Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender os puntos esenciais dun discurso oral (tamén de programas de radio e de televisión, podcasts...) cando se utiliza unha lingua lenta, clara e estándar e cando se tratan asuntos cotiás, de actualidade ou de carácter xeral, ou temas de interese persoal. |
A8 A15
|
B4 B8
|
C2
|
Facerse entender e intercambiar ideas e información sobre temas habituais en situacións predicibles da vida diaria. |
A8 A10 A15
|
B4 B5 B7 B8
|
C2
|
Participar e interactuar con relativa facilidade en situacións orais estruturadas sobre asuntos cotiás, de actualidade ou de carácter xeral, ou sobre temas de interese persoal ou académico. |
A8 A10 A15
|
B4 B5 B7 B8
|
C2
|
Expresar/describir de maneira sinxela mais cohesionada actividades, experiencias, sentimentos, desexos, opinións, proxectos… e dar razóns e explicacións sobre eles. |
A8 A10 A15
|
B4 B5 B7 B8
|
C2
|
Buscar información específica e comprender textos sinxelos redactados en lingua estándar. |
A8 A15
|
B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8
|
C2
|
Referir unha historia, o argumento dunha película ou dun libro… e expresar ao respecto reaccións persoais. |
A8 A10 A15
|
B4 B5 B7 B8
|
C2
|
Escribir textos sinxelos e coherentes (breves ensaios, presentacións, cartas, correos electrónicos…) sobre temas de interese persoal ou académico, describindo experiencias e opinións. |
A8 A10 A15
|
B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8
|
C2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
A. Gramática
|
1. O verbo. Os tempos simples e compostos (indicativo, condicional, imperativo). A conxugación pronominal. A negación das formas verbais. Uso dos auxiliares e casos xerais de concordancia do participio co suxeito e co complemento directo.
2. A interrogación e a negación.
3. Comparativos e superlativos.
4. Os pronomes persoais: o pronome "on"; os pronomes tónicos; os pronomes complemento directo e indirecto; os pronomes "en", "y". Colocación e orde.
5. Os pronomes relativos "qui", "que", "où", "lequel", "dont".
6. Os adxectivos e os pronomes demostrativos. Uso dos pronomes coa preposición “de” e cos pronomes relativos.
7. A expresión da condición e da hipótese con "si".
8. O subxuntivo.
9. As subordinadas completivas. Tempos e modos verbais.
|
B. Obxectivos comunicativos |
1. Describir persoas, obxectos, lugares.
2. Expresar, comparar e opor cualidades, cantidades e feitos.
3. Narrar experiencias.
4. As relacións sociais: convencións e comportamentos en contextos formais e informais.
5. Expresar opinións e sentimentos.
6. Expresar gustos e preferencias (e contrarios). Aprobar e rexeitar.
7. Facer propostas e suxestións. Reaccionar ante suxestións.
8. Facer proxectos e hipóteses.
|
C. Léxico |
1. A vivenda, o fogar, o contorno.
2. Viaxes e transportes públicos e privados.
3. A natureza e o medio ambiente.
4. A moda.
5. Alimentación e gastronomía.
6. Os obxectos: formas, materias, texturas, cores.
7. O corpo, a saúde e os coidados físicos.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A8 A10 A15 B1 B4 B5 B6 B8 C2 |
1 |
0 |
1 |
Solución de problemas |
A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 |
16 |
25 |
41 |
Discusión dirixida |
A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 |
15 |
25 |
40 |
Lecturas |
A8 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C2 |
0 |
10 |
10 |
Proba obxectiva |
A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 |
0 |
10 |
10 |
Proba oral |
A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 |
0 |
6 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
4.5 |
0 |
4.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Primeira toma de contacto coa materia, na que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado e sobre as súas competencias de partida, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado. |
Solución de problemas |
Nesta materia chámase solución de problemas as aulas e actividades relacionadas coa gramática, o léxico e coa práctica da comprensión lectora e da expresión escrita.
A realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade non presencial (exercicios de gramática, redaccións, resumos, traducións...).
No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes.
|
Discusión dirixida |
Nesta materia chámase discusión dirixida as aulas e actividades relacionadas coa práctica das destrezas orais (expresión oral, comprensión oral e interacción oral). Os contidos gramaticais e o léxico intégranse asimesmo nesta metodoloxía.
A realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade non presencial.
No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes. |
Lecturas |
Ademáis da lectura de textos (literarios, de revistas, de xornais...) nesta materia entendemos por lectura todo o material que o alumnado deberá ler/consultar fóra da aula para a adquisición e asimilación dos contidos e para a realización das actividades da materia. |
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Permitirá avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc. Esta proba obxectiva combinará distintas tipoloxías de preguntas.
No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes. |
Proba oral |
Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado (expresión, comprensión e interacción oral), mediante unha conversa ou entrevista coa profesora, individualmente ou en parellas con outras-os estudantes. Durante a proba poderanse utilizar textos ou material audiovisual de apoio para suxerir distintas situacións comunicativas.
