Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecemento das principais institucións xurídicas. |
A3 |
Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico. |
A5 |
Coñecemento dos principios e valores constitucionais. |
A6 |
Comprensión das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual. |
B1 |
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B5 |
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
Aprender a aprender. |
B10 |
Traballar de forma colaborativa. |
B13 |
Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquisición do coñecemento dos principios e valores constitucionais. |
A5
|
|
|
Adquisición do coñecemento das principais institucións xurídicas. |
A1
|
|
|
Percepción, polo alumnado, do carácter sistemático do ordenamento xurídico. |
A3
|
|
|
Comprensión, polo alumnado, das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual. |
A6
|
|
|
Comprensión, polo alumnado, de coñecementos nunha área de estudo como é esta que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda deste campo de estudo |
|
B1
|
|
Aplicación, polo alumnado, dos seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional. Adquisición das competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro desta área de estudo |
|
B2
|
|
Traballo do alumnado de forma colaborativa. |
|
B10
|
|
Adquisición, e exercicio, da competencia de aprender a aprender. |
|
B6
|
|
Adquisición, polo alumnado, da competencia para desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
|
B5
|
|
Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión. |
|
B13
|
|
Dominio da expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
|
|
C2
|
Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
|
C3
|
Capacidade para desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
|
C4
|
Entendemento da importancia da cultura emprendedora e coñecimento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
|
|
C5
|
Capacidade do alumnado para valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que debe enfrontarse. |
|
|
C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Orixe e evolución histórica da Unión Europea. |
1. Antecedentes históricos da UE
2. O proceso de profundización da UE
3. O proceso de ampliación da UE |
Tema 2. Natureza xurídica e caracteres da Unión Europea. |
1.Configuración xurídica: a UE como Organización internacional
2.Valores, obxectivos e principios
3.O sistema de competencias |
Tema 3. A integración europea. Fundamento e alcance constitucional da pertenza á UE. |
1. Bases constitucionais da pertenza á UE
2. A pertenza á UE e as súas consecuencias sobre o sistema constitucional de fontes do Dereito.
3. A pertenza á UE e as súas consecuencias sobre a organización territorial do Estado español. |
Tema 4. Cidadanía e dereitos. |
1. A cidadanía europea: concepto e contido
2. A tutela dos dereitos no espazo comunitario
3. A Carta dos Dereitos fundamentais da UE: proceso constitucional?
4. A adhesión da UE ao Convenio Europeo de Dereitos Humanos. |
Tema 5. Sistema institucional da Unión Europea (I). |
1. Consideracións xerais: principios e medios
2. O Consello Europeo
3. O Consello |
Tema 6. Sistema institucional da Unión Europea (II). |
1. O Parlamento Europeo
2. A Comisión
3. Outras institucións e órganos |
Tema 7. Ordenamento xurídico da Unión Europea (I): Fontes.
|
1. O Dereito orixinario
2. O Dereito derivado
3. O proceso de formación do Dereito derivado |
Tema 8.Ordenamento xurídico da Unión Europea (II): Aplicación no Ordenamento xurídico interno. |
