1. En todas as actividades escritas (traballos, exercicios, comentarios...), será valorado o uso correcto e apropiado da lingua española, especialmente para fins académicos.
2. Non se admitirá ningún traballo nen tarefa entregada fora de prazo.
3. Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotros autores sen indicar a procedencia, copia en exercicios ou traballos, ou outras variabeis destas características) será penalizada coa anulación total da actividade de que se trate e a penalización correspondente en virtude da normativa vixente.
4. Obterá a calificación de NP (non presentado) o alumnado que non entregue o traballo tutelado, aínda que teña realizado as restantes actividades. Será preciso obter un mínimo de 4 puntos (sobre 10) en cada unha das metodoloxías de avaliación para poder superar a materia.
5. O alumnado que teña que superar a materia en segunda oportunidade recuperará tan só as actividades que tivese suspensas. Nese caso, o profesorado facilitará as indicacións oportunas a propósito das características do trabajo ou entrega de exercicios por medio da plataforma Moodle, indicando as datas e procedimentos de entrega, para que o alumnado poida organizar con tempo suficiente as tarefas para a segunda oportunidade.
6. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).
7. O nivel mínimo de competencia lingüística recomendado para cursar esta materia, no caso do estudantado Erasmus e de convenios internacionais, é un B1 de acordo co Marco Europeo para o Ensino e Aprendizaxe de Linguas.
Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia
Os procedimentos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos que para o alumnado restante. O profesorado porá a disposición deste estudantado tanto as instrucións para a realización como os procedimentos de entrega a través da plataforma Moodle.
As titorías concertaranse por correo electrónico e terán lugar en horario apropiado tanto para o estudantado como para o profesorado.
Oportunidade extraordinaria de decembro
O estudantado en disposición de optar a examinarse da materia na convocatoria extraordinaria en decembro será avaliado a través da realización dun exame que suporá o 100% da calificación.