. Linealidade e non linealidade.
1.2. Transformación das variables.
1.3. Modelos con variables de interacción.
1.4. Regresión non lineal. |
Tema 2.- Problemas de especificación e problemas de datos |
2.1. Especificación do modelo.
2.2. O problema dos datos.
2.3. Efectos da omisión e inclusión de variables.
2.4. Contrastes de especificación. |
Tema 3.- O efecto do tempo nos modelos econométricos |
3.1. Procesos estocásticos.
3.2. Funcións de autocorrelación.
3.3. Modelización lineal univariante.
3.4. Estacionariedade. Contrastes de raíces unitarias.
3.5. Cointegración.
3.6. Regresións espurias.
3.7. Introdución a modelos VAR.
3.8. Aplicacións empíricas con software econométrico. |
Tema 4.- Modelos heterocedásticos: avaliando o risco |
4.1. Introdución a modelos ARCH e GARCH.
4.2. Aplicacións empíricas con software econométrico. |
Tema 5.- Regresores estocásticos: métodos de estimación dos momentos e variables instrumentais |
5.1. Modelos con regresores estocásticos.
5.2. Variables instrumentais.
5.3. Método xeralizado de momentos.
|
Tema 6.- Manexo de distintos paquetes econométricos (aplicable a temas 1, 2 e 5). |
Manexo de distintos paquetes econométricos. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas a través de TIC |
A4 A1 A3 B2 B5 B7 B12 C9 |
12 |
25 |
37 |
Sesión maxistral |
A4 A1 A3 A8 A12 B2 B5 B7 C5 C9 C10 |
12 |
20 |
32 |
Traballos tutelados |
A4 A1 A3 A8 A12 B2 B5 B7 B12 C4 C5 C9 C10 |
0 |
30 |
30 |
Aprendizaxe colaborativa |
A4 A1 A3 A8 A10 A12 B2 B5 B7 B12 C4 C5 C9 C10 |
0 |
25 |
25 |
Obradoiro |
A4 A1 A3 A8 B2 B7 C4 C5 |
5 |
1 |
6 |
Análise de fontes documentais |
A4 A1 A3 B2 B5 C5 C9 C10 |
0 |
4 |
4 |
Proba obxectiva |
A4 A1 A3 A8 A12 B2 B5 B7 B12 C4 C5 C10 |
2 |
13 |
15 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas a través de TIC |
Os estudantes deben realizar, co apoio e a dirección do docente, as aplicacións empíricas que se lles propoñan. |
Sesión maxistral |
Exposición oral, apoiada en medios audiovisuais, que inclúe conceptos teóricos e exemplos prácticos. |
Traballos tutelados |
Os estudantes deben levar a cabo, baixo tutela, traballos e/ou exercicios con datos reais aplicando as técnicas que se lles ensinaron no curso. |
Aprendizaxe colaborativa |
Traballo conxunto do alumnado, organizado en grupos, na resolución de tarefas asignadas polo profesor para optimizar tanto a súa propia aprendizaxe como a dos restantes membros do grupo. |
Obradoiro |
Nestas clases o obxectivo principal é a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do docente: proposición e resolución de aplicacións da teoría, problemas, exercicios, exposicións, debates e comentarios de traballos, etc. Pódense expor as dúbidas ou dificultades coas que se atopen os estudantes en relación ás distintas actividades de avaliación (individuais ou en grupo). Desta forma se crea un debate entre os estudantes, os seus compañeiros e o docente, o cal fomenta a interrelación no traballo e o espíritu crítico.
Con todo, tamén o profesor pode expor conceptos, exposición enfocada principalmente a deixar clara a súa aplicación, ou, en todo caso, como simple comentario da sesión maxistral. |
Análise de fontes documentais |
Con esta análise preténdese que o estudante conecte o aprendido na clase sobre unha determinada técnica econométrica e a súa aplicación empírica materializada en documentos de investigación; noutras palabras, o obxectivo é que o estudante comprenda a utilidade real da técnica aprendida a través da procura de documentos de traballo e artigos científicos que fixeron uso dela con datos reais. Asimesmo, esta actividade permite comprobar tanto a capacidade de análise como a de síntese do estudante. |
Proba obxectiva |
Proba para avaliar a capacidade que o estudiante ten para asimilar os conceptos e interrelacionalos. Tamén mide a súa capacidade para identificar problemas e avaliar a súa resolución. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
Traballos tutelados |
Obradoiro |
|
Descrición |
* Prácticas a través de TIC
Para a realización destas actividades os estudantes precisan o asesoramento e, no seu caso, a dirección do docente.
* Traballos tutelados
Os estudantes deben levar a cabo, baixo tutela, traballos e/ou exercicios con datos reais aplicando as técnicas que se lles ensinaron no curso.