1. As relacións entre o Dereito da UE e os Dereitos interno dos Estados membros
2. Os principios de efecto directo, primacía e responsabilidade do Estado
3. Desenvolvemento e execución do Dereito da UE
|
Tema 9. Sistema xurisdicional da UE (I): Organización e funcionamento do TJUE. |
1.O Tribunal de Xustiza: organización e funcionamento
2. O Tribunal Xeral: organización e funcionamento
3. Os tribunais especializados: o Tribunal da Función Pública.
4. Caracteres xerais do procedemento ante o TJUE. |
Tema 10. Sistema xurisdicional da UE (II): as competencias do TJUE. |
1. A competencia contenciosa
2. A competencia prejudicial
3. As competencias consultiva |
Tema 11. Políticas e liberdades da UE. |
1. As liberdades fundamentais do mercado interior
2. As políticas comúns da Unión
3. As políticas compartidas da Unión
4. As políticas en que a Unión dispón de competencias de cooperación, apoio, complemento ou axuda |
Tema 12. Acción exterior da Unión Europea: as relacións exteriores. |
1. A subxectividade xurídica internacional da UE
2. As principais manifestacións da subxectividade internacional da UE
3. A dimensión internacional das políticas civís da UE |
Tema 13: Acción exterior da Unión Europea: a Política exterior e de Seguridade Común e a Política de Seguridade e Defensa Común. |
1. A articulación da Política Exterior e de Seguridade Común
2. A dimensión institucional e os ámbitos materiais da Política Exterior e de Seguridade Común
3. A articulación da Política de Seguridade e Defensa Común |
Tema 14: Espazo de Libertade, Seguridade e Xustiza. |
Aproximación ao marco xeneral. Políticas de inmigración e asilo, control fronterizo, cooperación xudicial e policial. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A3 A5 A6 C5 |
39 |
60 |
99 |
Seminario |
B6 B10 B13 B1 B2 B5 C2 C3 C4 C5 C6 |
19 |
25 |
44 |
Proba obxectiva |
A1 A3 A5 A6 B6 B10 B1 B2 B5 C4 C5 C6 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Actividade lectiva desenvolvida polo profesorado seguindo o programa da asignatura. |
Seminario |
Actividade de contidos prácticos relacionados coa asignatura. |
Proba obxectiva |
Exame do contido da asignatura. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
O alumnado terá a posibilidade de consultar co profesorado todas aquelas dúbidas que lle xurdan tanto respecto das clases maxistrais como das actividades prácticas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
B6 B10 B13 B1 B2 B5 C2 C3 C4 C5 C6 |
Avaliación da actividade práctica. Dependendo da titulación (Dobre grao Dereito+ADE / Grao en Dereito en castelán / Grao en Dereito bilingüe), representará unha porcentaxe diferente da nota final da asignatura. Véanse "Observacións avaliación". |
40 |
Proba obxectiva |
A1 A3 A5 A6 B6 B10 B1 B2 B5 C4 C5 C6 |
Exame do contido da materia. Dependendo da titulación (Dobre grao Dereito+ADE / Grao en Dereito en castelán / Grao en Dereito bilingüe), representará unha porcentaxe diferente da nota final de asignatura. Véanse "Observacións avaliación". |
60 |
|
Observacións avaliación |
ORGANIZACIÓN DA MATERIA SEGÚN ÁREAS DE COÑECEMENTO A impartición e avaliación da materia é
responsabilidade de 2 Áreas de coñecemento: Área de Dereito internacional
público (DIP), Leccións 1-2 e 5-13; e Área de Dereito constitucional (DC),
Leccións 3-4 e 14.
PROFESORADO Dobre Grao Dereito + ADE Área DIP: Profa. Marta Sobrido
(marta.sobrido@udc.es) Área DC: Profa. Sonia García
(sonia.garcia.vazquez@udc.es) Grao Dereito—Quenda de mañá Área DIP: Prof. Jorge A. Quindimil
(jorge.quindimil@udc.es) Área DC: Profa. Sonia García
(sonia.garcia.vazquez@udc.es) Grao Dereito—Quenda de Tarde Área DIP: Profa. Marta Sobrido
(marta.sobrido@udc.es) Área DC: Profa. Sonia García (sonia.garcia.vazquez@udc.es) Grao
bilingüe Área DIP: Profa. Gabriela A. Oanta
(gabriela.oanta@udc.es) y Prof. Artak Mkrtichyan (artak@udc.es). Área DC: Profa. Ana Aba (ana.abac@udc.es)
CÁLCULO DA NOTA FINAL DA MATERIA Cada unha das Áreas de coñecemento que participa
