Os estudantes serán avaliados ao longo do curso cun máximo de 4 actividades asícomo co exame final.
Para aprobar,os estudantes deben ter unha cualificación de alomenos 4 (de 10) no examefinal. Tamén deben ter realizado e aprobado (cun 5) alomenos a metade dasactividades necesarias.
Aplicaraseunha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causaxustificada.
A falta de honradez académica penalizarase consonte ao establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualidicacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (art. 14).
Os traballos con evidencia de plaxio (serán calificados automáticamente cun 0. Para este fin poderá usarse a aplicación Turnitin , que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante.
Tamén se baixará a nota no caso de non ter un uso da lingua inglesa adecuado ao nivel de 4º de grao segundo a memoria de verificación do Título (C1).
Osalumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de xaneiro ou xullo acadarán a cualificación de NP, se nonentregaron máis do 50% de actividades durante o curso.
Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
AVALIACIÓNXULLO:
Osestudantes que non superen a materia en xaneiro terán outra oportunidade en xullo na que se terá en conta o exame final (50%) así como unha actividade (50%). Osestudantes que teñan superado as actividades de avaliación continua previamente non terán que facela.
Aquelesalumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial e teñan concedida unha dispensa académica como establece a Normativa de Permanencia desta Universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.Os estudantes a tempo parcial que teñan concedida unha "dispensa académica" deben contactar cola profesora ao comezo do cuatrimestre para facer os axustes precisos nas distintas actividades.
DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/noCentro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).