A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN
1. Condicións de avaliación: está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información.
2. Identificación do alumno: o alumno deberá acreditar a súa identidade segundo a normativa vixente.
3.- O exame
teórico suporá o 70% da nota.
4.- As
actividades prácticas suporán o 30% da nota.
5.- Non se
avaliarán as actividades prácticas se non superou o exame teórico da materia.
6.- Os exames
teóricos serán tipo test, acadarase 0,50 puntos por resposta correcta, -0,10
puntos por resposta incorrecta, e -0,05 puntos as respostas en branco.
B) TIPOS DE VALORACIÓN
1. Valoración de non presentado: o estudante que realice actividades que, no seu conxunto, representan unha porcentaxe igual ou inferior ao 20% da nota final será considerado "Non-presentado".
2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: acordarase un sistema de avaliación continua adecuado ás súas circunstancias.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN
1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación indicados anteriormente nesta sección.
2. Segunda oportunidade: os criterios son os mesmos que na primeira, é dicir, mantense a nota para a avaliación continua, permitindose recuperar prácticas non realizadas.
3. Convocatoria anticipada: o alumno deberá realizar os traballos, prácticas e o exame que non aprobou nas oportunidades anteriores.