na materia ten un peso na avaliación final, proporcional á súa carga docente: - Dereito internacional público: 75
% da nota final; - Dereito constitucional: 25 %
da nota final;
PLAXIO OU COPIA Calquera intento de plaxio ou copia, tanto nas
actividades prácticas como no exame, suporá un suspenso automático nada
materia con un 0. AVALIACIÓN: NO DOBRE GRAO DEREITO+ADE; E NO GRAO EN
DEREITO - En relación coa parte de Dereito
internacional público (DIP) teranse en conta o exame final e as actividades
prácticas realizadas ao longo do curso. EXAME
FINAL. O exame representará o 80% da nota da parte DIP. O exame será escrito. Se no exame non se
consegue un 5 sobre 10, a nota das actividades prácticas non se engadirá á nota
final da parte DIP. ACTIVIDADES
PRÁCTICAS. As actividades prácticas representarán o 20% da nota DIP;
pero só se terán en conta no cálculo da nota DIP se se acadou un 5 sobre 10 no
exame final DIP. O alumnado que non se presente ao exame final DIP
considerarase non presentado no que se refire á parte DIP. Ao comezo do curso,
informarase ao alumnado sobre a organización das actividades prácticas. Non se
permitirá a defensa e/ou entrega de actividades prácticas fóra dos prazos
establecidos. ALUMNADO CON DISPENSA
ACADÉMICA DE ASISTENCIA A CLASE. O alumnado a tempo parcial ao que, previa solicitude
ao Decanato, se lle conceda dispensa académica para asistir ás clases (pódese
consultar a normativa que regula o réxime de estudos a tempo parcial), pode
escoller entre dúas opcións: 1) que o exame final represente o 100% da nota
DIP; 2) que o exame final represente o 80% da nota DIP, e o 20% restante a
través de actividades prácticas que o alumnado defenderá oralmente ao longo do
curso (presencial ou por Teams; modalidade e datas fixadas polo profesorado
segundo ás circunstancias do caso). O alumnado poderá escoller un dentro do
prazo fixado polo profesorado a este efecto. O/a estudante que non opte pola
segunda opción no prazo fixado polo profesorado, entenderase que opta pola
primeira opción. SEGUNDA OPORTUNIDADE. A modalidade de exame será a mesma nas dúas oportunidades.
Como regra xeral, non se permite a recuperación das actividades prácticas na
2ª oportunidade. A
2ª oportunidade é para a realización do exame ou exames non superados
na 1ª oportunidade. Por exemplo: un alumno/a que na 1ª oportunidade
suspenda a materia tendo aprobada a parte de DC pero non a parte de DIP,
na 2ª oportunidade solo poderá presentarse á parte de DIP; respecto da
parte de DC, terase en conta a cualificación que obtivo na 1ª
oportunidade.
- En relación coa parte de Dereito
constitucional (DC) teranse en conta o exame final e as actividades
prácticas realizadas ao longo do curso. EXAME
FINAL E ACTIVIDADES PRÁCTICAS. É necesario que se aprobe o exame final para
que poidan ser tidas en conta as notas das prácticas. Os alumnos que obteñan
unha cualificación numérica de 5 ou superior (sobre 10) no exame final que será
escrito, calcularáselles a nota do seguinte modo: 30% da nota mediante
avaliación de actividades prácticas (en clase, entregas de traballos, …), e 70%
restante mediante o exame final. Os alumnos que obteñan unha cualificación
numérica inferior a 5 (sobre 10) no exame final, suspenderán a materia sen que
se lles poida ter en conta a nota das prácticas. ALUMNADO
CON DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIA A CLASE. Os estudantes con dedicación
ou dispensa a tempo parcial, é dicir, que solicitaran e lles fose concedida
polo Decano da Facultade de Dereito a exención de asistencia ás aulas
presenciais (pódese consultar a normativa que regula o réxime de estudos a
tempo parcial), poderán ser avaliados mediante unha proba obxectiva que
representará o 100% da nota final da materia, sen necesidade de que entreguen
as prácticas ou actividades interactivas. Non obstante, se o alumno desexa
optar polo sistema de avaliación continua, deberá facelo constar por escrito ao
profesor e obter a súa aprobación tamén por escrito. SEGUNDA OPORTUNIDADE. A modalidade de exame será a mesma nas dúas oportunidades.
