Na aula, na primeira sesión do curso, especificaranse os pormenores para a realización do traballo tutelado. A presentación oral do traballo —duración, ferramentas empregadas, obxectivos— realizarase na sesión correspondente. Os plaxios detectados con calquera aplicación informática da UDC ou polo mesmo profesor, conlevarán unha cualificación de 0,00 inapelable.
A proba da primeira oportunidade consistirá na entrega deste traballo tutelado, adecuadamente deseñado e impreso. Se o traballo non se entrega, o alumno será cualificado cun NON PRESENTADO.
Na segunda oportunidade, a proba consistirá na entrega dese traballo tutelado.
O estudante que se presente á convocatoria adiantada (en decembro), deberá axustarse ás normas que rexen para a 2º oportunidade (a de xullo).
Ao principio de curso entregarase aos estudantes un barreno pormenorizado de que será tido en conta na avaliación do traballo: coherencia, corrección, estrutura, ortografía, etc.
Os alumnos con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co docente ao comezo do curso —non máis tarde— para a organización da súa docencia. Programaranse titorías presenciais e non presenciais para cursar satisfactoriamente a materia.
Plaxio
Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sin indicar a procedencia, copiar traballos, copiar nos exames, ou outras formas) penalizarase coa aplicación do establecido na normativa académica. Compre sinalar que a Xunta de Facultade aprobou o uso da aplicación "Turnitin" por parte do profesorado. Esta ferramenta permite detectar textos ou porcións procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. Pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades.
Atención á diversidade
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía: pat.filoloxia[at]udc.gal.