No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba obxectiva |
Lecturas |
Proba oral |
Solución de problemas |
Discusión dirixida |
|
Descrición |
A atención personalizada será unha constante nesta materia, na que prima a aplicación dos coñecementos adquiridos. A profesora fará un seguimento particular de cada estudante, moi especialmente do alumnado con matrícula a tempo parcial con dispensa académica, e prestará especial atención á súa adicación, ao seu interese por aprender e ao seu compromiso coa materia e co grupo.
A profesora atenderá puntualmente e de forma individualizada ao alumnado cando a actividade encomendada ou o seu desempeño así o aconsellen.
O alumnado pode acudir en horario de tutorías e aulas á profesora para tratar todas as cuestións relacionadas coa materia que estime pertinentes. Pódese tamen solicitar a realización de tutorías virtuais, individuais ou grupais, a través de Teams.
Os horarios de tutorías da profesora da materia pódense consultar na páxina web da facultade.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 |
Proba escrita que todo o alumnado deberá realizar nas datas oficiais fixadas pola facultade para a primeira e a segunda oportunidade de avaliación da materia.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas. |
45 |
Proba oral |
A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 |
O alumnado deberá realizar unha proba oral ao final do cuadrimestre para amosar as súas competencis comunicativas en lingua francesa.
Ver en "Observacións avaliación" precisións máis detalladas.
|
15 |
Solución de problemas |
A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 |
Actividades de avaliación continua (contidos gramaticais, léxico, expresión escrita, comprensión lectora) realizadas durante o cuadrimestre.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas. |
25 |
Discusión dirixida |
A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 |
Actividades de avaliación continua (expresión, comprensión e interacción oral) realizadas durante o cuadrimestre.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas. |
15 |
|
Observacións avaliación |
A materia
poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas
encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva,
de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán
contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).
O alumnado ten dúas oportunidades para superar a materia: a primeira ao remate do primeiro cuadrimestre e a segunda no mes de xullo.
1. Avaliación da primeira oportunidade:
1.1. Para superar a materia na primeira oportunidade é obrigatorio realizar e aprobar (5) a proba final escrita na que se avaliarán os contidos gramaticais, o léxico, a comprensión lectora, a expresión escrita e a comprensión auditiva.
A data, horario e ubicación da proba escrita deben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade.
1.2. Será ademáis obrigatorio realizar e aprobar (5) unha proba oral final na que se avaliarán a expresión, a comprensión e a interacción oral. A profesora comunicará en Moodle coa suficiente antelación a data, hora, lugar, quendas e outras indicacións relativas á realización da proba oral. 1.3. É obrigatorio realizar ao longo do cuadrimestre un conxunto de exercicios ou tarefas de práctica de todas as destrezas e contidos da materia, organizados en dous bloques: Bloque A ["Solución de problemas"]: actividades de práctica dos contidos gramaticais, do léxico, da expresión escrita e da comprensión lectora.
Bloque B ["Discusión dirixida"]: actividades de práctica da produción, comprensión e interacción oral (nestas actividades valóranse asimesmo a norma gramatical e o léxico).
Ademáis das actividades presenciais que se realicen durante as aulas, normalmente por cada sesión presencial o alumnado deberá realizar unha tarefa non presencial. Agás causa debidamente xustificada e sempre coa autorización previa e expresa da profesora, non se admitirán as actividades entregadas fóra do prazo determinado para cada unha delas. Para que estas actividades poidan ser tidas en conta na cualificación final é preciso ter realizado e aprobado, antes dos exames escrito e oral da primeira oportunidade, o 80% das actividades programadas en cada bloque e obter unha nota media mínima de 5 sobre 10 en cada bloque. 1.4. Tendo en conta o anteriormente exposto, a cualificación final do alumnado responderá ao seguinte reparto porcentual:
a. Un 45% valorará o exame escrito, coas seguintes porcentaxes: Contidos gramaticais, léxico, expresión escrita, comprensión lectora: 35%
Comprensión auditiva: 10%
b. Un 15% valorará a proba oral.
c. Un 40% valorará as actividades de avaliación continua organizadas en dous bloques (que deben cumprir os requisitos do apartado 1.3), coas seguintes porcentaxes: Bloque A: actividades de gramática, léxico, expresión escrita e comprensión lectora: 25%
Bloque B: actividades de produción, comprensión e interacción oral (nestas actividades valóranse asimesmo a norma gramatical e o léxico): 15%
A materia considérase aprobada se a suma dos apartados a, b, c é igual ou superior a 5 sobre 10. Os contidos e destrezas dos apartados a, b, c son recuperables, coas mesmas porcentaxes, na segunda oportunidade de avaliación. Os apartados aprobados na primeira oportunidade consérvanse para a segunda. Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular das probas escritas e orais e das actividades, ver apartado 6.