Como regra xeral, non se permite a recuperación das actividades prácticas na
segunda oportunidade. A
2ª oportunidade é para a realización do exame ou exames non superados
na 1ª oportunidade. Por exemplo: un alumno/a que na 1ª oportunidade
suspenda a materia tendo aprobada a parte de DC pero non a parte de DIP,
na 2ª oportunidade sólo poderá presentarse á parte de DIP; respecto da
parte de DC, terase en conta a calificación que obtivo na 1ª
oportunidade.
EVALUACIÓN NO GRAO BILINGÜE - En relación coa parte de Dereito
internacional público (DIP), o exame final da materia será escrito e suporá
o 50% da nota final, e as actividades prácticas puntuarán o 50% restante. Polo
que se refire á segunda oportunidade de exames, o sistema de avaliación será
similar ao da primeira oportunidade. Para o alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a
avaliación consistirá nun exame final sobre os contidos da materia cuxa
cualificación máxima será de 10 puntos sobre 10.
- En relación coa parte de Dereito
constitucional (DC) teranse en conta o exame final e as actividades
prácticas realizadas ao longo do curso. EXAME
FINAL E ACTIVIDADES PRÁCTICAS. É necesario que se aprobe o exame final para
que poidan ser tidas en conta as notas das prácticas. Os alumnos que obteñan
unha cualificación numérica de 5 ou superior (sobre 10) no exame final que será
escrito, calcularáselles a nota do seguinte modo: 30% da nota mediante
avaliación de actividades prácticas (en clase, entregas de traballos, …), e 70%
restante mediante o exame final. Os alumnos que obteñan unha cualificación
numérica inferior a 5 (sobre 10) no exame final, suspenderán a materia sen que
se lles poida ter en conta a nota das prácticas. ALUMNADO
CON DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIA A CLASE. Os estudantes con dedicación
ou dispensa a tempo parcial, é dicir, que solicitaran e lles fose concedida
polo Decano da Facultade de Dereito a exención de asistencia ás aulas
presenciais (pódese consultar a normativa que regula o réxime de estudos a
tempo parcial), poderán ser avaliados mediante unha proba obxectiva que
representará o 100% da nota final da materia, sen necesidade de que entreguen
as prácticas ou actividades interactivas. Non obstante, se o alumno desexa
optar polo sistema de avaliación continua, deberá facelo constar por escrito ao
profesor e obter a súa aprobación tamén por escrito. SEGUNDA OPORTUNIDADE. A modalidade de exame será a mesma nas dúas oportunidades.
Como regra xeral, non se permite a recuperación das actividades prácticas na
segunda oportunidade.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
SHAHID, M. & SAID, L. (2021). Cases and Materials: European Union Law . The Hague/Chicago: Eleven International Publishing
FOSTER, N. (2020). EU law (7th ed.) . Oxford: Oxford University Press
MANGAS MARTÍN, A. y LIÑÁN NOGUERAS, D.J. (2020). Instituciones y Derecho de la Unión Europea. Madrid: Tecnos
RUIPÉREZ, J. (2018). La “ciudadanía europea” y sus implicaciones para el derecho constitucional. Ciudad de México: Universidad Nacional Autónoma de México
DIEZ DE VELASCO, M. (coordinado por J.M. SOBRINO) (2010). Las Organizaciones internacionales. Madrid:Tecnos
ORTEGA GÓMEZ, M. (2016). Las políticas de la Unión Europea en el siglo XXI. Barcelona: Bosch
ABELLÁN HONRUBIA, V.; VILÁ COSTA, B. y OLESTI RAYO, A. (2011). Lecciones de Derecho comunitario europeo. Barcelona: Ariel
SOBRINO HEREDIA, J.M. (2016). Textos para el estudio del Derecho Internacional Público, Derecho de la Unión Europea y Derecho Internacional de los Espacios. Valencia: Tirant lo Blanch
SOBRINO HEREDIA, J.M. (2016). Textos para el estudio del Derecho Internacional Público, Derecho de la Unión Europea y Derecho Internacional de los Espacios. Valencia: Tirant lo Blanch
DAVIES, K. (2019). Understanding European Union law. London: Routledge |
BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA PARA A PARTE DO PROGRAMA IMPARTIDA POLO AREA DE DEREITO CONSTITUCIONAL
- RUIPEREZ
ALAMILLO, J.: La "Constitución Europea" y la teoría del Poder
Constituyente, Ed. Biblioteca Nueva, Madrid, 2000.
