Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Análise Económica Rexional Código 611532012
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Lopez Rodriguez, Jesus
Correo electrónico
jesus.lopez.rodriguez@udc.es
Profesorado
Lopez Rodriguez, Jesus
Correo electrónico
jesus.lopez.rodriguez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral O propósito desta materia é ofrecer unha introdución á análise económica rexional a través de modelos de Economía Xeográfica ou Nova Xeografía Económica (NEG) para explicar a distribución da actividade económica no espazo.
A materia abarcará desde o punto de vista teórico a discusión sobre a importancia da xeografía na teoría económica e fará unha descrición detallada da estrutura e dos principais resultados do chamado modelo básico de economía xeográfica (modelo Centro-periferia). A parte empírica do curso centrarase na presentación de material que está na fronteira da investigación en relación coas cuestións centrais que xorden das predicións teóricas do modelo centro-periferia da economía xeográfica; estimación da ecuación nominal de salarios, explicación da distribución espacial do capital humano, análise da relación entre aglomeración e competencia fiscal e explicación dos fluxos migratorios

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Aprender a programar en R e a traballar con datos espaciais, así como adquirir experiencia práctica na análise empírica dun probrema aplicado ao espazo. AM1
AM3
AM4
AM5
AM6
AM9
AM10
AM13
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
BM10
BM11
BM12
BM13
CM4
CM5
CM6
CM9
CM10
Diferenciar os distintos modelos aplicables para valorar a actividade económica rexional en casos concretos de estudo, desenvolver posibles planteamentos para o seu seguimento e estudo e avaliar as distintas alternativas de desenvolvemento territorial. AM2
AM3
AM4
AM6
AM7
AM8
AM9
AM11
AM12
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
BM10
BM11
BM12
BM13
CM5
CM6
CM9
Sensibilizar sobre a relevancia dos aspectos territoriais na toma de decisións económicas estratéxicas e valorar a importancia dos elementos espaciais na análise económica para a consecución de maiores niveis de benestar social. BM9
BM10
BM11
BM12
BM13
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
CM9
CM10

Contidos
Temas Subtemas
Parte I - A Xeografía na teoría económica. O modelo centro-periferia de Economía Xeográfica Sesión 1 - Unha aproximación ao papel da xeografía no desenvolvemento económico
Sesión 2 - O modelo de centro-periferia da economía xeográfica (I)
Sesión 3 - O modelo de centro-periferia da economía xeográfica (II
Parte II - Cuestións empíricas baseadas nas predicións do modelo de centro-periferia da Economía Xeográfica Sesión 4 - Ecuación nominal de salarios
Sesión 5 - Acumulación de capital humano
Sesión 6 - Aglomeración e competencia fiscal
Parte III - Temas de economía espacial Sesión 7 - Casos de estudio dos alumnos I
Sesión 8 - Casos de estudio dos alumnos II

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A1 A2 A3 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C6 9 18 27
Solución de problemas A3 B3 B7 B11 B13 C6 C9 C10 1 9 10
Traballos tutelados A4 A1 A2 A3 A6 A9 B2 B3 B4 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 5 30 35
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Asistencia activa en clase
Solución de problemas Debate e discusión cos alumnos sobre as cuestións empíricas presentadas durante as clases maxistrales
Traballos tutelados Elaboración dun traballo de investigación

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Debate na aula e titoría persoal, por videoconferencia ou presencial

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A1 A2 A3 A6 A9 B2 B3 B4 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 Traballo de investigación, utilizando técnicas de análise empírica 100
 
Observacións avaliación

A avaliación consistirá na presentación e defensa dun traballo supervisado cuxa avaliación representará o 100% da nota (primeira oportunidade e segunda oportunidade). Esta consistirá na realización dun traballo de investigación utilizando xestión de datos e técnicas de análise empírica, en particular, técnicas de análise xeográfica. En función do calendario, poderá haber dúas entregas, a primeira como borrador, para recibir correccións, e a segunda como entrega final.
A selección do tema de investigación ha de ter lugar canto antes, en conversas co profesor da materia. Vocacionalmente esta materia está orientada a achegar valor ao traballo de fin de máster (TFM). Daquela, suxírese realizar un traballo sobre un tema que sexa útil para o TFM ou, directamente, ampliar logo o traballo desta materia para o converter en TFM.
Os criterios de avaliación do traballo serán:

  • Estrutura e presentación: 10%
  • Respecto ás normas dun artigo científico: 20%
  • Redacción: 10%
  • Pregunta de investigación/obxectivo, lóxica narrativa e conclusións: 20%
  • Dificultade do tema: 40%

Este traballo será obrigatorio para os/as estudantes con "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia".


Fontes de información
Bibliografía básica Glaeser, Edward L. (2008). Cities, Agglomeration, and Spatial Equilibrium (The Lindahl Lectures). Oxford: Oxford University Press
Baldwin, Richard E. et al. (2003). Economic geography and public policy. Princeton: Princeton University Press
Fischer, M. M. & P. Nijkamp, Peter (Eds.) (2014). Handbook of regional science . New York: Springer
Capella, Roberta (2007). Regional economics. London: Routledge
Brakman, Steven et al. (2009). The new introduction to geographical economics. Cambridge, UK ; New York: Cambridge University Press
McCann, Philip (2001). Urban and regional economics. Oxford: Oxford University Press

Entregarase un documento con referencias online sobre R e análise espacial con R.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Métodos Cuantitativos/611532004
Técnicas de Investigación/611532006
Técnicas Econométricas/611532003
Análise de Conxuntura Económica e Crecemento/611532002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará  está nesa lingua.   



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías