PRIMEIRA OPORTUNIDADE
As prácticas consistirán en exemplos de aplicación da teoría vista nas sesións maxistrais. A súa valoración farase de xeito continuado, ó remate dos prazos indicados.
A proba obxetiva dividirase nunha parte orientada a valorar o nivel de asimilación dos resultados das prácticas e noutra a valorar o nivel de coñecementos xerais adquiridos na materia.
Alumnos matriculados a tempo parcial: non se esixirá a asistencia ás prácticas e faranse flexibles as datas de entrega das mesmas.
SEGUNDA OPORTUNIDADE E CONVOCATORIAS EXTRAORDINARIAS
Os alumnos terán a opción de conservar as notas de prácticas e/ou traballos tutelados obtidas durante o curso académico e terán que realizar unha proba mixta, establecéndose a nota nas mesmas porcentaxes aplicadas na primeira oportunidade. O resto do alumnado (incluido o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia) terá que realizar unha proba mixta (60% da nota) e entregar un traballo tutelado (40% da nota).
OUTROS COMENTARIOS
Non se conservará ningunha das notas obtidas para os cursos académicos posteriores.
No caso de detección de plaxio durante algunha das entregas, cualificarse ao alumno/a cun suspenso (0) e comunicarase a situación á dirección do máster e ás autoridades universitarias correspondentes de cara a tomar as medidas oportunas.