- CARMONA
CONTRERAS, A. (Ed.), La Unión Europea en perspectiva constitucional, Aranzadi,
Navarra, 2008.
- GOIZUETA
VÉRTIZ, J. y CIENFUEGOS, M. (Dirs.), La eficacia de los derechos fundamentales
de la UE, Thomson Reuters Aranzadi, Navarra, 2014.
- JIMENA
QUESADA, L., Fundamentos constitucionales de la Unión Europea, Biblioteca
Nueva, Madrid, 2006.
- JIMENA
QUESADA, L., Jurisdicción nacional y control de convencionalidad. A propósito
del diálogo judicial global y de la tutela multinivel de derechos, Aranzadi,
Navarra, 2013.
- JIMENA
QUESADA, L., Sistema europeo de derechos fundamentales, Colex, Madrid, 2006.
- PÉREZ
TREMPS, P. (Dr.), Constitución europea y Constituciones nacionales, Tirant lo
Blanch, Valencia, 2005.
- RODRÍGUEZ,
A., Integración europea y derechos fundamentales, Civitas, Madrid, 2001.
- UGARTEMENDÍA,
J.I., Derecho Constitucional Europeo, Tirant lo Blanch, Valencia, 2011.
-
UGARTEMENDÍA, J.I., GARCÍA VÁZQUEZ, S., GOIZUETA
VÉRTIZ, J. (Dirs.), La Carta de los Derechos Fundamentales de la Unión Europea,
Thomson.
|
Bibliografía complementaria
|
MANGAS, A. (Dir.); GONZÁLEZ, L.N. (Coord.); LÓPEZ ESCUDERO, M.; MARTIN PÉREZ DE NANCLARES, J. y SOBR (2008). Carta de los Derechos Fundamentales de la Unión Europea. Comentario artículo por artículo. Madrid: Fundación BBVA
ALCAIDE FERNÁNDEZ, J. y CASADO RAIGÓN, R. (2020). Curso de Derecho de la Unión Europea, 3ª ed.. Madrid: Tecnos
SÁNCHEZ RAMOS, B. (Ed.) (2012). La Unión Europea como actor global. Valencia: Tirant lo Blanch
GUTIERREZ ESPADA, C. e.a (2019). La Unión Europea y su Derecho. Madrid: Trotta
ALDECOA LUZARRAGA, F.; SOBRINO HEREDIA, J.M. e.a. (2008). Los Tratados de Roma en su cincuenta aniversario. Perspectivas desde la Asociación Española de Profesores de Derecho internacional y Relaciones internacionales. Madrid: M. Pons |
PAXINAS WEB - Páxina oficial da Unión Europea: http://europa.eu/
- Tribunal de Xustiza da Unión Europea: https://curia.europa.eu/jcms/jcms/j_6/es/
- EUROPOL: http://europol.europa.eu/
- EUROJUST: http://eurojust.eu/
- Rede xudicial europea en materia civil e mercantil: https://www.ejn-crimjust.europa.eu/ejn/Ejn_Home/ES/
- Atlas xudicial europeo: http://ec.europa.eu/justice_home/judicialatlascivil/html/index_es.htm
- Rede xudicial europea en materia penal: http://www.ejn-crimjust.europa.eu/ejn/
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Dereito Internacional Público/612G01019 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Traballo fin de Grao/612G01031 | Dereito internacional dos espazos/612G01047 |
|
|