Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Xestionar e administrar unha empresa ou organización de pequeño tamaño, entendendo a súa ubicación competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades. |
A2 |
Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera traballo de xestión nela encomendada. |
A3 |
Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa. |
A4 |
Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados. |
A5 |
Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa. |
A6 |
Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido. |
A7 |
Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía. |
A8 |
Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. |
A9 |
Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional. |
A10 |
Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés |
A11 |
Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. |
A12 |
Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo. |
B1 |
CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo |
B3 |
CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais |
B7 |
CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización |
B8 |
CG3-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas. |
B10 |
CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o método contable e o seu output: os estados financeiros |
A2 A3 A4 A6 A7 A8 A9
|
B7
|
|
Rexistrar contablemente, presentar e interpretar calquera transacción económica básica. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A9
|
B7
|
C7 C8
|
Capacidade para aprender de xeito autónomo, buscando a solución a novos problemas a través da aplicación dos coñecementos adquiridos. |
A6 A9 A10 A11
|
B1 B2 B3 B5 B7
|
C5 C6 C7 C8
|
Capacidade para traballar en equipo de maneira consultiva. |
A12
|
B4 B6 B8 B10
|
C4 C6
|
Habilidade para presentar, discutir e defender puntos de vista diferentes. |
A12
|
B2 B3 B4
|
C1 C4 C6
|
Ter un comportamento ético nos negocios. |
|
B10
|
C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
PRIMEIRA PARTE: Fundamentos básicos da contabilidade. Introdución ao rexistro contable. |
PRIMEIRA PARTE |
Tema 1: Introdución á contabilidade.
|
1.1. Actividade económica e necesidade de información.
1.2. Concepto e divisións de contabilidade.
|
Tema 2: Activo, Pasivo e Neto patrimonial |
2.1.Concepto. Activo, Pasivo e Neto patrimonial.
2.2. O equilibrio parimonial e o principio de dualidade.
2.3 Variacións patrimoniais:
a) Os feitos contables. Tipos. Casuística introductoria.
b) O principio de importancia relativa.
c) O Resultado empresarial.
|
Tema 3: Anotacións contables: método de partida doble. Operacións contables básicas. |
3.1.O método contable.
3.2.A conta. Conceito e representación. Tecnicismos.
O convenio da partida doble.
3.3.Os libros contables. Introducción:Libro Diario y Libro Maior. Balance de sumas e saldos
3.4. Rexistro de feitos contables básicos:
a) Mercadorías
b) Tesourería
c) Contas activas e pasivas con terceiros
d) Inmobilizado
e) Neto patrimonial |
Tema 4: O ciclo contable |
4.1. Fases.
4.2. Especial consideración dos principais axustes de regularización. |
SEGUNDA PARTE: TRATAMENTO CONTABLE DE OPERACIÓNS BÁSICAS |
SEGUNDA PARTE |
Tema 5: Existencias |
5.1. Métodos de rexistro. Introdución ao funcionamento especulativo con desglose de contas.
5.2. Valoración de entradas e saídas (PMP e FIFO)
5.3. Determinación do costo de vendas e do resultado da compra-venda de existencias
|
Tema 6:Inmobilizado |
6.1. Conceito e tipos
6.2. Alta do Inmobilizado
6.3. A amortización: punto de vista técnico, económico e financeiro
6.4. Baixa do Inmbolizado |
Tema 7: O IVE. Imposto de valor engadido. |
7.1. O IVE na empresa
7.2. IVE soportado deducible e IVE repercutido
7.3. Contabilización do IVE nas operacións de compra e venda
7.4. Liquidación do IVE
|
Tema 8:Outras operacións |
8.1. Tesourería. Contas de crédito
8.2. Gastos de persoal. Nóminas |
Tema 9: Interpretación do contido dos estados financeiros |
9.1. Balance de situación
9.2.Conta de resultados |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A7 B1 B2 C5 C6 C8 |
18 |
36 |
54 |
Discusión dirixida |
A8 A12 B2 B3 B4 B8 B10 C4 C5 C6 |
7 |
21 |
28 |
Obradoiro |
A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 A12 B1 B5 B6 B7 C1 C5 C6 C7 |
18 |
36 |
54 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 B4 B8 B10 C4 C5 C6 C7 C8 |
10 |
0 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición feita polo profesor dos conceptos básicos necesarios para que os alumnos poidan buscar solución aos problemas contables tratados no programa. |
Discusión dirixida |
Preparación dos temas formulados polo profesor e participación na discusión dos mesmos na aula. |
Obradoiro |
Resolución de exercicios e casos prácticos en grupo, tanto na aula coma fora dela, con apoio do profesor.
