Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A13 |
Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina. |
A16 |
Coñecer a crítica textual e a edición de textos. |
A23 |
Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual |
A1 A2
|
|
|
Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina |
A13
|
|
|
Coñecer a crítica textual e a edición de textos, aplicados ao campo da literatura latina |
A16
|
|
|
Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía no campo da filoloxía clásica |
A23
|
|
|
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información no campo da filoloxía clásica |
A11
|
B1
|
|
Adquirir capacidade de autoinformación no campo da filoloxía clásica |
|
B3
|
|
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas, especialmente a historia das literaturas inglesa, española e galega |
|
B5
|
|
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva |
|
B6
|
|
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar críticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico |
|
B7
|
|
Apreciar a diversidade cultural mediante a confrontación do legado da Antigüidade cos trazos da modernidade e contemporaneidade |
|
B8
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Conceptos xerais |
1.1. O sistema literario na Antigüidade: Literatura/Textos/letras
1.2. Cuestións de denominación e delimitación: 'literatura romana'/'literatura latina'
1.3. Imitación e emulación |
2.- O teatro en Roma.
|
2.1. Xéneros e subxéneros do teatro literario
2.2. Estudo particular dos prólogos da comedia latina
2.3. Plauto e Terencio |
3.- A epistolografía |
3.1. A estrutura formal da carta na Antigüidade
3.2. Cicerón
3.2. A carta-tratado |
4.- Textos científicos e técnicos |
4.1. Medicina e agricultura
4.2. Arquitectura
4.3. Textos de maxia
|
5. Bucólica e epigrama |
6.1. As Bucólicas de Virxilio
6.2 O epigrama: Marcial |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A2 A16 B1 B7 |
14.5 |
18.5 |
33 |
Proba obxectiva |
A1 A13 |
2 |
0 |
2 |
Traballos tutelados |
A11 A13 B3 B5 B6 |
0 |
25.5 |
25.5 |
Lecturas |
A2 B8 |
0 |
35 |
35 |
Sesión maxistral |
A1 A13 A16 A23 |
15 |
0 |
15 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico. Utilizaránse con preferencia textos acompañados de traducción, excepto naqueles casos en que unha explicación pormenorizada requira referirse á obra na súa lingua orixinal. Neses casos a explicación, sempre dunha pasaxe de extensión limitada, farase sobre o texto orixinal. |
Proba obxectiva |
Proba escrita individual, que se efectuará a final de curso a propósito dos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade crítica, a capacidade de extraer información a partir dos textos dos autores, a de relacionar uns autores con outros e a claridade dos conceptos. |
Traballos tutelados |
O estudante elaborará polo menos un traballo individual coa orientación e a asistencia do profesor. Terase en conta o rigor da análise e a capacidade de síntese, a orixinalidade do enfoque, así como a corrección da expresión escrita e a eficacia da exposición oral. A presentación deste traballo ten carácter obrigatorio para poder superar a materia. |
Lecturas |
O estudante fará as lecturas obrigatorias que se lle propoñan e dará conta dos resultados a través de comentarios orais nas sesións prácticas, no propio traballo tutelado ou na resolución da proba obxectiva. |
Sesión maxistral |
Sesións expositivas de carácter oral por parte do profesor sobre os contidos do temario. O profesor completará estas exposicións con guións, resumos e indicacións bibliográficas entregados na clase e/ou enviados a través da plataforma Moddle |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O estudante asistirá a titorías individuais concertadas a fin de que o profesor supervise a planificación e desenvolvemento do traballo tutelado |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
A2 A16 B1 B7 |
Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase tanto a asistencia a estas sesións como a participación activa de cada estudante no desenvolvemento das mesmas. Poderá pedirse a ulterior presentación por escrito dalgúns destes exercicios en forma de breve comentario dun texto, resolución dun test etc. |
20 |
Proba obxectiva |
A1 A13 |
Proba escrita individual, que se efectuará a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos tanto nas sesións expositivas como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade crítica, a capacidade de extraer información a partir dos textos dos autores, a de relacionar uns autores con outros e a claridade dos conceptos. A expresión ha de ser correcta e a redacción clara. Os textos propostos para a proba, na lingua orixinal ou en traducción, según a cuestión a tratar, serán de similar dificultade aos que teñan sido comentados e estudados na aula. A proba terá unha duración de dúas horas. Ningún alumno poderá abandonar a aula ata que a totalidade dos seus compañeiros rematen a proba e entreguen o exame. Requirirase unha cualificación mínima de 4 sobre 10 para dar por superada esta proba |
40 |
Traballos tutelados |
A11 A13 B3 B5 B6 |
Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita e a eficacia da presentación oral. A presentación deste traballo terá carácter obrigatorio para superar a materia |
40 |
|
Observacións avaliación |
En caso de que as actividades presentadas por escrito non cumpran unhas esixencias mínimas de corrección lingüística, serán devoltas sen cualificar ao estudante para que as revise e as entregue de novo. Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xuño poderán repetir en xullo as probas e/ou os traballos non superados ou aqueles que non presentasen. O estudante será cualificado con Non Presentado só no caso de que non realice a proba obxectiva prevista. O estudante que se matricule na modalidade de tempo parcial ou dispensa académica será eximido da asistencia ás sesións prácticas de análise de fontes documentais. O 20% que se contempla por este concepto no cálculo da cualificación global será compensado na proba obxectiva, que pasará a contar un 50% e na avaliación de traballo e actividades, que pasará a contar un 50%.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|