2. Avaliación da segunda oportunidade:
2.1. De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima na proba escrita e/ou na proba oral, o alumnado deberá facela(s) de novo na segunda oportunidade. A data, horario e ubicación da proba escrita deben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade. A data, lugar, hora e outras indicacións para a realización do exame oral da segunda oportunidade comunicaranse en Moodle coa suficiente antelación.
2.2. De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima nas actividades dos bloques A e/ou B, o alumnado deberá realizar para a segunda oportunidade unha serie de tarefas sustitutivas. A profesora fará públicas en Moodle coa suficiente antelación as instrucións correspondentes (actividades asignadas, datas de solicitude e entrega...).
Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular das probas escritas e orais e das actividades, ver apartado 6.
3. Na convocatoria extraordinaria de decembro o alumnado será avaliado dos seus coñecementos e competencias nas distintas destrezas da materia mediante unha proba escrita (nota mínima 5 sobre 10; 70% da nota final) e unha proba oral (nota mínima 5 sobre 10; 30% da nota final). Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular da proba escrita ou oral, ver apartado 6.
4. En cada oportunidade de avaliación o alumnado recibirá a cualificación NP de se dar simultaneamente estas dúas situacións: non terse presentado a ningunha das probas de avaliación (escrita e oral) e se o número de actividades presentadas for igual ou inferior ao 25% das programadas.
5. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial con dispensa académica,
previa comunicación e acreditación documental de dita situación á
profesora, pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as
actividades de avaliación continua
programadas para a primeira oportunidade, segundo o disposto no
apartado 1.3. As actividades
presenciais serán sustituídas por outras non presenciais equivalentes.
Seranlle de aplicación as demáis metodoloxías avaliables (proba escrita e
oral) cos mesmos requisitos e características que para o resto do
alumnado.
Para a avaliación da segunda oportunidade, aplicaráselle o disposto no apartado 2.
6. Os traballos académicos (entendendo por tal todo o material que o
alumnado presente para ser obxecto de avaliación) deberán ser de elaboración individual (agás
indicación expresa da profesora) e persoal. A realización fraudulenta ou irregular das probas e/ou de calquera das actividades de avaliación continua implicará automaticamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidándose as cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías avaliables.
7. Nos casos non contemplados anteriormente aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
BADY, J.; GREAVES, I.; PETETIN, A. (1997). Conjugaison. 350 exercices. 1 000 verbes à conjuguer. Paris: Hachette F.L.E.
FERNÁNDEZ BALLÓN, M.; MONNERIE-GOARIN, A. (1987). Gramática esencial del francés. Paris-Madrid: Hachette-SGEL.
DELATOUR, Y. (1991). Grammaire du français. Paris: Hachette F.L.E.
GRÉGOIRE, M.; THIÉVENAZ, O. (2002). Grammaire progressive du français avec 500 exercices. Niveau intermédiaire. Paris: CLE International.
BADY, J.; GREAVES, I.; PETETIN, A. (1996). Grammaire. 350 exercices. Niveau débutant. Paris: Hachette F.L.E.
(1999). Gran diccionario español-francés/français-espagnol. Paris: Larousse.
(1997). La Conjugaison pour tous. Dictionnaire de 12 000 verbes. Paris: Hatier.
GAILLARD, B. (1995). Le Français de A à Z. Paris: Hatier.
(1995). Le Nouveau Petit Robert. Dictionnaire de la langue française. Paris: Dictionnaires Le Robert. |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Ao longo do curso ofreceranse referencias bibliográficas e outros recursos específicos para cada tema. Facilitarase ao alumnado, a través de Moodle, diverso material complementario. Na biblioteca do centro pódese atopar todo tipo de material impreso e audiovisual relacionado coa lingua francesa en consoancia co nivel e os intereses do alumnado. É recomendable que se solicite orientación e consello á profesora da materia. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Idioma Moderno: Francés/613G03016 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Idioma Moderno 3: Francés/613G03033 | Idioma Moderno 4: Francés/613G03049 |
|
Observacións |
Recoméndaselle ao alumnado que lea atentamente esta guía docente: nos seus diferentes apartados atopará resposta a moitas preguntas que lle xurdan sobre a concepción, organización e obxectivos do curso. Non dubide en acudir á profesora para aclarar calquera cuestión ao respecto.
Debe prestar especial atención aos seguintes aspectos:
• Realice puntualmente as actividades encomendadas. Os retrasos acumulados prexudican a evolución da súa aprendizaxe e o desenvolvemento progresivo de competencias, e fan que o seu aproveitamento sexa progresivamente menor; ademais, lembre que, agás causa xustificada, e sempre co acordo expreso da profesora, non se permite a entrega de actividades fóra do prazo establecido.
• Procure observarse e autoavaliarse, tomando conciencia das súas carencias e dos seus avances.
• As súas exposicións ou intervencións escritas e orais deben ser adecuadas ao nivel de estudos no que se atopa e á actividade que está a desenvolver.
|
|