* Obradoiro
Nestas clases pódense expor as dúbidas ou dificultades coas que se atopen os estudantes en relación ás distintas actividades de avaliación (individuais ou en grupo). |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
A4 A1 A3 B2 B5 C5 C9 C10 |
Exercicio individual |
15 |
Proba obxectiva |
A4 A1 A3 A8 A12 B2 B5 B7 B12 C4 C5 C10 |
Exame escrito |
40 |
Aprendizaxe colaborativa |
A4 A1 A3 A8 A10 A12 B2 B5 B7 B12 C4 C5 C9 C10 |
Traballo en grupo |
45 |
|
Observacións avaliación |
No curso académico 2022/2023, a materia dividirase en dúas partes interconectadas. A primeira delas será impartida por docentes da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e terá lugar tamén en primeiro lugar no tempo. Con información de xullo de 2022, esta primeira parte correspondería aos temas 1, 2 e 5. A segunda parte (temas 3 e 4) sería impartida pola docente da Universidade da Coruña (UDC).
A avaliación da materia respectará a porcentaxe do 60% outorgada a actividades de avaliación continua e o 40% para a proba obxectiva ou exame. Os docentes de cada unha das partes levarán a cabo as súas proprias actividades de avaliación, tanto continua como proba obxectiva. Así, os docentes da USC desenvolverán as actividades de avaliación continua que estimen pertinentes en relación á parte da materia que imparten, e a correspondente proba obxectiva; as primeiras actividades ponderarán un 60%, mentras que a segunda, un 40%. De xeito similar, a docente da UDC levará a cabo actividades de avaliación continua de dous tipos (ver cadro) en relación aos temas que imparte, e unha proba obxectiva relativa únicamente a esta parte.
A cualificación final do estudante será o resultado de ponderar as cualificacións obtidas en cada unha das partes (50% cada unha delas). No caso da segunda oportunidade de avaliación, e coa fin de garantir a posibilidade de superación da materia consonte ás "Normas de avaliación, revisión e reclamación das calificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" establecidas pola UDC, o/a estudante poderá repetir tanto a actividade de proba obxectiva ou exame (ponderación, 40%) como as actividades da análise de fontes documentais (ponderación, 15%) e a aprendizaxe colaborativa (45%) referidas ao segundo bloque da materia. Para a primeira actividade existe unha data oficial de exame, mentras que para as dúas restantes se establecerá un procedemento de realización (e adaptación das mesmas) e entrega antes do comezo deste período de avaliación. Igualmente, o/a estudante debe coñecer que as calificacións obtidas nestas actividades na segunda oportunidade de avaliación substitúen a todos os efectos as acadadas na primeira oportunidade, de ser o caso. Importante: as actividades de avaliación continua específicas que figuran no cadro (exercicio e traballo) son exclusivas da parte que imparte a docente da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
- Espasa, A.; Cancelo, J. R. (eds., 1993). Métodos cuantitativos para el análisis de la
coyuntura económica. Alianza Editorial: Madrid. - Franses,
P. H. (2014). Time series models for
business and economic forecasting, 2nd edition. Cambridge University Press: Cambridge. - Hansen, B. E. (2021). Introduction to Econometrics. Department of Economics: University of Wisconsin. - Harvey,
A. C. (1990). The Econometric Analysis of
Time Series, 2nd edition. MIT Press: Cambridge. - Maddala,
G. S. (1977). Econometrics. Mc Graw-Hill: Nova York. - Ullah,
A.; Giles, D. E. A. (eds., 1998). Handbook
of Applied Economic Statistics. Marcel Dekker: Nova York. Nota. Na medida en que sexa posible, facilitarase e comunicarase ao estudantado a dispoñibilidade destas e outras fontes de información en formato dixital. |
Bibliografía complementaria
|
|
- Hansen, B. E. (2021). Econometrics. Department of Economics: University of Wisconsin. (Ligazón: https://www.ssc.wisc.edu/~bhansen/econometrics/Econometrics.pdf) - Wooldridge, J. M. (2010). Introducción a la econometría. Un enfoque moderno, 4a. edición. Cengage Learning Editores: México D. F. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Métodos Cuantitativos/611532004 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Microeconomía Avanzada/611532028 | Macroeconomía avanzada/611532029 |
|
Materias que continúan o temario |
Econometría Avanzada/611532027 |
|
Observacións |
Para
cursar a materia é aconsellable posuir coñecementos de Econometría (cando menos a un nivel
introductorio). En todo caso, homoxeneizaranse na medida do posible os niveis de inicio de existir disparidade no estudantado. Asimesmo, recoméndase posuir coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte importante do material que se facilitará
ao/á estudante está nesta lingua. Igualmente, e de cara a colaborar no desenvolvemento dunha Facultade máis sustentable, se sinala o seguinte: 1. A entrega dos traballos documentais de avaliación continua que se realicen nesta materia solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático, sen necesidade de impresión. 2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sustentabilidade e nos
comportamentos persoais e profesionais. |
|