As titorías en grupo reducido (TGR) realizaranse en seminarios, preferentemente presenciais, se non é posible realizaranse en Equipos. Estes dividiranse en dúas sesións de dúas horas cada unha. O día, a hora e o lugar das mesmas serán comunicados ao alumnado con antelación suficiente.
|
Proba mixta |
Probas de avaliación continua.
Examen final en primeira e segunda oportunidade.
As probas, tanto da evaluación continua como os exames finais, poden ser escritos, orales ou en Moodle. Os contidos referidos a materia poden ser plantexados en termos teóricos, prácticos ou como unha combinación teórico-práctica. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Discusión dirixida |
|
Descrición |
Os problemas contables propostos para a súa resolución na aula teñen por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e da técnica contable. Para isto, o alumno será guiado polo profesor de xeito que poda chegar á solución ou solucións dos problemas que se lle propoñen. Adicionalmente, por medio das titorías, o profesor guiará a preparación das cuestións propostas para discutir na aula e a resolución das tarefas deseñadas para realizar fora da aula.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario.
As titorías serán en TEAMS.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 B4 B8 B10 C4 C5 C6 C7 C8 |
Primeira oportunidade: 50% probas de avaliación continua e 50% proba mixta (examen) sobre os contidos da materia.
Segunda oportunidade:
100% Proba mixta (examen)sobre os contidos da materia, non se mantén a puntuación da avaliación continua |
100 |
|
Observacións avaliación |
Todas as probas podrán ser realizadas na plataforma Moodle. A) NORMATIVA
DE AVALIACIÓN: 1.- Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información agás nos casos que o exame sexa non presencial en cuxas circunstancias se indicará que dispositivos se poden utilizar. 2. Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo con a normativa vixente.
B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:
1.Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. 2. Alumnado
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia: Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no
que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do
curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, motivo
polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor da materia nos
primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade
de fixar o devandito calendario. As probas terán o mesmo formato que para os alumnos
con dedicación a tempo completo. C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección.
2. Segunda oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección 3. Convocatoria
adiantada: Na convocatoria adiantada, e
só neste caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as
competencias e contidos propios da materia. Os criterios de puntuación de la prueba daranse a coñecer no momento da proba e subministraranse xunto
co enunciado desta. As probas non realizadas puntúan como cero. As
realizadas en fraude( suplantación da personalidade, copia , acceso ao exame dende un lugar non autorizado e sen permiso previo...) supoñen a cualificación de cero puntos na avaliación
final.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Sutton, Tim (2004). Corporate Financial Accounting and Reporting. Prentice Hall
Reverte Maya, Carmelo (2014). Exercises of Financial Accounting. Ecobook
Phillips, F., Libby, R. y Libby, P.A. (2006). Fundamentals of Financial Accounting. McGraw Hill
Muñoz Merchante, Ángel (2008). Fundamentos de Contabilidad. Ramón Areces
Larrán Jorge, Manuel (Coord.) (2009). Fundamentos de Contabilidad Financiera. Pirámide
Solà Tey, Magda y Vilardell Riera, Inmaculada (2009). Introducción a la Contabilidad General. McGraw Hill |
|
Bibliografía complementaria
|
Horngren, C.T.; Harrison, W.T y Bamber, L. S. (2003). Contabilidad. Pearson
Muñoz Jiménez, José (Coord.) (2008). Contabilidad Financiera. Pearson |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Análise das Operacións Financeiras/611G02004 | Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G02008 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Contabilidade Financeira II/611G02018 |
|
Observacións |
.- Débese ter en conta a importancia dos principios
éticos relacionados cos valores de sostibilidade e nos comportamentos persoais e profesionais. .- Traballarase para identificar e modificar prexuízos
e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar
valores de respecto e igualdade. .- Facilitarase a plena integración do alumnado que
por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria. |
|